domingo, 26 de junio de 2022

BAILAR


 Cando a vida me invite a bailar, 

nun mar de reviravoltas,

apreixareille forte a man

pra que non me deixe solta. 


E ao me abranguer a cintura 

no roce liviá das costas,

deixareime levar por ela 

receo e vergoña fóra. 


E, peito con peito, coa vida

danzarei coma unha tola, 

entre arquexos e gargalladas 

saíndo en tropel da gorxa. 



Cando a vida me invite a bailar, 

que me atope ben disposta. 


        Silvia Figueiras Dovalo









                                                                                                      Laura Padín

AQUELAS FESTAS DE SAN XOÁN

 Estoupaban os primeiros foguetes a mañanciña cedo, eu aínda durmindo. 

Era San Xoán e había que lavar a cara con aquela auga que miña nai e miña avoa habían preparado con todo esmero o día anterior. 


Levaba tantos gloriosos hervajos que cheiraba a fragancia de alta categoría;  cerro os ollos e aínda recordo aquel cheiro inesquecible. 

Chegaban os gaiteiros a taberna de meu avo, e xa algùns veciños moi temprano metėndolle un grolo para comezar a festa como Deus manda. 

Tocaban os Rosales, os Pequenos de Tàllara, os Xaneiros ou quen lle cadrara, acompañados sempre do fogueteiro, que facían un recorrido festeiro e de alegría por toda a aldea. 

Algúns labradores pasaban malhumorados buscando o seu carro de vacas ou aparellos de labranza, que lle habían agochado os rapaces -como cachondeo tradicional-, na noite anterior, despois do jolgorio das fogueiras e queimadas da festa pagana, para espantar as bruxas.

Por a noite esperábanos a orquestra, a que tocara, para dar aqueles primeiros pasos patosos e dersordenados con algunha rapaciña que xa lle botáramos ben o ollo. 

De vez en cando íamos matar a sede con unha miranda de laranxa a aqueles chiringuitos da época, feitos con catro caneiras, con bloques de xelo nos barreñóns, e que sabían a gloria.

Alguns volvíamos a casa por as escuras que cubrían o camiñiño cheo de pedras; uns afortunados, collidos da man con algunha fermosa veciña, outros pensando si habería máis sorte nas seguintes festas.

Así eran aqueles tempos...












Lino Saborido Rial

PURA AUGA DE COCO, BOA PARA O RIL


A última xornada foi a máis longa. Saímos moi de mañá na traseira dun camión, reptando entre estreitos desfiladeiros, como gando que vai ao matadoiro. A media hora, na estrada xeral, o condutor do microbús agardaba por nós desde había dous días.

Pedimos facer unha última parada antes de chegar á capital. Condutor e guía, satisfeitos coa propina dada horas antes, aceptaron de boa gana. Deixamos a autoestrada en obras que, de xeito intermitente, aparecía e desaparecía.

Desta vez non acabamos noutra gasolineira defendida con armas semiautomáticas, como nun filme de “Mad Max”. Aparcamos ante unha casopa de contrachapado e cinc. Un letreiro improvisado, pintado anos atrás, anunciaba aquilo que foramos buscar: “Pura auga de coco, boa para o ril”.

O barman recibiunos cun franco sorriso medio desarborado. Eramos os primeiros gringos do día. Os primeiros güeros aos que estafar coa inflada tarifa para turistas que, cun pouco de sorte, mesmo pagarían en Dólares ou Euros, e non en tristes e depauperados Quetzais.

Pedimos oito lustrosos cocos, que sacou dunha barullenta e vetusta neveira. Con precisos machadazos de cirurxián, practicou unha abertura en cada froito para introducir unha palla de cores que, a modo de sonda, empregamos para drenar o doce néctar do interior.

O guía uniuse á rolda que formabamos. El bebía unha cervexa. A oitava do día, segundo as miñas contas.

—Deberiamos estar gobernados polos chineses, non cren? Viron a autoestrada que nos están a construír? Só os chineses traen o progreso. Todos os nosos presidentes non valeron un peido. E os yankies e europeos tratáronnos sempre como pailáns; rapinaron con todo a cambio de bagatelas. Un dos nosos gobernos ata renunciou a Belice pola construción dunha autoestrada ata o mar. Pois os británicos aínda nin un metro de asfalto puxeron.

—Ladróns! Fillos de puta capitalistas! —dixo alguén do grupo.

—Cabrones. vostedes enténdenme. Non nos mataron a todos, xa que alguén ten que cultivar o café, o banano e a palma para o aceite. E o que virá, coa maldita cobiza dos güeros; estafadores, maricas chingacabras, coleccionistas de froitas exóticas. Os maias crían que as persoas proviñamos do millo. Eu penso que somos froitas, carne procesada de centroamericanos explotados tras un envoltorio vexetal. Están a beber a suor dunha nación escravizada. Puro sangue fresco, bo para o ril.

Amancio Pampín Suárez

DOLOR DE AMOR

 

No pudo ser, y no ha sido

un amor de adolescencia

nunca me di por vencido

ha sido nuestra inocencia


no hubo, ni habrá jamás

una mujer en mi vida

que haya llenado mi espíritu

como tú lo has conseguido


sabiendo que nos amábamos

nos entregamos en alma

con amor y con pasión

al fuego desenfrenado


solo el uno para el otro

viéndonos a diario

yo veía por tus ojos

pues solo a ti te miraba


tantas veces paseando

unidos por el amor

sin decir palabra alguna

pues llegaban las miradas


me pregunté muchas veces

¿por qué se ha roto el amor?

nunca hallé la respuesta

querida, ¡yo me muero de dolor!

   Miguel Alberto,2022


MADRES UCRANIANAS

 ¿Cómo sobrevive una madre

cuando tiene que enterrar a su hijo?

sobrevive, de la forma más literal

porque su alma con él se ha ido


Siente su muerte como propia

su dolor, es tu dolor

es ahí cuando una lágrima rota

congela las ganas de vivir


Que injusta es la vida de esa madre

forzada en la pasividad de perderlo

sacando fuerzas donde ya no quedan

quienes te rodean no te dan consuelo


Ese funeral se hizo eterno

en medio de la iglesia está la madre

no hay religión ni Dios divino

que haga que su corazón pueda perdonarte


En privado desnuda su alma

dejando que el llanto moje su cara

se vuelve niña y no calla

porque le robaste la luz que la iluminaba


Pobre madre que en su locura

con su aliento calienta su cuerpo

lo abraza, lo envuelve, lo acuna

pero olvidó el día que fue enterrarlo


la realidad, no es la realidad

pues vive en sueño permanente

porque nunca aceptará su partida

ahora ama, llora, y luego muere.


Paki Espiño,2022


P. D. Dedicado a todos los padres y madres que injustamente tienen que enterrar a sus hijos.


lunes, 20 de junio de 2022

AS ÚLTIMAS PALABRAS

 Preocu-pábao a morte, coma bo exipcio, mais coa diferenza de que a súa estaba escrita, en caracteres gregos e latinos, con selos imperiais. Sentíase tranquilo, en paz, a pesar dos golpes e das ofensas dos soldados no santuario, requisando papiros e esparexendo ouriños e excrementos polo templo igual que animais sen entendemento.


O oficial, ao ler os cargos, acusouno de paganismo, bruxería e diversos actos nefandos. Logo, mentres os seus subalternos se divertían coma bárbaros en pleno saqueo, confioulle, a saber por que, a causa daquel proceso e proceder. Alguén na corte, de seguro un espía pagado pola man dun eunuco insidioso, descubriu que era a derradeira persoa viva que sabía ler e escribir xeróglifos. Desde logo, aínda se escoitaba xente falar aquela lingua antiga e decrépita; incluso nos barrios humildes de Alexandría, alarifes, criadas e amas de cría teimaban en empregala; e case seguro que aínda quedaban vellos nómades do deserto apegados aos deuses e ás caducas tradicións, pero ningún tiña o seu poder. O don das palabras debuxadas.


As ordes esixían trasladalo, vivo e con discreción, a Constantinopla. Xa na capital, os verdugos arrincaríanlle os segredos dos tesouros dos faraóns que, avarentos e desconfiados, soterraran por séculos na inmensidade do deserto. O oficial, nun raro e arriscado xesto de compaixón, entregoulle dúas moedas de prata para Caronte. O sacerdote non preguntou, e o militar non explicou, que lle lembraba o seu pai, aló na aldea, nas montañas gregas, que se bautizara por medo, pero seguía fiel aos olímpicos en segredo.


Subírono a empurróns á faluca. O barqueiro, un nubio armado sentado a popa, pasaba as contas do rosario indiferente aos asuntos dos pasaxeiros. Limitábase a agardar a orde de soltar amarras e poñer rumbo ao norte, á civilización.


Desde a auga, o sacerdote ollou por última vez os elegantes capiteis hatóricos que, durante xeracións, acolleran a fieis e viaxeiros naquel recanto paradisíaco do Nilo. Volveu pensar na morte: a diferenza de Osiris, non resucitaría tras ser despezado. A súa mirada cruzouse coa do barqueiro e soubo que aceptaría o pago por levalo ao Alén. Apelaría o Xuízo dos deuses: ante Anubis, o seu corazón, puro e livián, alzaríase fronte ao peso da pluma de Maat tras consagrar a súa vida a unha causa perdida, pero xusta. E Thot, deus dos escribas, anotaría as súas últimas palabras.



                                                             Amancio Pampín Suárez



CARACOIS DE BELVÍS

 Poucos días despois de coñecérmonos na entrega dun premio, Lupe Gómez mándame por correo o seu libro Caracois de Belvís, premio SELIC 2019. Ten unha fermosa dedicatoria, da que só vou destacar as palabras que se refiren directamente ao libro: Estes caracois que debuxan itinerarios de paz na paisaxe de Belvís, onde o rezo inaugura as fronteiras dun idioma novo. E destácoas porque quero comezar esta reseña aclarando algo. A miña primeira (e única ata o de agora) lectura deste fermoso libro estivo moi condicionada, sen que eu o determinase conscientemente, pola forte impresión que me provocou a palabra rezo nesa dedicatoria, pois engadiuse á conmoción que tamén me provocara (non o agardaba nunha poeta coma ela) algo que Lupe me dixera no primeiro correo electrónico que me mandou pedíndome, para a miña gratísima sorpresa (admíroa moito como poeta), o meu enderezo postal: Para min a poesía está cerca do canto relixioso, da oración misteriosa. Sei que hai outras moitas lecturas, propias e alleas, do libro, pero non puiden evitar lelo subliñando interiormente as numerosas palabras que teñen que ver coa relixión, entendida, non no sentido en que a Igrexa Católica a interpreta, senón no sentido en que a interpretaba Cunqueiro cando dicía que rezar quenta o corazón (Lupe di: Rezar, durmir cos ollos cheos de champaña) ou no sentido en que Faustino Rey Romero se autotranscendía no canto dun merlo (Lupe di : Rescatar peixes mortos / na estraña claridade da hedra) ou no sentido en que Wislawa Szymborska intentaba abrir as portas desas pedras que non tiñan portas (Lupe di : O sol era un trapecista abrindo fendas).


