domingo, 15 de diciembre de 2024

LINDA BOLBORETA


  Amigo Xocas, parece que alguén che arrancou a felicidade. A onde vas con ese ganapán.?

  Merliño, era tan feliz sentindo o seu voo, racháronme a Alma...

  Cando na noite non aparecía a  ensoñadora, eran os seus ollos as estrelas que ma iluminaban...

  Cada novo abrente, o sorriso era quen de rexuvenecerma...

  Que será agora de min, Amigo merlo, cando a ansiedade é tan grande, e noto que a Alma deixou de sentila voar arredor.?

  Amigo Xocas, perseguila é un erro, acouga...   

  A felicidade é unha LINDA BOLBORETA moi difícil de atrapar...

  Séntate tranquilo no banco de pedra que hai no Regueiro a carón do Ulla, escoita o canto das Brañas, observa as augas do río baixando sen presa por bicar os beizos de area branca da súa amada Cortegada no seu final...

  Pousa o ganapán...

  Quizais a Alma sinta, Xaquín, a esa bela bolboreta pousarse de novo na man...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                               Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario