lunes, 30 de diciembre de 2024

FELIZ NADAL E ANINOVO...!!


  Amigo Xocas, vaia careto sacaches. Saes dunha noite de tronada.?

  Cómo queres que me atope entre o frío do inverno e que non me caiu nin unha triste pedrea...? Parece que polas Brañas, merliño, un ano máis pasou a sorte voando.

  E ti fuches seminarista, Xaquín...?  Adicástelle pouco tempo á lectura das sagradas escrituras, non me estraña que tiveras problemas cos curas...

  Di a Biblia que moitos son os chamados e poucos os elexidos, se enrriba es un roxo que vai pola vida despotricando, como vai tratarche ben a fortuna...? 

  Tócanlle sempre a outr@s esas cousiñas, así está escrito nas táboas da lei do cálculo das probabilidades...

   Puido caerche unha pedrada no lugar dunha pedrea, podes dar grazas e rirte, din por aí que estás excomulgado...

  Pero vou facerche unha pregunta antes de que vaias a rumiar a túa desgraza. Cántos décimos compraches, Xocas.?

  Amigo merlo, non sabía que tiña que mercalos, pensei que era dabondo ollar unha estrela fugaz e desexalo...

  Acaso xa non están de moda os oráculos...? Os políticos din que funciona.

  Así vamos, era o que me faltaba por escoitar hoxe. Xocas, o paso dos anos voltouche pillo de máis, ou lelo de todo...

  E dis que onte pasou de longo a lotaría coma sempre, anda que os vin bobos, pero pensar que mirando as estrelas ía tocarche é para nota...

  Non te agoches nin te poñas colorado, rasca o peto para o sorteo de Reis e pode que a sorte teña piedade dun parvo.

  Cómo espertaches larpeiro. Semellas ter o martelo da língua disposto a baterme no coiro en vez de deixalo no banco, recorda que é luns de zapateiros. 

  Xa te esqueceches que onte, o día da lotaría, foi o meu día de folganza...? Os anos, Xaquín, non perdoan.

   Sí que se levantou jodedor o merliño, veremos se non acabo botando a man ao peto de atrás e collo o tirapedras.

  Pero antes de axustáremos contas no chamado día da saúde, queremos felicitarvos as festas a cánt@s tedes a ben perder un anaco de tempo en ler as nosas tolas conversas, elexid@s, ou non, pola variña da sorte dos bombos...

  FELIZ NADAL E ANINOVO...!!


O Paraíso existe 



                                                                   Xaquin Miguéns Ces

LOCURA


  Cando debería estar tratando de tallar un poema que o enchera de ledicia, co fermoso abrente do Val  baixo o branco manto do "arreeiro" que parece protexelo do frío, quedoulle a Alma sen verbas, e o cicel despuntado, a este sorprendido e apesarado picapedreiro...

  "Se á túa xanela chega unha pomba..."

  Hai días que amencen tristes, desprenden bágoas os ollos, dixo adeus unha linda pomba...

  O merlo bautizouna cómo LOCURA, non podía ser doutro xeito logo de chegar chorando, envolta nas alas do vento nunha fría noite de inverno, a petar na fiestra dun descoñecido...

  Dixo que necesitaba rodearse dunhas pingas de tolemia, i escoitáralle cantar a unha xílgara que nós tiñamos de sobra...

  Tratámola con agarimo, cómo di a canción has facer, e agora, xa recuperada e con novos folgos, antes que sexa demasiado tarde quere seguir seu camiño. Quen somos para impedirllo.?

  "Quédame unha longa viaxe por diante, a vida non espera por ninguén, levareivos sempre na Alma por tanto que recibín."

  Foron as últimas verbas que dela escoitamos antes de emprendelo voo, ao tempo que por unha meixela pareceume ver esbalar unha bágoa, non sei se de agradecemento ou tristura...

  Xa o sol iluminaba as Brañas cando no cumio do vello graneiro, o merliño, co que fixera boas migallas, comezou a cantar desconsolado :

  "Feliz sexas, pomba Amiga, quizais esa vida da que falas teña a ben atoparnos de novo,  alende os mares, un día."

  Así foi, Amig@s, a despedida...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                   Xaquin Miguéns Ces


QUIERO SABER

     


Quiero saber,

Por qué aún me pierdo en el horizonte,

con el sonido de voz insistente,

y me olvido del dolor cuando me duele.


Quiero saber,

el por qué de tanta hipocresía,

envuelta en tierna y bella melodía,

cuando a tu alrededor muere mi vida.


Quiero saber,

dónde habitan tus promesas,

esas, que tanto presumías,

pero conmigo nunca compartías.


Quiero saber,

a dónde va la luna,

cuando el sol renace cada día,

y el horizonte se llena de melancolía.


Quiero saber,

por qué se marchitan las rosas,

esas, que eran tan bellas y tan hermosas,

y al atardecer son un tallo sin hojas,


Quiero saber,

qué hacer cuando la risa se vuelve sombra,

por los rincones de tu cuerpo,

y tu alma en soledad devora.


Quiero saber,

cómo volver a ser luz,

cuando se apagan las velas,

y ya no te quedan fuerzas,

para volver a encenderlas.


Quiero saber,

cómo reconocer un adiós,

cuando estás a mi lado,

sin palabras, solo recuerdos del pasado.


Paki Espiño, 2024.


REGALANDO AMOR

    

Aunque no me llames

te seguiré amando

aunque no te vea

sé que estás ahí


y aunque no te tenga

me conformaré con saber de ti

saber que estás bien

y que eres feliz


saberte dichosa

aunque estés bien lejos

y no te recuerdes

de mi corazón


podré perdonarte

también comprenderte

pero nunca en la vida

podré olvidarte


tus dulces caricias

en el espolón

amorosos besos

que me regalabas


tus días de playa

sellando el cariño

silencios nocturnos

sobraban palabras


cuando lo desees

puedes regresar

y curar la herida

que tanto me aflige



No existe consuelo

tampoco remedios

solo tu presencia

sanará mi mente

y... mi corazón.


 Miguel Alberto,2024.


LIBERARSE


  Merliño, pódennos as emocións...

  Cómo dos canos dunha fonte que botan auga a cachón, tamén dos ollos da Alma brotan ás veces as bágoas con tal forza que semellan afogarnos...

  A noiteboa foi un deses intres, esbalábanlle polas meixelas e non era quen de enxugalas...

  Sentíase espida ollando revoar non sei cántas cadeiras, todas elas xa baleiras...

  Amigo merlo, botaba tanto de menos algunhas persoas que non atopaba acougo. 

  Recordas, Xaquín, o que che dicía a avoa Luisa cando pillabas unha carraxeira.?

  Merliño, cómo non ei recordar aquelo de chora meu meniño, chora, que lávala cara e aforras unha viaxe á fonte por auga.

  Que lonxe estabas de saber que as bágoas tamén lavan a cara da Alma, Amigo Xocas...

  Chorar en ocasións é necesario, pois

igual que a auga que cae das nubes para que o Ulla convirta as ribeiras nun oasis de verdor e vida, as bágoas son a chuvia que limpa os ollos, purifica a Alma e libéranos de cánto nos atragoa...

  Chora Xocas sen medo e sen vergoña e, cando coides que xa é dabondo, respira profundo, limpa as meixelas e continúa o camiño, chorar non deixa de ser unha forma de LIBERARSE...

  Cántas veces, Xaquín, no río da vida fai falla deixar caer unha fervenza interminable de bágoas para logo no leito acadar un remanso de paz e felicidade...

  Din que a chuvia vai dar unha semaniña de trégua, quizais tamén fale...

  Aproveita para pór a secar as alas mentres a Alma limpa as meixelas, parece estar dicindo...  

  A Natureza é sabia, Xocas, no esquezas.

  Se difícil, merliño, é escoitala, que dicir de interpretala...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                     Xaquin Miguéns Ces


NECESITO

          


Necesito la amapola,

que duerme en el campo sola,

necesito tu sentir,

necesito de la aurora.


Cuando el tiempo la devora,

y comienza a revivir,

necesito de tus manos,

necesito de tu piel.


Necesito esos halagos,

que a la Reina le negaron,

traicionada por su Rey,

necesito esa ventana.


Que se abre de madrugada,

necesito respirar,

necesito de esa rosa,

que es bonita y es hermosa.


Y...ya no puede oler más,

necesito de la luna,

que en su pecho mi alma acuna,

necesito escapar.


Necesito las estrellas,

esas que en mí dejaron huella,

ya no puedo amarte mas,

y mi corazón se agita.


En esa noche maldita,

y no puedo despertar,

porque en sueños yo te amo,

como se ama la tormenta.


Cuando quieres naufragar,

es mi cuerpo tu velero,

quién de los dos,besa primero,

quién fue el último en besar.


En mi boca temblorosa,

aún guardo esa rosa,

que no quiero deshojar,

por ser cosa bien preciosa.


 Paki Espiño,2024


RÍO CAUDALOSO

 


Río que arrastras las penas

de aquel amor que perdí

llévame con tus aguas

para encontrarlo en tu cauce

y traerlo junto a mí


río caudaloso

no hablas ni escuchas

pero eres testigo

de todas mis llantos

y mis alegrías


testigo en silencio 

del fatal naufragio

de muerte y suicidio

vida y esperanza

 


caudaloso río

llévame contigo

junto al ancho mar

y si allí llegara

poder navegar


recorriendo mares

sin rumbo marcado

arribando a puertos

de cualquier país

seguir navegando...


por el gran océano

en pequeños barcos

en grandes cruceros

mercantes y ferrys

incluso veleros


y si ese amor mío

no apareciera

volvería sin luz

 como si ya nunca 

  en mí amaneciera



 Miguel Alberto,2024.


O MUÍÑO

     O  MUIÑO  (2 parte)

Unha noite de vento e treboada que parecía desfacer o Ceo, caeu un gran ameneiro no medio e medio da ponte, pobre Mingos e o seu can que por aquela ponte do muiño non se podía pasar. Coas polas do ameneiro e o seu tronco bestial, fixeron que o noso Mingos volta para a casa tivera que dar.

Triste e pensativo voltas á cabeza non paraba de darlle, pensando no seu muiño com a él ía chegar. Tantos anos de maquía, tantos contos e historias alí oira contar, e de  súpeto por un maldito ameneiro, todo se ía acabar. Pasou a invernada e pronto o tempo cambiou. Por sorte, uns madeireiros  que por alí estaban a cortar,  ó ver o ameneiro  de bo tronco atrancar a ponte, sen pensalo dúas veces, poñen mans ó tronzador,  coidando sacar proveito , sendo o costo pequeño, e ó mesmo tempo  liberar o camiño. Se non era para madeira, para uns zoqueiros habería de valer e  pagar o custo do traballo .

Foi a alegría máis grande que  lle deron aa Mingos . A ponte era estreita e levaba moitos anos servindo á xente . As pedras da pontella eran gordas, apoiadas nun pedestal. Foi a salvación de Mingos que  poidera resistir.

Voltou de novo a moer co can e o seu farol, e o saco do revés,  e durante o día  tivo o presentimento de que algo especial  ía suceder aquela noite . 