De feito Lupe dedícalle o libro ao pai dominico de Belvís pois, sen a súa presenza silenciosa, di, non sería posible o vento das súas palabras. Esas palabras dentro de cuxa pel, di ela, sangran as rosas. Esas palabras que, cando son mímica, tamén di ela, vibran como un abrazo de fe verdadeira. Esas palabras que, cando son silencio, caen como ladaíñas desde as ventás altísimas dos avións. Esas palabras que, cando son metáforas, golpean como puños as paredes do sol. Esas palabras que, traducidas ao silencio da igrexa de san Francisco, son unha flor de pétalos brillantes. Esas palabras que no confesionario son como bailar co leite branco nun cadro escuro de Vermeer. Esas palabras que beben os paxaros, como licor de framboesa, nas mans hipnóticas dos homes santos. Esas palabras que no convento de Santa Clara fan soñar coa claridade interior da escuridade. Esas palabras que en Galicia dormen no berce das verdades mortas. Esas palabras que cantan os santos nun alalá. Esas palabras de ardente paciencia na que desaparecen os caracois. Esas palabras que, na memoria, son unha carballeira de aves negras. Esas palabras que os frades rezan calados. Esas palabras que nos pide a terra cando parimos.


Porque ese o significado último desta obra na miña primeira lectura. Inaugurar as fronteiras dun idioma novo e sagrado coas palabras e os deuses gastados de sempre. Dito doutro xeito. Vivir na cidade rezándolle ao deus da aldea. De feito, na última carta que me envía, Lupe mándame a foto de María de Castrelo, a curandeira da súa aldea natal. A súa mirada, dime nesa carta, era un país cheo de cancións analfabetas, e revélame que un día, mentres lle facía unha entrevista, percibiu que María do Castrelo contestaba de forma serena, coa frescura do orballo que mollaba a súa liturxia de silencios abrazados, é dicir, co andar lento e paciente dos caracois de Belvís. Lupe di o mesmo, dunha forma fermosísima, neste libro que comento: Desde alí vexo horizontes de pan feito /coa arquitectura serena das aldeas. Porque, si, Lupe vive en Compostela, e pasea por ela, como ben testemuña e celebra este libro, pero desde alí, desde Basquiños, desde Belvís, desde esa catedral que é tamén unha rúa ou un barrio, mira a súa aldea natal, Fisteus, pois todo regreso é unha aventura, e mirándoa, autotranscéndese, como santo Agostiño, iluminándose coa luz sagrada da poesía dunha curandeira que, por analfabeta, nunca foi sabia, pero sempre, mesmo cando curaba, foi promesa, promesa escrita (iso é rezar) no papel pobre dunha parede negra: O paraíso canta cos puños felices / dunha nena morta.


A esa nena rézalle Lupe neste libro, e rézalle con ela, autotranscendéndose, o lector. Porque ese é, ao meu entender, o sentido último da súa poesía, ese sentido que revela esta cita de Agata Kristof que ela mesma me enviou noutra carta posterior, e que debe ser valorada recordando o profundo amor que Lupe sente polas cartas: (De nena) Eu non podía imaxinar que puidese existir outra lingua, que un ser humano puidese pronunciar unha palabra que eu non comprendera.


Si. Os caracois de Belvís está escrito cun galego divino que xa existía antes de que os sabios construíran a torre de Babel.



                                                                   X. Ricardo Losada

CUANDO NO TOMAS UNA POSTURA EN CONTRA DE TUS POLÍTICOS, TÁCTICAMENTE LOS APOYAS

"La llamada que vas a realizar es una llamada fuera de tu cuota de Tarifa". 

 O sea, que vas a pagar a mayores de tu cuota mensual por esta llamada en un número telefónico que te ha facilitado un contestador automático, en donde nadie te contesta personalmente. 

Esa explicación habitual del contestador automático en administraciones como el Sepe, Seguridad Social y otros organismos del Estado, normas ya de un fascismo "escondido".

Vivimos en una sociedad manipulada por los políticos corruptos de turno que están a cargo de las administraciones, y también les importa un comino que te den una cita dentro de uno o dos meses. 

Te deniegan una solicitud y te obligan a contestar antes de los treinta días, en cambio ellos te pueden volver a contestar pasados tres o cuatro meses -si lo hacen algún día-,  y te dan otra opción: ir al juzgado, o tomarte una caja de barbitúricos, o colgarte de una cuerda. Matan el perro y se acabó la rabia. 

