domingo, 24 de septiembre de 2023

NADA MUDA



Voga o rico no oropel

da dor allea arredado,

agonía o coitado

na procura do comer.


Del non se doe ninguén

por máis que o alento esgota

en tanto cebados folgan

os bandullos do poder.


E mentres el contas bota

das migallas que lle dan,

por un codelo de pan

vai tornando máis ilota.


Neste mundo desalmado,

infecto de sambesugas,

pasa o tempo e nada muda

na poubea do coitado.


Silvia Figueiras Dovalo





A POLTRONA

 A POLTRONA 

  Luns de zapateiros dempois da "Juadalupe". Coa falta que me fai, o merlo non dá sinais de vida.

  Para quen falará a clase política do noso País é unha pregunta que me revoa por enriba das neuronas...

  Necesito respostas claras, pois abren a boca e votan a pacer a língua como se nada pasara por moitas estupideces e mentiras que nos contan...

 O traballo que me custa decir dúas verbas sobre este tema sen encarraxarme demasiado. Estou pensando se nos toman por idiotas ou o somos realmente, teño a impresión de que me estou volvendo tolo, ou eso pretenden...

  Amigo merlo, volta axiña a ver se me explicas cómo un candidato a Presidente, no lugar de presentarnos unha nova proposta de País, transforma unha investidura nunha moción de censura a outro que aínda non se sabe se o chamarán para que trate de formar Goberno.

  Poderosa cabaleira é A POLTRONA, que mentras a uns embrutécelles a Alma, a outros fainos escravos deles, Xaquín...

  Se don Miguel de Cervantes vivira, coido que o Quixote só sería unha pequena novela de cabalerías máis...

  A clase política darialle polo menos para dez ou doce tomos tan gordos coma o libro de Petete, nos que poñelos en solfa se era quen de atopar un Quixote que tratara de arranxar tanto desvarío. Dun Sancho Panza cun punto de cordura xa nada conto, Xocas.

  E din que o fraco fidalgo tiña unhas pingas  porque confundía un rabaño de ovellas cun exército e os muíños de vento con xigantes...

  Ai, merliño...!!

  

  O Paraíso existe 




Xaquin Miguéns Ces


MARCHOU

 

Marchou polo mundo,

sen poder esquecer,

ese humilde lar,

que o veu nacer.


Buscador de mares,

bicador de estrelas,

forxador de pedras,

alá onde esteas.


  M. Dolores Ríal, 2023


A TI, AMOR

 

           

 

Irei polo mundo

na túa procura

derribando muros

é fortificacións

 

cruzarei fronteiras

alá onde estiveran

navegando mares

tentar atoparte

 

postrarme ós teus pés

bicar onde pisas

implorando amor

querida princesa

 

non importa o tempo

que fose menester

para conquistarte

amada muller

 

no leito xuntiños

en noite de lúa

compartindo amor

n´unha aperta sen fín

 

i dende ese día

con glorias e penas

viviremos xuntos

pola eternidade.

 

Miguel Alberto, 2023

domingo, 17 de septiembre de 2023

DECISIÓNS CRÍTICAS

    Tras unha restra de insultos e ameazas, colgoulle o teléfono e sen deixala falar. Premeu a rechamada e descubriu que a bloqueara. As náuseas provocadas polo ser que levaba dentro reforzaron a sensación de soidade. De regreso do xinecólogo, atopou o piso revolto, faltaban as poucas pertenzas del e os aforros dela. Déronlle ganas de chorar.

Non se consideraba crente, pero pronunciou unha oración. Agardaba que non se tivesen en conta as súas contradicións no día do Xuízo Final. Nunca planeara ser nai, prefería a súa vida nómade e festiva, sen ataduras e penosas responsabilidades que murchasen o seu corpo atlético e as súas ansias de aventura e liberdade. Porén, agora que confirmara o embarazo negábase a renunciar ao bebé, quería telo. El disentía. Referiuse á gozosa materialización da súa carga xenética como a un lastre, unha hipoteca e unha trampa. Iso lle dixo, non sen antes chamarlle hipócrita polo feito de participar en tantas campañas contra a violencia machista e as leis a prol do aborto. Non volvería a velo. Sabíao, aquela estratexia xa a utilizara antes con outra. Chorou polo sentimento de perda dun xoguete caro, tan guapo e divertido como egoísta e perigoso; chorou pola sensación de burladora burlada; chorou porque desde o primeiro bico sabía con exactitude como era el en realidade e, con todo, decidira amalo.

Secou as bágoas ca manga. Algún día, pensou, falaríalle á criatura do seu pai e quen era ela en realidade. Algún día, cando acadase a idade de comprender, contaríalle a historia de cando mamá era aínda unha nena e a avoa, embrazada de novo, lle revelou que ela estivo a piques de non nacer. Explicaríalle que os avós, decidiran voar a Londres como turistas e practicar a “operación” antes de que a xente percibise o volume do problema que crearan. A fortuna, boa ou mala, tirou os dados e fixo que a nerviosa parella se perdera no rueiro indescifrable dos suburbios da gran cidade. Cando deron ca clínica, o médico, ou carniceiro, ou o que fose, atopábase abrindo en canal a outra vítima do embarazo non desexado. Bastaron uns minutos na sala de espera para cambiar  a súa decisión e o rumbo das súas vidas. Despois, para asegurarse, explicaríalle a ensinanza do conto: loitar por un dereito significa ter a posibilidade de escoller en liberdade.

Amancio Pampín

"MAESTRO"

Amigo merlo, son obriga hoxe unhas verbas pola miña parte nesta humilde páxina para despedilo...

Non están todos na fotografía, pero son unha boa representación dunha feliz etapa da miña vida como adestrador...

Mágoa ter que votar man dela para recordar e darlle o derradeiro adeus a un GRANDE co que tiven a sorte de atoparme, e que hoxe nos deixou para sempre...

"MAESTRO", era o nome agarimoso co que saudaba cada domingo no campo de San Lázaro a don Julio A. Mato, "Matito" para todo o mundo do fútbol de Noia e bisbarra...

Tempo dempois, o campo foi bautizado como "Julio Matito", con tódolos merecementos humanos e deportivos, pero non estou aquí para falar deles, e sí do seu exquisito trato cos rapaces e para conmigo...

Non era unha praza fácil a de Noia para os adestradores cando a directiva do Clube apostou por Óscar Rial e un servidor para coller as rendas do equipo e tratar de levalo a bo porto...

Pasamos por moitas vicisitudes, as malas déixaos no olvido...

As boas permanecerán para sempre na lacena da miña Alma, supoño que tamén na de todos os que formabamos parte daquela gran familia do CF Noia...

Mención especial para as charlas que mantiven co "MAESTRO", educado, positivo, enchéndonos de ánimos sempre...

"É un pracer vir os domingos ao fútbol e ver xogar este equipo, míster", eran palabras que repetía a miúdo, e que vindo del, aparte de incharnos o peito, somos humanos, eran combustible para continuar con máis fe o traballo.

De ben nacidos é o ser agradecidos, Xocas. Alá onde se atope, de seguro estará feliz de ler as túas verbas.

Merliño, foi un pracer grande o habelo coñecido, que a terra lle sexa leve.

Ata sempre, "MAESTRO"...!!


O Paraíso existe 



                                   

                                                                     Xaquín Miguéns Ces

VIAJE NOCTURNO


Para él no había nada mejor que la cena de Navidad, la excusa para cocinar con todo tipo de ingredientes, herramientas y cacharros. Siempre nos sorprendía con recetas exóticas aprendidas en sus múltiples viajes.

Con la comida aún en el horno, escuchó gritos y lamentos en casa de sus vecinos.  Avisó a su mujer, le cedió el delantal y salió sin saber no regresaría hasta el día siguiente.

Fue el pequeño Moussa quien le explicó que la familia quería visitar a sus abuelos, a los que aún no conocía, pero el coche papá estaba muerto y sus vuelos a Dakar perdidos. Él no lo pensó, sacó las llaves del bolsillo y cogió una de las maletas. Lo siguieron como en un sueño hasta el garaje, arrastrando sus valijas sin saber que decir.

Mientras conducía camino del aeropuerto les contó como, de joven, se estrelló contra una roca en el desierto de Namibia. En plena noche, en medio de la nada, magullado, ensangrentado, sucio, sin dinero ni agua, se internó en la oscuridad alejándose del todoterreno en llamas. Seguía vivo gracias a un pastor que divisó el fuego en la lejanía. Lo encontró deambulando, más muerto que vivo, y lo transportó en su destartalada camioneta hasta un hotel de cuento, una lujosa fortaleza de altos y gruesos muros que custodiaba un perdido oasis paradisíaco. El director, aún sabiendo que no le tenía ni un dólar, se hizo cargo. Una vez repuesto, el propio gerente lo trasladó a Windhoek en avioneta.  

―¿Por que me ayuda? ―preguntó a su benefactor al despedirse.

―Seguro que, si me pasase lo mismo en su país, usted también me auxiliaría.


Amancio Pampín


MADRUGAR


  Levantarse co abrente non é unha obriga, dime sempre o Amigo merlo.

  Por certo, hoxe non se escoita seu trino nas Brañas, el o perde...

  Dixéronme que cunha xílgara e os "Últimos de Filipinas" estaba aínda no campo da festa, votando uns bailes e dando conta das penúltimas cervexas...

  Pobre frac, gravata dubido que teña logo de sete días fóra do niño, polo menos do que ten ao pé da graneira...  

  Onde vai que escentilaron as bengalas iluminando a praza de Castelao e soou a Rianxeira...

  Cóxegas na Alma...!!

  É probable que necesite sete máis para deixar afinada a gorxa, o del é a troula, non ten remedio.

  Quizais teña razón o condenado e votar  o pé fóra da cama coas primeiras luces non sexa unha obriga, pero non facelo sería un pecado...

   Renunciar a un amencer coma o que tiven a sorte de ollar hoxe dende a miña privilexiada atalaia sobre o Val de Rosalía xamáis mo perdoaría...

  Pode que o corpo as pague e o sono se apodere del máis cedo, pero a Alma sempre vai agradecermo...

  MADRUGAR paga moito a pena, merliño...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquín Miguéns Ces

LA POESÍA

 La poesía no distingue pobres ni ricos, la poesía sale del pueblo para el pueblo, del corazón para todos.

La poesía es el sentir del ser humano hacia el universo, hacia la flora y fauna, hacia el planeta.

La poesía es dar amor sin pedir nada a cambio, es acordarse de los necesitados, de los privados de libertad, de los enfermos, de los que sufren maltratos, de los humillados, de los vagabundos.

De aquellos que no encuentran la paz consigo mismos ni el camino de la vida.

 La poesía es amor universal.

¡Vivamos la poesía y seremos felices!


Miguel Alberto,2023


NOITE N’O CAIRO


«Isto non pode ser tan malo», pensei mentres a moza loira e o seu bebé abandonaban o aeroporto soas e de madrugada. Por momentos, tras pasar o control de aduanas, a miñas ganas de aventura en Exipto transformáranse en indecisión e dúbidas. O medo traidor xermolaba agora aboado polo catastrofismo dos noticiarios que, nos meses anteriores, inundaran os canais de televisión con escenas de disturbios, incendios de edificios gobernamentais e manifestacións revolucionarias que demostraban a vontade, unidade e compromiso dun pobo reclamando democracia e liberdade.

Un falangueiro taxista ao que só entendía “Iniesta”, “Messi” e “Barça”, conduciume ao hotel, no barrio de Heliópolis. Tras completar o Check-in, o recepcionista informoume en inglés que o restaurante estaba pechado a esas horas, pero podía tomar un sándwich no bar de la azotea.

Acomodeime na terraza solitaria, a carón da piscina. A brisa da noite traía consigo ritmos musicais acompañados de animadas voces xuvenís celebrando a vida en una noite en Ramadán. O camareiro explicoume que a algarabía procedía dos cafés próximos mentres sinalaba un centro comercial coroado por una pirámide de cristal. Logo, aproveitando que estábamos sós, preguntoume si eran verdade as novas preocupantes que chegaban de Europa. Os informativos internacionais só falaban de incendios de coches en París, de protestas do 15-M en España ou de altercados e saqueos en Inglaterra. Confesou que desexaba viaxar e visitar a seus irmáns emigrados, pero parecía perigoso.

Amancio Pampín




martes, 12 de septiembre de 2023

A CORDURA DA FELICIDADE

 

  Pideume o merlo unha larpeirada cando ollou a fotografía, latexáballe o corpo...

  Deberá conformarse cun anaco de pan de Carballo, de trigo e centeo con uvas pasas e noces, se vou a Padrón ao mercadiño...

  Ou esperar a que as pipas do xirasol maduren, e semella que aínda non lle caeron tódolos dentes de leite...

  A Natureza ten un ritmo que todos debemos respetar, o merliño o primeiro...

  A música da Natureza faime cóxegas na pel da Alma. Falar de algo tan sinxelo, e complexo a un tempo, como é o florecer dun fermoso xirasol, provócame unha emoción especial nos sentidos...

  Seguramente algúns estarán pensando que teño a cabeza chea de páxaros, levarlles a contraria, Amigo merlo, non paga a pena. 

  Xaquín, tod@s nacemos cunha pinga de tolemia, que aburrida sería a vida sen ela. 

  Merliño, a miúdo escoito cantar que a locura é A CORDURA DA FELICIDADE, que de nada valen os ollos se a Alma non quere ver o que a nai Natureza nos pon diante.

  Amigo Xocas, só quero puntualizar que @s loc@s de atar con camisa de forza temos unha Alma inmensa, cada quen pense o que queira.

