martes, 30 de marzo de 2021

REFLEXIÓN...DOCES SOÑOS

 Luns, salvo para os zapateiros, todo o bo remata...

Prohibido renderse, sentía sin embargo de mañá mentras ollaba o Val, envolto aínda na oscuridade, dende a fiestra.
Afronta a vida con precaución, recordoume a Alma nunha longa noite de pesadelos...
Plántalle cara aos problemas, supera os medos i escribe novos poemas que saian dun corazón esperanzado...
Non son momentos para ir a peito descuberto pero sí ilusionado, ou levaranche por diante.
Luns...Ollar dende "galeras"a lúa agochándose sobre Cortegada é coma espertar dunha noite de soños estraños e atopar un regalo...
É sentir o ceo aberto, pórlle tacóns á Alma, pisar forte sobre as recén estopeadas cadernas e comprobar que están firmes...
Deixar no peirao as penas, pór a roupa de augas, navegar sobre os problemas...
Buscar mares embaucadores, surcalos...
É, querid@s AMIG@S, co Paraíso diante, ter de novo DOCES SOÑOS..!!






Xaquín Miguéns Ces


SURREALISMO INFANTIL

 O curso pasado dei clase de Valores Éticos en 1º da ESO (alumnos de 12 anos) por primeira vez na miña vida. Foi unha experiencia moi gratificante. Cada clase é unha caixa de sorpresas. Fales do tema que fales, sempre hai algunha intervención diverxente que me desorienta. Poreivos un dos exemplos máis curiosos. Como adoito dicir que, ao principio da clase, poden suscitar dúbidas sobre calquera tema, un alumno contou que, como estaba habituado a oírlle ao pai dicir que moitas das cousas que di ou fai a nai son surrealistas, decidiu saber en Google que significaba esa palabra, e atopou unha frase que traía anotada: “O surrealismo é tan fermoso como o encontro fortuíto dun paraugas e unha máquina de coser sobre unha mesa de disección”. Podía explicarlla?

O primeiro que pensei foi que me estaba ben por incauto. Os alumnos de Bacharelato, afogados pola Selectividade e as notas de corte, non teñen cerebro máis que para contidos curriculares. Pero os de 1º da ESO non esgotaron aínda o combustible da curiosidade. Alí tiña a proba máis evidente. O segundo que me veu á cabeza foi o significado de surrealismo, escritura automática, collage e demais conceptos de Historia da Arte que se dan no Bacharelato, pero que, evidentemente, non podía utilizar cun neno de 12 anos. Con aquela frase Lautrémont quería dar a entender que a poesía e a arte son irracionais. Se acercamos dúas cousas aparentemente estrañas (canto máis estrañas mellor), sen ningunha relación, nun lugar co que tampouco teñen nada que ver, experimentamos emocións moi intensas e diversas, que non saberemos explicar. Ía dicirlle iso a aquel neno? Por suposto que non. El estaba diante dun profesor e os profesores sabemos explicar as cousas.

6c09acbac1868850541126a684c32d6cMenos mal que o meu cerebro se crece ante a adversidade. E a maior adversidade, negarse a recoñecer que non sabía explicarllo. “Vaiamos por partes”, díxenlle para gañar tempo, “paraugas e máquina de coser sabes o que significan, pero, disección?” “Si”, díxome”, “mireino no dicionario: cortar os órganos dun cadáver, por exemplo, para poder analizalos”. “Ben”, continuei, “pois agora imaxínate a situación. Unha mesa de disección, con todo tipo de instrumentos para cortar e analizar, e de súpeto vén andando por un estremo da mesa un paraugas e polo outro unha máquina de coser. Non se coñecen de nada, nada teñen en común, pero de súpeto están un fronte a outro. Que cres que sucedería?” Tanto eu como o alumno quedamos pensando. El, relaxado; eu, atemorizado. Non se me ocorría que podía pasar entre aquel paraugas e aquela máquina de escribir. Teoricamente debería haber un estoupido de múltiples significados poéticos na miña mente, pero o único que estaba estoupando naquel momento era a miña autoestima pedagóxica. “Unha cousa”, dixo de súpeto o alumno, “sabes se o paraugas está pechado ou aberto?” “A ti que che parece?”, díxenlle, sen saber aínda que dicir. “Que depende moito de se chove ou non chove”, respondeu con lóxica. Foi entón cando ocorreu un milagre didáctico que non esquecerei na miña vida. “Tamén podería ser que chovese e non chovese, non che parece?”, espeteille, sen pensar o que dicía, e superado polas circunstancias, ao alumno. “Non oh, non me parece”, dixo, “sería demasiado surrealista”.

X. Ricardo Losada

lunes, 29 de marzo de 2021

MIS BESOS

 

  Mis besos serán fríos

pero son mis besos

serán ardientes

porque son mis besos

 

mis besos serán cortos

pero salen del corazón

me los dicta el alma

son mis besos

 

mis besos serán dulces

aunque sean fugaces

a cualquier hora

pero son mis besos

 

mis besos solo son para ti

con el permiso de mi corazón

quiero amarte eternamente

con todo mi ser

 

mis besos serán tristes

cuando estemos alejados

te los llevará el viento

allá donde te encuentres

 

y en esa lontananza

sabrás distinguir

si son besos de amor

o besos de ficción.

  Miguel Alberto,2021

LA ADVERTENCIA

   Si alguien piensa que a estas alturas de mi vida pueden mover los hilos y hacerme bailar al son de su música triste y cansina recuerden que no rindo pleitesía a ningún Rey, no es mi estilo y si tengo dudas...es porque dos más dos siempre fueron cuatro y podrán ser más viejos , pero no más sabios...pues ya está demostrado que enseñan más los palos que los años. Subestimarme no es una apuesta segura, es un acicate que me impulsa a subir como la espuma. Señores, ya que tienen montado el tinglado creyendo que bailo las aguas que insistís en remover, ¡venga!,¡ no decaiga la fiesta!¡ el espectáculo debe continuar!,¡¡¡no dejaré que vosotros los payasos quedéis sin los aplausos!!!

  Mano Figueira,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (26)

 

 À mullèr que d´alto fia o fuso lle cai e o cu ll´asubia.

Fidalgo pòbre n´o palleiro mòrre.

Fidalgas pòbres e bestas véllas acaban as nòsas tèrras.

Fillo fuche, pai seràs, cal fixères, toparàs.

O que tèn fillos non reventa de cheo.

  (ditos populares)

 

¡Ai filliño, as venturas d´a tèrra comèzan e vòan...!

Y-è qu´a vida son ventos y-os hòmes Hérbèiras na touza.  (M L Gonzalez)

 

Ò frescor d´aquel sitio retirado, en que rujir a auga s´escoitaba contigo parecendo que falaba, sin nunca se deter; como gotas, qu´ali d´èla estraviadas fio a fio caian no pilón,así as bàgoas en via borboton d´os ollos meus caer. (Marcial Valladares)

 

Santo-Cristo de Fistèrre, Santo d´a barba dourada, ajudam´a remontar a laje d´a Touriñan.  (cant. Popular)

 

Fòl sobado maìs fariña lèva.

Fòl mollado masa lèva.  (ditos populares)

 

Todo, todo pasou, como o foguete sòbe, estoupa e baixa, sin rastro d´o camiño que levou.  (J. M. Pintos)

 

Queridiña, queridiñamente, iban caindo, caindo...as folepiñas dá nève. (Curros Enriquez)

 

Os solteiros valen ouro, os casados valen plata, os viudos calderilla, os vellos folla de lata. (cant. Popular)

  Jesús Guimarey Mascaró,2021

 

 

 

SOLEDAD

 

  Cuando la soledad nos encuentre

al borde del final del sendero

sabremos si valió la pena

ser un humilde viajero

 

si nos alcanza la noche

y no hicimos un gran fuego

será una noche muy larga

será muy duro el invierno

 

si nos levantamos al alba

para apostar en el juego

de la lucha diaria

por crear un mundo nuevo

 

si nos vemos en la sombra

si no buscamos caminos

seremos almas errantes

perdidos en el olvido

 

pero si al amanecer el día

cogemos con fuerza la vida

tal vez consigamos caminos

para recorrer con alegría

 

piedad si me equivoco

salud si estoy enfermo

pues solo soy un soñador

perdido en el universo

  Paki Espiño,2021

domingo, 21 de marzo de 2021

REFLEXIÓN...CEO AZUL

  Día Mundial da Poesía...

Esperto...Dubido que poidera haber un amencer máis fermoso para celebralo...
Ollar o sol asomar sobre o Xesteiras dándolle cor ao Ulla, o río que bica as Brañas, a Terra de Rosalía, é poesía en sí mesmo...
Nada máis lexos que pensar que o sexa o que escribo, sería un atrevimiento, pero aquí estou, coma cada día, diante dunha cuartilla esperando que o deus Apolo me vote unha man e poida expresar o que sinto...
Máis que o que sinto, é hoxe un desexo, mesmo que pareza un soño agora mesmo...
Pero un soño é a vida, decía Calderón de la Barca, e tamén a poesía...
O soño de que axiña espertemos deste pesadelo no que se atopa inmerso a humanidade, e atopemos un CEO AZUL de esperanza sobre o que voar en libertade.
Día Mundial da Poesía...Domingo...Traxe, gravata, paseo...
Querid@s AMIG@S, teño unha cita co máis puro sarcasmo transformado en poesía...
Firmará que son apto...? Dame que non vai ser doado pasar a itv...
Qué nervios...!!

Xaquín Miguéns Ces

SOÑANDO

 

  He soñado en tiempos pasados

en los días de amor a raudales

en tiempos del gran sufrimiento

por haberte olvidado de mi

 

he soñado que estaba a tu lado

recibiendo tu amor como antes

en los días de la adolescencia

bebiendo en tus labios ardientes

 

he soñado que solo eras mía

para darte y recibir el amor

igual que en tiempos pasados

¡aunque lejos, los vea tan cerca!

 

He soñado en noches difusas

aguardando el amanecer

para ver si estabas conmigo

y así...volverte a ver

 

he soñado, te veía amor mío

entregarme ese gran corazón

que anhelo con todo mi ser

y amarnos de nuevo otra vez

 

he soñado con tus dulces besos

días infinitos de amor y pasión

cuando todo era fuego

en tu gran corazón.

  Miguel Alberto,2021

SENTIMENTOS

 

  Tódalas letras do mundo

non valen un sentimento

que te ceiben nun abismo

de pouco e tanto sufrimento

 

pasa a folla doutra historia

cos pés afincados no chan

non houbo pena nin gloria

pa quen non tivo miseria

 

correndo sempre para non chegar

a perder ou a  gañar

sempre co empeño comprado

quen deixe todo abandoado.

  M. Dolores Ríal,2021

ENTENDER A VIDA

 

  Por qué ti es grande?

e eu tan pequena

por qué nos confunde a noite?

Cando hai lúa chea

 

non son ninguén

non valgo nada

se non loito na vida

se non loito con ganas

 

eu non son forte

nin pretendo selo

solo son o que ves

no reflexo do espello

 

un espello en anacos

que a vida foi rompendo

cando ainda era nena

e tiven que deixar de selo

 

espertando un día

sendo nai de tres criaturas

sen tempo a medrar

tiven que coñecelos criados

 

aprender a medrar

sin que importen os anos

os anos eran poucos

para tantos traballos

 

ahí estaba eu

soiña na cama

con tanto pañal

nesa loita diaria

 

eran tempos confusos

eu chea de dúvidas

se sería boa nai

desas tres criaturas

 

o tempo era pouco

e pasaba de presa

cando me dín conta

xa finara esa nena

 

os nenos medraron

máis quedaron as dudas

se toparían o camiño

para seguir a andadura

 

non puden quitar as pedras

que topei no camiño

só puden facelos fortes

para andar amodiño

 

agora xa son pais

porque así o elixiron

tócalle a eles agora

ensinar ós meniños

 

a vida, non e vida

se non a bebes  a modo

saboreando cada intre

mentres non estés morto.

  Paki Espiño,2021

AMOR PROPIO

 

  Nos pasamos la vida dando todo lo que somos a quienes queremos y corremos a ciegas a veces a puntos muertos, que no nos aportan nada bueno aunque vayamos  con la mayor de las ilusiones. Tus padres y hermanos son todo para ti hasta que formas tu familia y ésta pasa a primer plano, eres todo y más para esas personas que amas sin cuartel, queremos las zapatillas de correr por y para ellos sin un descanso ni tregua, necesitas muchas veces que te miren como tú lo haces o que demuestren un algo de tanto y de todo, y en ese proceso de años y años se te olvida lo más importante, que eres tú mism@. No te das un minuto para respirar y pensar en ti, siempre descuidando de un@ mism@ por mor de los demás.