Así funciona este país al que dejamos funcionar como a ellos les salga de las bolas, con una inflación terrible, el petróleo y la luz desorbitados, y el precio de los los productos que no hay quien pueda soportar. 

Y lo peor está por llegar, cuando la ultraderecha (o los nazis) ocupen más España. En fin, sigamos sentados esperando a quien quite "estas castañas del fuego", y sálvese quieren pueda. 

"Muchas son las leyes en un estado corrompido".

LINO SABORIDO.





REFLEXIÓN...EMOCIÓN

   É a Natureza, coa aula sempre de par en par aberta, a máis sabia das mestras.

  Se sentes a necesidade de acudir á súa escola, co ánimo de captar imaxes fermosas,  non te esquezas de levar a cámara...

  Pero, sobre todo, leva a Alma contigo.

  Unha boa foto non se fai con só apertar un botón, séntese moi adentro...

  É o resultado,  querid@ AMIG@, dunha vibración interior, da máis profunda EMOCIÓN dos sentidos...

  Da linguaxe do corazón e da Alma, transformada en música e poesía...!!



                                                               Xaquín Miguéns Ces

LA SIMPÁTICA DE TURNO



Querida maestra de la lírica,
de inteligencia matemática,
de sonrisa digna de 
nominación al Óscar.
Tengo en casa varios
espejos
y en el armario
distintas tallas
para  la medra
y  la mengua .
Así que sus observaciones
hacia el cuerpo
de mi persona 
no me bajan de las nubes 
ni me arrastran  a la  realidad.
Podría usted  recomendarme
un gimnasio
y yo poner en sus  manos
un anti arrugas ,
porque a la velocidad 
que ensancha mi barriga
se le achucha a  su beldad
esa cara  de marisabidilla.
Quede pues aquí expuesto
que no son molestos 
sus piropos
pero que en educación
se gana un cero .


Mano Figueira





















ALMA

 Quiero escapar de todos

escapar de la vida

escapar del tiempo

pero no consigo escapar de aquí


cuanto más lo intento

menos lo consigo

pues a cada paso

estoy más cerca de tí


la muerte te arrebata el alma

muerde donde más te duele

y aún así

tienes que seguir


no quedan los caminos

que no dejan huella

todo lo vivido

todo lo que hay que vivir


no te vayas madre

del fondo de mi alma

déjame guardarte

¡sólo para mí!

  Paki Espiño,2022

MADRE SOLTERA

 Un Ángel perdido

buscando cobijo

y un amor incierto

para el futuro hijo


más tú, no te rindas

lucha y sé valiente

por ese Angelito

que vive en tu vientre


grandeza de madre

puedes presumir

criarás tu hijo

aúnque falte el padre


ser madre soltera

es lo más hermoso

y lo más valiente

que haya existido


con todas tus fuerzas

lucha y sé tenaz

al final del túnel

tú...vencerás


no existen palabras

para pronunciar

el amor que sientes 

cuando eres mamá


y cuando ese Ángel

llegue a este mundo

te sentirás plena

¡de haber dado a luz!

  Miguel Alberto,2022

lunes, 13 de junio de 2022

AQUELLOS TIEMPOS DE CONFESIÓN

 Aquellos domingos que acompañaba a mi madre a la iglesia cuando era niño, y la veía a ella y sus vecinas arrodillarse en el confesionario, me traumatizaba en exceso. Creo que pensarlo hoy, mucho más. 

No entendía que aquella mujer tuviese que confesar algún pecado, después de estar a las órdenes familiares toda la semana, cocinar, lavar ropa y cientos de calzoncillos, criar a cuatro torbellinos y demás labores sin descanso. Me producía una extrañeza sin límites todo eso.

En mi primer y última confesión, me quedó aún más impregnado el trauma y la burla de mis amigos. 

Era el día de mi primera comunión, todo guapito, elegante con mi crucifijo colgado, vamos, como para ir a la crucifixión. 

El cura era tartamudo y yo apenas le entendía sus preguntas. 

De tantos tirones de orejas por no contestarle correctamente, me quedaron las orejas como dos pimientos rojos para todo el día. 

Yo llevaba ya preparado mi repertorio de arrepentimiento y respuestas:  He pecado contra el sexto mandamiento (No  cometerás actos impuros), y así alguno más. 

Pero el cura parece que quería detalles más exactos y yo no estaba por la labor. 

Al final del tirón de orejas me absolvió con exigencias:

Reeeeza diiiidiiiez aaave mamarias y cincinco papadre nununuestros. 

Cuando mi abuela materna contempló mis orejas al llegar a casa y le expliqué los acontecimientos,  gritó en voz alta:

"Malditos curas hijos de la gran puta. Aliados con los franquistas para matar a tu abuelo después de acabar la guerra. Que se quemen en el infierno. 

No te confieses más en la vida". 

“Dios mediante, haría como las gentiles marquesas de mi tiempo que ahora se confiesan todos los viernes, después de haber pecado todos los días.”

(Valle Inclán) 


.

           




                                                     Lino Saborido                                                                                                                                                                               


FRAGUA ÍNTIMA

 

Mentres tomo un vermú na terraza da praza da Igrexa en Rianxo, aparece de súbito Pascual, un bo amigo. Dáme un libro, e dime: Compreino o outro día nunha librería de vello en Madrid. Non o coñecía. É A fragua íntima de Rafael Dieste, un libro no que Arturo Casas reúne os aforismos que o autor rianxeiro escribiu entre 1926 e 1975. Non llo digo a Pascual (non todo o mundo goza con este tipo de coincidencias), pero o primeiro que penso é que aquela praza chámase oficialmente praza de Rafael Dieste. E non podo evitar desviar a vista un pouco á esquerda do corpo de Pascual e albiscar a casa na que naceu, viviu e morreu o autor rianxeiro.


Había tempo que non lía os seus aforismos e temín, por se me decepcionaba, volver abordalos. A miña sensibilidade lectora cambiou moito. Agora son máis lector de narrativa que de ensaio, e selecciono moito as lecturas estritamente filosóficas. Así que tardei uns días en pórme a ler o libro. E, efectivamente, os meus temores confirmáronse co primeiro texto, Alas que se nos dan con la palabra, no que Dieste escribe doce páxinas con ese estilo entre filosófico e poético, moi na liña de María Zambrano, que sempre me deu a impresión dun certo exhibicionismo formal. Por exemplo: Pero el poeta sigue queriendo decir lo que no se pudo, a consecuencia de lo cual se acrecientan los poderes y, sobre todo, se desatan las fuentes; sigue queriendo dar nacimiento a las palabras heredadas para sentirse nacer de ellas (eso, lo uno y lo otro, es heredarlas) y no como resucitador, sino como viviente, con esa profunda naturalidad del querer decir, y que, creando, pone a la vez de manifiesto la inmediata actualidad de lo creado, de lo que visto sólo a la luz del uso suele llamarse producido.


Gústanme as frases fermosas, por suposto, pero non me gusta, nun filósofo ou nun ensaísta, a sensación de que, máis que comunicarse comigo, está intentando escribir bonito. Supoño, xa digo, que será defecto da miña sensibilidade, pero non podo evitar ler textos desa índole sen pensar que o autor, máis que conversar comigo camiñando, como me gustan a min que sexan os ensaios filosóficos (Platón, Montaigne, Nietzsche, por exemplo), está esixíndome que o admire sentado calado e abraiado mentres el se move nunha pasarela de moda filosófica. Como di o propio Dieste nun aforismo posterior: Non deformar o que se ten que dicir, na teima de se faguer ouvir. Exacto. Ese é o erro no que cae Dieste, ao meu entender, no citado texto.


Unha decepción, si, pero unha decepción momentánea.