  Traxe, gravata...larpeirada...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                   Xaquin Miguéns Ces

A NOSA LINGUA


A lingua non morre

por mais que a denigren

as hordas fascistas

en nome do imperio


a lingua está viva

i a nosa cultura

de este gran pobo

que tanto loitou


a lingua perdura

nas nosas aldeas

na xente do mar

i na emigración


a lingua de Cela

de Curros Enriquez

de Manuel María

Castelao, Rosalía...


a nosa gran fala

tan rica en gramática

de meloso acento

sempre vencerá


a lingua dos pobres

dos nosos ancestros

milenios de historia

orgullo da Patria!


  Miguel Alberto,2023


GOTEIRAS GROSAS


  Camiñaba pola ponte sobre o río Te allea ao espectáculo de cores que o sol representaba na Ría...

  Será feliz, merliño...?

  Pode que nen ela o saiba, Xaquín, dime o merlo mentras ollamos pampos o solpor no Paraíso.

  Amigo merlo, agora que ninguén nos escoita,  direiche unhas preguntas que me fago cando observo a reacción das persoas diante da nai Natureza, non sei se porque son un psicólogo frustrado, ou como din aquel@s que escoitan nosas conversas, teño de verdade unhas pingas de tolemia :

  Mostra sorpresa ollando un abrente...?

  Voará o seu maxín diante dun arco da vella...?

  Mirando un solpor, escatálanselle os ollos ou pasa indiferente...?

  Axeónllase diante do Gran Templo da Natureza...?

  Sorrí diante dela...?

  Podería seguir, merliño, neste caso non fai falla...

  Ante o espectáculo que ten diante pasa  mostrando unha total indiferencia, nen un sorriso nos beizos.

  Para axiña, Xocas. Sorrisos e Natureza sempre presentes no teu xeito de ollar a vida.  Daí a tratar de saber se unha persoa é feliz a través dun solpor e un posible sorriso vai un bo treito...

  Se unes a elo o tipo de conversas que mantés conmigo, fala ben ás claras de que, cánto menos, Xaquín, tes unhas pingas...

  GOTEIRAS GROSAS, diría...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                                    Xaquin Miguéns Ces


PRAIAS DE AROUSA

 Na querida Arousa

envexa de alleos

aquí atopei

a tranquilidade


nas miñas tristuras

achégome á Ría

buscando o consolo

que me faltaría


na túa riveira

ou fermosa praia

atopo o reposo

para meditar


alá no solpor

a carón do mar

encontro o momento

y a solas...pensar!


Na noite de lua

no meu divagar

escoito o silencio

coas olas do mar


é nas madrugadas

ollando para tí

diviso golfiños...

mil especies máis!


  Miguel Alberto,2023


CAVIAR

 

  Leva un tempo desaparecido o merliño...

  Díxome que necesitaba unha reparación e saíu voando fai días...

  Contáronme que o viron papeando bacallao pola "Terra dos Patricios", unha das súas grandes debilidades...

  Tamén que xa voltara, pero que decidira non dar señais de vida polo niño e continuar a rebilitacion nos asteleiros do Paraíso...

  Quizais pensando que era un bo xeito de pórse a tono para unha "Juadalupe" que xa peta na porta, pobre de quen non teña as cadernas preparadas para tanta troula que nos espera...

  Saín onte á tarde a dar un paseo pola ribeira para ver se escoitaba seu trino. Axiña o atopei,  a póla dun vello carballo a carón do asteleiro dáballe acubillo a seu canto...  

  Sabía que estaría preto ollando o solpor, é un sibarita...

  Amigo merlo, estás de espectador ou en "estambai" para reparar as alas no asteleiro...?, pregunteille para rachar un xeo máis imaxinario  que real.

  As alas e o espíritu, Xaquín...

  Corpo e Alma sempre surcan xuntos as augas e o aire...

  A vida non é máis que a experiencia acumulada na travesía dos mares polos que navegamos e os ceos polos que voamos...

  O deterioro do Corpo por tódolos avatares sufridos, e a satisfacción da Alma polo disfrutado...

  Por tanto, Amigo Xocas, entrar no asteleiro a reparar de vez en cando é necesario. 

  Máis que necesario unha obriga, merliño. Ter a sorte de reparalas nos asteleiros do Paraíso,  coas festas da Moreniña na volta da esquina, é un privilexio, CAVIAR reservado a uns poucos... 

  Feliz rehabilitación teñas, larpeiro...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                  Xaquín Miguéns Ces

BUSCANDO AMORES

 Non busques amores

na noite de farra

toparás embustes

e falsas promesas


non creas promesas

de xente insegura

d´aqueles que minten

tentando engañarte


contando patrañas

de historias nefastas

alleas ó mundo

que nada che importa


non busques amores

de xentes que sufren

por mor dun divorcio

amarganse a vida


non xuzgues a xente

pola súa presencia

repara nos feitos

é logo pronuncia


non fales, escoita

as verbas dos sabios

aprenderás máis

se ficas calado!


  Miguel Alberto,2023