Mesmo ó cruzar a ponte algo o fixo deter, era un susurro moi doce, sen dúbida unha voz  de muller, e cando chegou á porta repousou o saco, petou á porta do muiño que abreu con moito sixilo, Os faroles en alto os dous para distinguir mellor entre as sombras. 

De súpeto, Mingos enmudeceu; 

 ¡Deus Santo do Ceo!, Rosiña, ¿ti que fas aquí? ,

  A rapaza estaba moendo , esta vez, sustituindo ó seu pai pai. 

O que pasou naquel muiño déixolovo imaxinar.

Esta é a historia de Mingos, un galego como moitos mái,s que recorda  con nostalxia dun tempo lexano xa, aquel muiño  tan especial para él.

Hoxe, ruinoso e esquecido para moitos ,  o muíño parece agardar  que algún día alguén  conte as historias que  formaron parte da nosa lenda dun pasado cotiá...


 Tino de Bugallido, 2024


domingo, 15 de diciembre de 2024

LIMIAR ANUARIO BARBANTIA 2024


En decembro pasado cumpríronse vinte anos da reunión fundacional de Barbantia. Este anuario que tedes nas mans é o número 20. Non creo que vos estrañe que cando me puxen a escribir este limiar recordase Veinte años, unha canción que me gusta moito na voz de Silvia Pérez Cruz: Si las cosas que uno quiere / se pudieran alcanzar / tú me quisieras lo mismo / que veinte años atrás. 

     Si. Eu quero o mesmo a Barbantia que vinte anos atrás e creo que todos os socios fundadores senten o mesmo. Pero tamén é certo que nestes vinte anos, aínda que a miña vida cambiou pouco, o mundo cambiou moito. Máis que amor sinto unha enorme vertixe, non con eses profundos cambios (aos que me adaptei con relativa facilidade), senón con todas as implicacións que se derivan deles. Da intelixencia artificial, da biotecnoloxía, da emerxencia climática. As promesas de progreso que me traía a segunda revolución industrial cando nacín, están morrendo, e xa temos novas promesas en nome dunha segunda revolución dixital, sen termos asimilada a primeira pois veunos enriba como un maremoto. 

     É habitual nos profesores de Filosofía coma min buscar o contrapeso a esa homoxeneidade tecnocientifista niso que algúns chaman Letras, xa sexa a filosofía, a literatura ou a arte. Non vou negar que é unha saída necesaria. Pero estes días recordo con frecuencia un pensamento de Simone Weil que teño moi en conta desde que estudaba filosofía da ciencia: se queremos un humanismo que non supoña a alienación do ser humano debemos apoiarnos na historia da ciencia, pois é a única forma de converter a ciencia en algo humano para os alumnos, e non nun dogma que se acaba apoderando da súa vontade e mesmo da súa capacidade de análise e percepción da realidade. 

        Entro o primeiro día en clase e os alumnos recíbenme entusiasmados. Teñen un novo encerado dixital. Mentres me contan as marabillas que nos vai traer, asocio o seu entusiasmo coa idolatría e penso que cando rematen o seu grao non serán nin mellores nin peores alumnos do que fomos hai cincuenta anos os da miña xeración: a boa educación, tal e como eu a entendo, depende no esencial doutro tipo de factores, eses que Natalia Ginzburg chamaba grandes virtudes. E penso o marabilloso que sería que soubesen a historia dese encerado. A moi grande cantidade de erros que se tiveron que cometer. (Si, erros, habería que teimarlles, habituados a oír só o final feliz das investigacións). As múltiples circunstancias políticas, filosóficas, familiares, etcétera, etcétera... que o fixeron posible. (Si, etcétera, etcétera, habería que teimarlles, habituados a ver os científicos só con bata branca nun laboratorio). As técnicas de manipulación conscientemente planificadas que usan para facernos adictos aos produtos das multinacionais que lles pagan. (Si, técnicas de manipulación, habería que teimarlles, habituados a que lles describan a ciencia como un ente neutro). E finalmente, mentres eles me mostran como aquel taumatúrxico encerado converte a súa pésima letra en letra lexible, especulo co marabilloso que sería que a novidade que ese encerado lles trouxese fose unha concepción da educación baseada na nova tecnoloxía, nunca ben asimilada, que inventou Sócrates hai máis de dous mil cincocentos anos: aprender a pasar publicamente da soberbia do Seino todo á humildade do Só sei que non sei nada para, deseguido, construír un coñecemento lento, dialogado e sen prexuízos, guiado por mestres bos e xenerosos (e por iso represaliados tantas veces), que os leven a un coñecemento seguro que poidamos compartir co resto dos nosos conxéneres. 

      Porque a miña desesperanza non vén só dos avances tecnocientíficos impostos sen reflexión pública. Nin dos científicos incapaces de alzar a mirada máis alá das súas probetas. Vén tamén do mundo das Humanidades. George Orwell dicía que os intelectuais son máis propensos ao totalitarismo que a xente ordinaria. Preocupados polo enorme prestixio e o enorme éxito que están a ter as ciencias naturais e formais e as tecnoloxías en aspectos que antes eran patrimonio das Humanidades (música, literatura, fotografía, pintura), mesmo na explicación das profundidades da natureza humana, moitos intelectuais están disfrazando a súa envexa do pene científico con teorías que perden pé (moi significativamente no ámbito educativo) pois carecen do máis mínimo soporte na realidade dos datos, negando incluso que exista unha realidade obxectiva científica cando todos os días falan por teléfono coa absoluta seguridade de que ao outro lado da liña está a persoa á que se dirixen. E así como os científicos que renuncian ás Humanidades, profundando no desencantamento do mundo, só deixan como alternativa a superstición, os reflexos conspiranoicos e os libros de autoaxuda, os intelectuais que renuncian a un soporte científico, creando novas mitoloxías posmodernas, non deixan máis alternativa que os debates bizantinos sobre o prepucio de Xesús sen saber nin sequera que é un prepucio. Uns e outros coinciden inexorablemente, como comprobamos acotío nesas novas tecnoloxías que son as redes sociais, nesa ancestral tecnoloxía que percorre de novo o mundo: o populismo baseado nos máis baixos instintos. 

     Mentres escribo este limiar estrean en TVE un documental titulado Colón ADN. Su verdadero origen. Un catedrático de Medicina legal e un historiador chegan á conclusión de que Colón era un xudeu sefardí. Calquera persoa ben educada sabe que este tipo de estudos debe publicarse nunha revista científica sólida para que o analicen outros científicos, e sempre deben ir acompañados das probas pertinentes. Non é o caso. A pesar de que empregaron novas tecnoloxías bastante máis sofisticadas que un encerado dixital, o científico e o historiador só buscaban impacto mediático é rendemento económico. Ángel Carracedo, tamén catedrático de Medicina legal, tras ver o documental, dixo: Non me vale. Para min unha rolda de prensa ou un documental en televisión non é forma de dalo a coñecer. Creo no método científico, nun artigo que poida ser avaliado por pares con datos accesibles, sobre o que se poida aportar ou discutir. Así eu non teño opinión”. Non cabe dúbida de que Carracedo é un deses poucos humanos que asimilou a nova tecnoloxía do método socrático. 

     Hai vinte anos creamos Barbantia co espírito daquela mítica frase de Albert Camus: “Non camiñes detrás de min, non te guiarei; non camiñes diante de min, non te seguirei. Camiña ao meu lado e sé meu amigo”. É o que desexaba Sócrates, e o que desexa agora Carracedo, e o que pretenden todos os artigos deste anuario. Camiñar ao noso lado e falarnos como un amigo. Un amigo cheo das grandes virtudes de Natalia Ginzburg. A esixencia e os esforzos cotiás máis alá dos likes e as fotos de Instagram, a discreta xenerosidade e a discreta coraxe, o respecto á intelixencia dos demais, a obxectividade dos datos e o espírito crítico do filósofo, a frialdade da análise e o entusiasmo dun bo relato. 

     Como vinte anos atrás, non o desexo de ter éxito a calquera prezo, senón o desexo de ser e de saber.

  

                           Xosé Ricardo Losada

LINDA BOLBORETA


  Amigo Xocas, parece que alguén che arrancou a felicidade. A onde vas con ese ganapán.?

  Merliño, era tan feliz sentindo o seu voo, racháronme a Alma...

  Cando na noite non aparecía a  ensoñadora, eran os seus ollos as estrelas que ma iluminaban...

  Cada novo abrente, o sorriso era quen de rexuvenecerma...

  Que será agora de min, Amigo merlo, cando a ansiedade é tan grande, e noto que a Alma deixou de sentila voar arredor.?

  Amigo Xocas, perseguila é un erro, acouga...   

  A felicidade é unha LINDA BOLBORETA moi difícil de atrapar...

  Séntate tranquilo no banco de pedra que hai no Regueiro a carón do Ulla, escoita o canto das Brañas, observa as augas do río baixando sen presa por bicar os beizos de area branca da súa amada Cortegada no seu final...

  Pousa o ganapán...

  Quizais a Alma sinta, Xaquín, a esa bela bolboreta pousarse de novo na man...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                               Xaquin Miguéns Ces

O MUÍÑO

                      O MUÍÑO


 Eu quero contar a todos a historia de un muíño, un muíño moi fermoso que pretiño está do río. Día e noite non paraba o run run de susurrar, era muiño de maquía que pra moitos tiña que moer naqueles tempos dantaño, pra broa poder facer e tamen alimentar ó gando e facer bolos da sartén.

Aló cada semana como facía cada quen, ía o noso Mingos co seu millo pra moer, o saco facía de gorro coa atadura ó revés, os camiños eran estreitos e anque o can levaba con él, tamén levaba o farol pra ver onde poñia os pés.De vez en cando, un ruido ó can facía ladrar e Mingos, por medo e precaución, parábase a escoitar un ruxe ruxe moi forte naquela noite silenciosa. anque o vento estaba a soplar. Un pequeno escalofrío, a pel de galiña a Mingos púñanselle naquela noite escura, a ninguén se podía ver.

 Na súa mente preocupada mil presaxios estaban a pasar, será a cruxa ou a raposa, mesmo a Santa Compaña podería ser, máis poñendo o oido fino pronta se decatou que aquel ruido era algo natural, o vento fino facía os eucaliptos rozar naquel silencio da noite. Aquel ruxe ruxe facía a calquera temblar. 

Son historias dos muiños que estiveron a pasar. 

Mingos, despois do longo camiñar, chegaba ó muiño, o pousadoiro ó pé da porta pro saco descansar, estaba todo pensado pra non ter que anicarse pra voltar a cargar o saco

 Había que esperar turno.  Outro veciño estaba dentro coa faena a piques de rematar e mentres tanto, tocaba parodia, falar do tempo ou a alguén sempre habia   que criticar. 

Como o que estaba  moendo tiña que ver a fariña, o farol tiña encendido e Mingos o seu apagado, o can facía garda e aquel run run faciao adormecer. Ó carón do pé do amo facía o seu retén.  O muíño é vello, pero pra Mingos o mellor, anque había outros, estaba o de "abaixo" o do "medio" o de "mais aló" , este era o mellor, ainda que lle tocase de noite e  tivese que pasa medo,  non pensaba en mudalo. O perigo de unha ponte estreita que tiña que cruzar non lle importaba, o camiño sabiao de memoria co seu farol  e a compaña do seu can. 