Pues mal, muy mal, hay que cambiar el chip, apagar el móvil y hacer esas cosas que llevan siglos en lista de espera, lo que siempre quisiste hacer y faltó tiempo, aunque sobraran ganas, hazlo ahora, escoge un par de horas para dedicar a tu persona, para cargar las pilas y poder luego integrarte en lo diario. Mímate un poco, date cariño, porque el amor propio no es egoísmo, es una necesidad que siente el alma de sanar muchos vacíos!!!

  Mano Figueira,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (25)

 

O cariño que che teño e mai-l-o que ch´hei de ter caben n´a folla d´un fento e ha de quedar sin hencher. (popular)

 

Nenas de Castro-Loureiro deijá pasa-l-as d´a Ulla con ferreñas e pandeiro. (popular)

 

Fun à túa casa, por verte, e ajejei po-l-o ferrollo; a ladra de tua nai meteum´un pau por un ollo. (popular)

 

Ti que ll´as dèches, fervellasberzas vòlvell´as nòces; Tòrna detras co-as castañolas, pròme d´as moscas.

Ti ¿què fas? Fervellasberzas? ¿ti que fas, fervellasberzas?

Eu remendo os meus calzons, compoño as miñas polainas...(poesia popular)

 

Festa d´un dia n´acaba unha casa e, s´è de mais acabari-a quizais.

 

Pòbre, à festa convidado, tira a barriga de mal ano. (dito popular)

 

As túas fèstas rapàs, lèvan algo de veneno; pòrque, cando ti m´as fas eu non sei que diaño teño. (cant. Popular)

 

Unha nòite me colleron n´unha fiada de lan; unha nòite me colleron; outra non me collerán. (cant popular)

 

Fiandeira, ¿què fiache? Pr´onde fuche? Pr´onde andache, qu´en Marzo non blanqueache?

 

Fianza , en Dios, qu´è santo vèllo.

 

N´o tempo e n´a mòrte n´hai fianza.  (ditos populares)

  Jesús Guimarey Mascaró,2021

sábado, 20 de marzo de 2021

REFLEXIÓN...PARABÉNS, MEU SOL

 Hai días que marcan a vida...

Fai 8 anos hoxe, unha estrela anunciaba o nacemento dun novo SOL...
Chegaba Xoel ás nósas vidas, o meu neto preferido, ese neno sempre pegado a unha pelota ou un peluche, ese marabilloso rebolizo...
As circunstancias da vida, difíciles para tod@s, fixo que no último ano non poidéramos disfrutar súa avoa i eu da súa presencia, salvo en contadas excepcións...É coma esperar o cego pola vista.
É o que toca, escoito alá dentro. Virán mellores tempos e poderá seguir sendo esa cullerada de mel na vosa vida...
Esa colmea enteira que son @s net@s na vida dos avós, a razón para seguir camiñando, dime o Amigo merliño...
Que sexa así por moito tempo, será meu desexo no momento de apagar as velas.
Hai días que marcan a vida, e a miña dende fai hoxe 8 anos márcana dous SOLES...
Un, aparece tódolos días para darme vida...
Xoel, amenceu un día coma hoxe para alegrarma, graciñas.
PARABÉNS
, MEU SOL...!!
Tamén para Vanesa, súa nai, que está mañá de cumple, e para David, seu pai e meu fillo, por un neno marabilloso...
Mil grazas aos tres por tanto...!!
E para tod@s vós, moi feliz día do Pai, non me esquezo dos Xosés...!!
Hoxe, máis que nunca, traxe, gravata...
Co cartafol das cores colgado das alas do corazón, voo na procura de soños...
Querid@s AMIG@S, de hoxe nun ano...!


Xaquín Miguéns Ces

A FILOSOFÍA PAGA A TRAIDORES

  Nos últimos anos estase a producir en min un cambio intelectual moi importante, e que me está deixando a sensación de que son un traidor á filosofía, a carreira que estudei e a vocación máis querida da miña mente. Cada vez leo máis narrativa (novelas ou conxuntos de relatos) e cada vez menos ensaios filosóficos. Incluso os ensaios que leo con máis frecuencia teñen máis que ver coa divulgación científica ou coa filosofía práctica que coa filosofía pura. E digo cambio intelectual moi importante porque sempre desfrutei máis de frases como: De “necesariamente, o que se coñece é verdadeiro” non pode concluírse loxicamente que “o que se coñece é necesariamente verdadeiro”, que de frases como Hamal está nervioso. Non deixa de mover as mans coma se temese que os dedos se engoumasen. Xa non. Agora prefiro estas últimas (por certo, o comezo da moi recomendable novela de Antón Riveiro Coello, O paraíso dos inocentes). Pero debo aclarar dúas cousas. A primeira, que é simplemente unha evolución de gusto persoal, e unha evolución, estou seguro, que pode dar marcha atrás en calquera momento. Nin antes consideraba mellor a linguaxe abstracta da filosofía, nin agora considero mellor a linguaxe concreta da narrativa. A segunda, que en ningún caso renunciei, menos aínda rexeitei, a lectura (que sigo necesitando, pero con menos frecuencia) de libros de filosofía, digamos, pura.

E dun deses libros (do que extraín a cita anterior), quería falar agora. Titúlase Nietzsche contra Foucault. Sobre la verdad, el conocimiento y el poder, e foi escrito polo filósofo francés Jacques Bouveresse. Non tema o lector. Non vou resumilo nin abordar os complexos (tan complexos que, pola miña falta de rodaxe actual, tardei en entrar nas argumentacións) problemas filosóficos que trata. Limitareime a falar do primeiro capítulo, A obxectividade, o coñecemento e o poder, transcrición dunha conferencia que o autor impartiu no Centro Pompidou de París no ano 2000. É un texto no que Jacques (perdoade a confianza, pero a un filósofo que actúa coma este non podo deixar de consideralo un amigo) critica con rigor e firmeza, tanto o contido como a forma, da concepción foucaultiana da verdade, desde as contradicións, ambigüidades ou confusións nas que cae, ata a sorprendente ignorancia dalgunhas esixencias filosóficas básicas que un teórico da verdade non debería esquecer.

Pero, con ser apaixonante ese diálogo crítico nos cumios da abstracción filosófica, non foi o que me motivou a escribir este texto. Porque o máis marabilloso desa conferencia está, ao meu entender, que considero a filosofía máis un como que un qué, nos parágrafos finais. Despois da demoledora crítica que lle fai, Bouveresse acaba concluíndo que tanto o tipo de disidente que era nifoucFoucault, como o modelo do filósofo disidente en si mesmo, parecen hoxe en día máis ben anticuados e arcaicos. E, deseguido, fai un comentario (e perdóeseme a énfase) que é absolutamente marabilloso: Porén, considero que precisamente o que parece telo afastado de nós é tamén aquilo que o fai tanto máis necesario hoxe en día. Cando vemos a cantidade de intelectuais eminentes que aceptan sentarse á mesa da patronal do Movemento de Empresas de Francia para discutir o problema da refundación social, podemos pensar que o que máis dolorosamente se bota en falta é sen dúbida o tipo de ironía que Foucault era capaz de mostrar non só sobre o sistema liberal triunfante, senón sobre o comportamento do ámbito intelectual. E atención a un remate que, se todos tivésemos en conta (no como, non no que) á hora de analizar o mundo, este sería, sen dúbida, moito mellor: Por iso podo concluír con toda sinceridade que nada é ao meu xuízo máis urxente e máis indispensable hoxe en día que ler e reler a Foucault.

Aristóteles criticou duramente a Platón, pero admirábao. Tomé de Aquino criticou duramente a Agostiño de Hipona, pero admirábao. Descartes criticou duramente a Tomé de Aquino, pero admirábao. Kant criticou duramente a Hume, pero admirábao. Marx criticou duramente a Adam Smith, pero admirábao. Nietzsche criticou duramente a Cristo, pero admirábao. Bouveresse critica duramente a Foucault, pero admírao. Esa é, para min, a verdadeira esencia da filosofía. Ver os puntos débiles dos teus argumentos, ver os puntos fortes dos argumentos dos teus antagonistas. Así que non debo preocuparme por ser un traidor. Un novelista pode criticar duramente a filosofía e admirala e lela e escribila. Un filósofo pode criticar duramente a narrativa e admirala e lela e escribila.