 Tino de Bugallido, 2024


domingo, 8 de diciembre de 2024

OLLAR E SENTIR A NATUREZA


  Amence de novo nas Brañas...Pecho a gaiola dos soños e abro a da Alma, pero a miña mente permanece encerrada entre néboas, merliño, non che escoito cantar.

  Xaquín, escóitesme ou non deberías relaxarte, olla como sobre as brétemas, entre os montes Meda e  Xesteiras, o astro rei vai coloreando a auga do río e o ceo do Val.

  Non podo, larpeiro, semello un métome onde ninguén me chama, así nos vai.

  Levántaste co pé cambiado, Xocas. Que che fai pensar así.?

  Amigo merlo, por casualidade caeu nas miñas mans o pasado finde a edición do Barbanza da Voz de Galicia, na que Moncho Ares, meus respectos, facía un panexírico sobre as vistas que dende a privilexiada atalaia do pico Muralla podemos disfrutar...

  Debería ter un permanente sorriso o monte do Treito, merliño, polo que el di...

  Dubido que sexa así, o ser humano, como tantas veces, destruíndo cánto toca coas súas mans con tal de rumbar...

  Amigo merlo, cres que por espetar un feixe de ferros cambiaron en algo as marabillosas vistas que levan miles de anos alí..?

  Cómo se non houbera bastante cos aeroxeneradores, o que cambiou é unha ringleira de coches monte arriba, destruíndo as pistas e perturbando a apacible vida dos moradores daquel fermoso lugar...

  Non aprenderemos máis, quen quixo ollalas dende sempre usou a sola das zapatillas, usar agora a roda dos coches non deixa de ser unha unha nova agresión á Natureza...

  Chegan logo os choros cando, cansa de aturar o noso mal facer, danos unha labazada para dicirnos aquí mando eu.

  Exemplos temos dabondo, pero non me negarás, Xaquín, que sobre a plataforma os selfies saen máis bonitos, e que por estes concellos algún turista se deixa caer. 

  Paga a pena, merliño, tanto custo, e non falo do económico, é o de menos, por unhas fotos ou unhas cervexas frías...?

  Aínda que o que dicimos quizais non sexan máis ca un puñado de verbas, bonitas ou feas según para quen, mesmo pode que ferintes para algúns que preguntarán de onde saíron estes dous falabaratos, loitamos coa pluma polo que consideramos un novo maltrato, a risco de quedar sen peteiro o merliño, e de que me rompan os beizos a min.

  Pecho a gaiola dos soños e abro a da Alma para que a língua poida saír a voar, mostrando o noso xeito de OLLAR E SENTIR A NATUREZA, unha vez máis...!!


 O Paraíso existe




                                                                Xaquin Miguéns Ces

A ENVEXA


  Segue dando voltas polo Val a noria da vida, co sol asomando e a lúa fuxindo...

  Soa a música melancólica do outono, nada cambia nas Brañas, salvo que ameaza frío, vento e chuvia...

  E no carrusel no que a miña Alma viaxa, que se escoita...?

  Mer Santiago e María García publicaban onte no Facebook unhas fotografías que falan ben ás claras da fermosura da nai Natureza, mil grazas...

  As de Mer ían acompañadas dunha reflexión de Alphonse de Lamartine, escritor francés do século XIX, que dicía o seguinte : " Nunca nos seus soños pudo o home inventar nada que fora máis fermoso que a Natureza."

  Deixoume pensativo, a imaxe de quen foi creada a Natureza é unha pregunta que me   revoa a miúdo pola cabeza...

  Pero o merlo, que ollaba o abrente das Brañas, i está en cáseque todo, empezou a despotricar. Esnaquizaba os miolos o tolo repenique de campás a que soaba o seu canto na cruz do graneiro, algo ben estraño.

  Que tes, merliño...? pregunteille con medo a que me mandase a tomar por onde rompen os cestos, sei que non acaba de dixerir ben o do mirador de ferro no Treito.

  Na frase de Lamartine tela resposta, Xaquín, contestoume de non moi boas maneiras.

  Que queres dicirme ? Non che sigo, Amigo merlo.

  Xocas es igual de cortiño que tód@s, que con tal de rumbar non se paran a pensar máis alá do que acada a punta da súa nariz, e a túa aínda é ben grande.

  Un respecto, larpeiro.

  Non o merecedes, Xaquín. A ENVEXA é un pecado capital que o ser humano leva ata extremos insospeitados, mesmo a destruir a Natureza por querer comparar a fermosura do que el crea con ela, no lugar de ser fonte de inspiración solamente.

  Estará no certo o merliño en que é ese o motivo, ou será que nos ten teima...?  

  Outro día no que  lle aperte menos o nó da gravata e se atope máis calmo, manterei con el unha conversa ao respecto...

  Pode que vaia máis lonxe e me meta en camisas de once varas preguntándolle o que pensa sobre por quen foi creada a Natureza, palabras maiores.

  Por hoxe máis nada, xa desbarramos os dous dabondo, por algo din que teño unhas pingas...

  Cánto menos...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                               Xaquin Miguéns Ces


SUEÑO DE AMOR


Déjame hablarte amor,

como si mañana nos fuéramos a ver,

abrázame con fuerza,

que yo no puedo perderte.


El amor es como un libro,

con principio y final,

pero me pierdo entre sus páginas,

y el alma comienza a volar.


Déjame la puerta abierta,

en sueños te visitaré,

aunque nunca nos encontremos,

en mis sueños te buscaré.


Cierra los ojos mi amor,

sin ayer y sin mañana,

al alba despertaré,

sola estaré en mi cama.


Los sueños son muy efímeros,

aunque se claven en el alma,

el amor es pasajero,

cuando se pierde al alba.


  Paki Espiño, 2024


DESPUÉS DEL DOLOR



Después de tanto dolor

 y de sufrir lo indecible

al final llegaste tú

para mitigar mi angustia


apareciste sin más

para calmar mi dolor

¿quién te trajo a mi refugio?

Noble Ángel salvador


tu presencia me hipnotiza

tu belleza y tu embrujo

tus modales me seducen

tu porte inconfundible


llegaste a mi vida

lo llenaste todo

mi alma, mi mente

y mi corazón


abriendo puerta y ventanas

entraste tú, gran amor

dándome un gran abrazo

por un futuro mejor


llegaste cual bello Ángel

regalándome tu amor

y yo te correspondí

 con miles de dulces besos


para que siempre recuerdes

que esos besos prenderán

echando grandes raíces

que en tu jardín crecerán.


  Miguel Alberto,2024


miércoles, 4 de diciembre de 2024

OS SILENCIOS


  Non faltará quen entenda este apesarado canto, anticipo dun longo e necesario silencio, abur.

  "Longa noite de pedra..."

  Levántome triste, nin desexos teño de abrila fiestra e ollalo abrente, ben seguro que agora mesmo polas meixelas das Brañas esbalan  unhas melancólicas bágoas, non quero miralas...

  Asubiáronme os oídos toda a noite, non peguei ollo, non podía crer o que estaba escoitando...

  As veciñas dunha páxara Amiga dicindo que ten un mozo mago, que lle bota un polvo e desaparece...

  Son unhas malas línguas, e xa non saben esas vellas cómo rañala, ou é unha peste que entrou de repente.? Merliño, dame que ti telo mesmo problema.

  Amigo Xocas, semella que o mundo está cheo de magos.

  Noto un certo resquemor nesas verbas, larpeiro, ou van con retranca...?

  E se o problema é o permanente desexo que tedes de libar, de que a pluma sexa unha variña máxica que saque a diario unha flor da chistera, por pequerrecha que sexa, e torcédelo xesto se non é o caso, ben porque se gallou a pluma ou quedou sen tinta, ou o que é pior, fíxose noite no xardín da Alma...?

  E vós, mentras tanto, batendo nas paredes cos morros no lugar de acougáredes á espera de tempos mellores.

  Dirás co peteiro, Xaquín.

  Chámalle cómo queiras, merliño, vexo que a pesares non perdéchelo sentido do humor... 

  Anda que non estades mal afeitos, xamais parecedes fartos de alpiste.

  Amigo Xocas, OS SILENCIOS, que nas composicións musicais sirven para dar un moi necesario respiro, no pentagrama da vida tamén falan e marcan os tempos...

  Hai noites oscuras, nas que só se escoita un profundo silencio, e que van máis alá de que deixen de alumear as farolas...

  Días sen cor, o pentagrama da Alma parece estar morto, nun encefalograma plano permanente.

  Non sempre hai flores no xardín da Alma, merliño, ou están murchas, e da chistera todo canto sae é unha "procesión de caladiños" que ás veces berran.

  Gritos de auxilio, Xaquín.

  Se así o sintes, Amigo merlo, din que unha retirada a tempo é unha victoria...

  Pero neste caso, pechar o tinteiro só o vexo cómo un xeito de sobrevivir nun mundo que non teño claro que che comprenda...

  Fuxir, deixar de picar pedra, merliño, non é outra cousa que unha pírrica victoria...

  Aburiño de igual xeito...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquin Miguéns Ces

DIARIO VIOLETA - ESPACIO LIBRE DE DENUNCIA ANÓNIMA


20 de abril de 2022

Trabajo en una fábrica de textiles, a las afueras de la ciudad, cuyo nombre ahora mismo

no es importante, sino lo que pasa ahí. Escribo para denunciar ciertos comportamientos

sexistas hacia las trabajadoras por parte de nuestro jefe y de la mayoría de encargados

hombres, los que por el momento son solo rumores bastante extendidos, pero ya estamos

hartas de tener que soportar esto a diario…

En primer lugar, nuestro jefe no solo nos paga menos a las mujeres que a los hombres,

sino que a nosotras nos paga en función de nuestra talla de sujetador… Cada vez que

empieza una trabajadora nueva, la llama a su despacho y le mide el contorno del pecho, y

cuanto más pequeño sea, menos cobrará.

En segundo lugar, una compañera de turno ha contado en repetidas ocasiones que, una

vez, la llamó a su despacho para cobrarle las horas extra y, cuando ella entró, la recibió con

un saludo y el pene erecto fuera del pantalón… Se le insinuó y mi compañera se asustó, así

que le pegó y salió huyendo… Nunca la hemos vuelto a ver, pero suponemos que fue

despedida. Meses después hemos sabido que denunció este acontecimiento ante la policía,

pero que no le creyeron…

Y si solo fuera nuestro jefe… En fin, en tercer lugar, quiero denunciar también

comportamientos inapropiados por parte de muchos de los encargados de la fábrica, ya que

son iguales o peores que él… Antes, algunas de mis compañeras guardaban el tabaco en el

escote para no tener que ir al vestuario en el descanso, y muchos de ellos aprovechaban la

excusa, si es que puede llamársele así, de cogerles (robarles) cigarros para tocarles las

tetas… También nos tocan de manera inapropiada mientras trabajamos, llegando incluso a

frotar sus partes contra nosotras… Nos hacen de menos y sueltan constantemente

comentarios misóginos completamente a propósito, y a las que se defienden les bajan el

sueldo…

Nuevamente, escribo porque ya estamos hartas, esto es completamente inaceptable y

no podemos seguir así, podría pasarme horas contando miles y miles de cosas así sobre

esos imbéciles, pero prefiero ser breve… De verdad, no puedo ni pensar en el hecho de que

esos engendros, en muchos casos, tienen esposa e hijos, lo mal que lo deben de pasar…

La mujer de nuestro jefe ha denunciado a su marido en varias ocasiones por malos tratos,

pero siempre ha acabado retirando sus denuncias para que sus niños no crezcan sin un

padre, pero con un padre como ese…

¡Muchas gracias, Reina Violeta! Gracias por leerme… La verdad es que muchas de mis

compañeras han dejado de trabajar aquí por este tipo de actos, pero yo no puedo, soy

pobre y necesito el dinero, así que por favor, saca la verdad a la luz por mí.

- Una trabajadora anónima de la fábrica de textiles


 The Dethroned Queen (Faye), antes Reina Violeta.

domingo, 1 de diciembre de 2024

ETERNO 10


  Cada loco co seu tema, merliño, e onte foi un día triste para aquel@s que amamos o fútbol de verdade, celebrouse un novo aniversario da morte dun Deus do seu Olimpo, Maradona, o 10 por excelencia, o máis grande poeta que eu vin recitar versos cos pés nun campo de fútbol...

  Co balón por pluma e o céspede por caderno, debuxou os máis fermosos poemas nas torcidas ringleiras dos terreos de xogo, fuxindo a miúdo duns fouciños que segaban algo máis ca herba...

  Tocado pola variña máxica dos xenios, saíu da súa chistera nun campionato do mundo o gol máis fermoso da historia, non nun evento calqueira...

  "Deus baixou á Terra e vestiuse de futbolista", narraba, loco de atar, un comentarista da Arxentina...

  Cargou ás súas costas coa albiceleste, conseguindo conquistar o Campionato do Mundo de México 86...

  Agradecemento de por vida por parte dos seus paisanos, con honras reservadas ás máis grandes personalidades nun País onde o fútbol, merliño, é algo máis que unha relixión.

  É o que teñen os deuses, Xaquín, son considerados eternos, inmortais, aínda que neste caso haxa quen lle poña algún pero.

  Amigo merlo, a imaxe que cómo persoa deixou  Diego Armando é outra historia, non é o día para valorala...

  Se o mundo enteiro segue falando do "Deus Maradona" é polas poesías que compuxo cos pés e unha pelota...

  Xa sei que de fútbol eu pouco, seguirán dicindo tantos, pero digo o que sinto, que se foi o máis grande futbolista que vin pisar un terreo de xogo...

  Deixóunos o 10, número reservado para os bos cando ao fútbol se xogaba sobre todo no "pasto", que diría don Alfredo, outro grande...

  Fago un inciso para dicir que algúns aínda o seguen levando hoxe, cando se xoga nos medios de comunicación e nas redes máis que no campo, a miña admiración para Iago Aspas, "o mago de Moaña", continúo...

  Non tiña Maradona unha bota, nin sequera un guante, no seu bendito pé esquerdo, era unha variña máxica a que calzaba e coa que dirixía a seu antollo os concertos...

  Mesmo usou algunha vez a man para escribir algún "verso", a famosa "man de deus" que xamais esquencerá Inglaterra, ata hai que ser bo para elo...

  Era obriga, larpeiro, adicarlle ao "Pelusa" unhas verbas por parte dun picapedreiro que leva o fútbol no sangue, non deixan de ser sentidas mesmo non alcancen...

  Con Distéfano, Cruyff e Pelé estará agora mesmo parolando, fumando un habano e tomando unha copa no "Olimpo dos Deuses do Balón", ao que nun futuro, oxalá lonxano, poderá subir Messi, outro xenio, e quizais algún máis...

  Mil perdóns se alguén non entende estas verbas, e cre que hai cousas moito máis importantes que o fútbol das que deberiamos preocuparnos...

  E teñen razón, merliño, daí a reflexión que subín onte, e as miñas dúbidas sobre se subir ou non a do aniversario do seu falecemento.

  Coido, Xaquín, que non cometes ningún pecado falando da túa administración por un mago do balón que se foi, aínda que cómo persoa noto que no tes idealizado.

  Merliño, falo só do futbolista, repito de novo, pode que algún día o faga sobre a persoa de Diego Armando ...

  Descanse en paz o gran poeta Maradona...

  ETERNO 10...!! 

  

  O Paraíso existe 


                                             
                                                                  Xaquin Miguéns Ces


NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO...!!


  Hoxe, mañá, e sempre...Xa está ben, coño.!!

  Semellas levantarte alporizado, Amigo Xocas. Acouga o vas despuntar o cicel, parece que che ablandou os miolos o temporal de chuvia e vento da pasada tarde e noite, terás que acostumarte, o inverno xa peta na porta das Brañas.

  Amigo merlo, alporizado quizais non sexa a verba axeitada para expresar o que sinto neste amencer do luns de zapateiros. Paréceme ben triste que cada 25 de novembro teñamos que adicar o día na contra da violencia de xénero.

  Elo ten unha lectura moi clara, Xaquín, se a sociedade non avanza significa que algo non funciona como debera...

  Máis ben diría que se convertiu nun cangrexo que camiña cara atrás cánto pode, reacia a calquer mellora. Non fai falla máis que mirar o Parlamento, donde os cavernícolas fascistas, negacionistas de tal violencia, teñen un feixe de escaños, e o partido que se considera "defensor da patria e dos seus valores" pacta con eles nas autonomías, vendéndolle a alma ó diaño con tal de acadar o goberno. 

  Patético cara onde imos, merliño. Os maridos, amantes, amigos, cada ano deciden que ducias de mulleres perténcelles, non teñen dereito á vida e poden xogar a seu antollo con ela. Sen contar a de miles que sufren outro tipo de violencia ou maltrato...

  Cáeseme a Alma aos pés, Amigo merlo, por elo no comezo da reflexión despotricaba...

  As mulleres teñen dereito a chapotear libres na lagoa da vida, sentirse fermosos cisnes brancos se así o desexan, e todos temos a obriga de respetar os seus dereitos e as súas decisións, non son pertenzas de ningún cavernícola...

  Hoxe, mañá, e sempre querémolas libres,  merliño, loitemos para que remate dunha vez esta lacra...

  Digamos NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                         Xaquin Miguéns Ces

VALENCIA, AHORA

 

           

Que le expliquen a los muertos sus incompetencias.

A los hijos que se han quedado huérfanos, ¡qué triste verles llorar!.

A los padres, huérfanos de hijos, a los abuelos sumidos en la soledad.

¿Dónde están nuestros cuidadores, esos que les otorgamos el poder, de guiarnos cuando todo está oscuro, cuando en las calles no para de llover?.

¡Que nadie nos viene a ayudar!,¿Dónde estáis?, vosotros que tanto habéis tardado en disputas sentados en despachos, mientras las vidas se perdían en el fango.

¿Quién nos cuenta ahora la historia?.  Culpa, tuya o mía, ¡qué más da, ahora es tarde para muchos, ahora ya los van a enterrar.

Que nadie es inocente del todo, que todos tenemos que intentar cambiar de modo de vida. Esto no hizo más que empezar: la basura se amontona en las calles, las casas pendientes de arreglar, gente que nos tiene que gobernar.

Ni el ladrón es tan ladrón si no lo cogen, ni el bueno es tan bueno sin razón. Cada quien que lave su conciencia, cada quien que cargue con su traición.

 

 Paki Espiño, 2024

OUTONO

   


O fermoso Outono

pintando as fervenzas

cal novel pintor

de pincel redondo


só queda agardar

polo branco Inverno

para disfrutar

da nosa paisaxe


a gran carballeira

semella tristura

por haber perdido

o seu manto verde


a terra cuberta

das follas caídas

só musgo tristeiro

tentando vivir


carballos espidos

castaños sen folla

mirando ó abrente

por un sol tardío


quizais agardando

ese caloriño

pra sobrevivír

naquel frío día


e aquel curto tempo

o sol desprendía

a pouca calor

ate o mediodía


montañas nevadas

é doces campiñas

rematan pintando              

o fermoso clima.


 Miguel Alberto.2024


CÓXEGAS NA ALMA

 

  "Non se fixo a mel para o fuciño do porco" é un dito que a miúdo escoito e que vén de moi vello...

  Os arcos iris tampouco, ou eso parece, para quen non soña...

  Nunca hai dous amenceres iguais nen sequera semellantes e, salvo aquel@s con pingas, a xente non se levanta para ollar o que contan...

  Sorrí a lúa, testigo dunha incruenta pelexa, o pulso por ver quen espalla o canto máis apaixoado coa alba das Brañas, un trino e un quiquiriquí ao pé da graneira no alto do Campo da aldea de Bexo...   

  O merlo, co traxe e gravata impolutos, e o galo, coas cores vermellas brillantes, enfrontados diante dun arco da vella, o paraugas que protexe o ceo do Val dunha chuvia ameazante...

  Indiferencia para a maioría, para algúns unha preada...

  Quizais berros de auxilio de Almas ardendo no lume do inferno, para aquél@s que aínda se deiten.

  Traxe, gravata, é domingo...

  Pousa o cicel e olla o abrente, que fala unha linguaxe que pouc@s entenden...

  CÓXEGAS NA ALMA do picapedreiro...!!

  

  O Paraíso existe 




                                                                       Xaquin Miguéns Ces





PROMESAS ROTAS

 Se me olvidó tu nombre,

ya no sé cómo te llamas,

fuiste vida, Cielo y agua,

para mí ya no eres nada.


Tiembla mi voz al nombrarte,

en silencio por la casa,

te llevaste mis recuerdos,

eres un ladrón de almas.


Se me olvidará tu rostro,

tu pelo y tus labios,

se me olvidarán promesas,

ocultas entre mis manos.


Porque cuando llega la noche,

y te arrastra a su lado,

no hay mayor enemigo,

que, el que se disfraza de aliado.


¿aún me duele?

Confieso que sí,

¿me pasará?

Lo prometo.


La herida que me hiciste,

es verdad, aún me duele,

pero ya no mata,

cicatriza...


¡Dolor, no tengas miedo!,

que por amor,

ni mato,

ni muero.


  Paki Espiño, 2024


AL AMOR QUE NUNCA SE OLVIDA


 Y toqué un acorde con esa guitarra
 que allá donde vaya siempre me acompaña,
 recordando el día de aquel dulce encuentro
 cantando en la plaza de la gran ciudad, 
 tú seguías el ritmo con bellos susurros,
 tal vez un adagio saliendo de tu alma.
 Yo seguí entonando rasgando las cuerdas
 de aquella guitarra para enamorarte.
¡No eran mis manos las que acariciaban
 las cuerdas tensadas, sino el corazón.  

Allí se forjó nuestro gran amor.
Después de los años yo...¡te sigo amando! 


 Miguel Alberto, 2024