X.Ricardo Losada

RÍO

 

  Tú, que has surgido

de una simple gota de agua

o un copo de nieve

y fuiste creciendo

 

bebiendo a lo largo de tu cauce

de tus afluentes

haciéndote mayor paso a paso

hasta convertirte en un río caudaloso

 

alimentando diversa flora y fauna

soportando a tus espaldas

todo tipo de embarcaciones

de ejércitos invasores

 

cruzado por enormes puentes

para salvar las distancias

regando huertas y prados

por el bien de la humanidad

 

más tú, nunca te detienes

sigues tu ruta al mar

unas veces lentamente

otras formando enormes cascadas

 

gracias a tí se construyeron

grandes pantanos

se han escrito novelas

se han rodado películas

 

tu no entiendes de fronteras

ni de razas ni creencias

tú, lo soportas todo

en tu largo caminar

 

y al final de tu curso

cansado de tu largo viaje

entregas tus mansas aguas

al mar océano.

  Miguel Alberto,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (Recopilados dos séculos XVIII e XIX) (24)

 

  Facenda de Crègo da-a Dios e leva-a o dèmo.

O qu´à sòlas fas n´a casa, poidan todos ver n´a plaza.

Fai o que che digo e non faga-l-o qu´eu fago, ou fai o qu´o crego dijere e non faga-l-o qu´el fixère.

Nadie as faga, que tarde ou cedo, todas se pagan.

Non todo o que se di se fai, nin todo o que fai se di.

Pensa mòito e fala pouco.

O moito falar è vicio.  (ditos populares)

 

Favores que me fixèche n´a cara me vas votando.

Favores non dan amores; libre quedo eu ch´os pagando. (cant. Populares)

 

Fàrtas´un de comer e de beber e non se farta de saber.

Non peca de gula quèn nunca tuvo fartura.  (ditos populares)

 

Estrèliña d´a fartura, aluméame, alumea, mentras que non vè a lua. (cant. Popular)

 

Dijo no monte unha vèlla; vaite febreiriño corto, c´os teus dias vint´e oito, que, si tiveras mais catro, non quedaba can, nin gato, Febreiriño contestou moito: os teus becerriños oito: deija que meu irman Marzo hàch´os de volver en catro. (Anónimo)

   Jesús Guimarey Mascaró,2021

TRISTE ESPERANZA

 

Tú te reías

mientras yo te esperaba

entre penas y alegrías

mis días yo quemaba

 

te esperaba

sin saber si volverías

en silencio te añoraba

mientras tú te divertías

 

la soledad

hizo nido en mi pecho

mientras yo estaba en el suelo

volaba libre el jilguero

 

la noche

se hizo eternamente oscura

un cielo sin estrellas

y sin la luz de la luna

 

y yo esperaba

que un día tú volvieras

que supieras que el amor

renace en primavera

 

pero al llegar el verano

yo dejé de esperarte

porque el amor que no se cuida

                    acaba por marchitarse.

  Paki Espiño,2021

 

 

LADEIRAS MOLLADAS

 

  Estampado de amarelo

quedou a veiga é o prado

engaiolándose o sol

nos primeiriños de Marzo

 

ven de sacudilo inverno

coas bagoas espalladas

en longos carreiros de auga

pola ladeira baixando

 

faise a tristura do Ceo

e rise o mar tocado nel

xa perdeu o tempo o día

e deíxouse estar con él

 

bicos dá o sol no mar

cando está prendendo a noite

saca as galas máis fermosas

pedíndome que as escoite

 

chegan as flores sorrindo

subindo pola ladeira

dándolle a benvida ó día

debuxando a súa bandeira

 

mézclase o día coa noite

coa calma da marea

vai subindo e vai baixando

acariñando na area

 

as estrelas insumisas

van retrasando a chegada

para deixar deitalo sol

na súa cama dourada.

  M. Dolores Ríal,2021