Agás ese texto inicial, o resto do libro incluso superou as miñas expectativas. As intelixencias conceptual, ética e estética de Dieste (unha única intelixencia, como ben sabe calquera persoa intelixente) móstranse vivísimas neste libro. Pensamentos profundos, capacidade de equilibrar os paradoxos e as antíteses sen que perdan o seu carácter ambiguo e explosivo, capacidade de extraer o fondo erótico, mesmo humorístico (acaso non son o mesmo?), dos conceptos e, como en calquera outro autor clásico, unha enorme vixencia na actualidade. E abordando todos os temas que o obsesionaron ao longo da súa vida:


Metaliteratura: O conto é o remuíño que fan arredor dunha lámpada moitas volvoretas, todas mergulladas na mesma luz. Ou: No existe el género aforismo. Existe el estado espíritu aforístico.


9788412313697Filosofía: Mas no basta que el “sí” permanezca oculto en el centro de un “no”. En la evidencia de tal “sí” radicaría una fraternidad máis firme y de eficacia menos pasajera.


Psicoloxía e Estilo (para el, como para o seu admirado Nietzsche, son o mesmo): Orixinalidade, finura e dureza… Orixinalidade, sí. Pero hay que remar a compás.


Autocoñecemento: Non se coidar bo por ser somente sentimental.


Galeguismo: Non convertir a galeguidade auténtica, a que xa non cabe no corpo, en simulacro de galeguidade.


Ética: Non faguer do dereito unha leira.


Política: Se che toca mandar, que sexa en homes.


Pacifismo: Despois… A nosa paz será tan digna como unha guerra santa.


Teoría da arte: El color está detrás del color. Hay que verlo a través del color. Ou: La luz puede pescar descuidada a la sombra, para mostrarla (iluminada) como sombra.


Espiritualidade: Santo: el que es capaz de contemplar humildemente su propia bondad. Ou: La gratitud perfecta es el único milagro que le es concedido hacer al hombre. Ou: Dios nos pierde en el tiempo. Está perdido de nosotros. Como nosotros de él. ¡Salvémosle! ¡Esa es la salvación eterna! Ou: La Paloma se fía de su mundo, y orientándose en él no se pierde en el nuestro.


Estética: Entrar en una cueva es despertarla. Hay que tener cuidado. Ou: ¿Cómo pintar el canto? Pintando el cántaro, el cantor, lleno del canto como un cántaro.


E, enmarcándoos todos, estoutro que, ao meu entender, revela a fragua máis íntima da alma de Dieste: Verdadero equilibrio: no consiste en tener en cuenta la diversidad de intereses, sino en sentirlos todos como propios. Eso es reinar.


E, efectivamente, Dieste reina neste libro contaxiándonos ese entusiasmo, como o de Platón, o de Montaigne ou o de Nietzsche, que é herdeiro voluntario das verdades, as bondades e as belezas que, sendo diversas, senten como propia a verdade, a bondade e a beleza universais.


X. Ricardo Losada

REFLEXIÓN...GARABATOS

  O inverno da pasos lentos cara unha primavera da que tan necesitada está miña Alma.

  Asoma o sol no horizonte, sorrín as calas na horta, estranas cores sobre o ceo das Brañas, escoito cantar o merlo, que semella dubitativo e preocupado. 

  Asoma o sol sobre o Val deixándonos a imaxe dun ceo partido en dous cachos, poida que  queira decirnos algo...

  Inquedanza sobre nós, e luz de esperanza no horizonte...?

  Que complexa a  cabeciña e os GARABATOS que debuxa ás veces a mente, Xocas.

  Cousa do demo, Xaquinciño, decía a avoa Luisa, Amigo merlo...

  Pánico para os medosos, o ceo oscuro pesa moito nos seus débiles ombreiros...

  Unha luz no horizonte dos valentes, as estrelas, o sol unha delas, danlles a posibilidade de construíren niños de soños de esperanza.

  Teño dúbidas, Xaquín,  de que siquera para eles sexan agora bos tempos. 

  Querid@s Amig@s, o sol asoma tratando de facerse un oco, pero semellan apagadas as farolas dun futuro esperanzador, o ceo ten unha capota ameazante...

  Garabatea no horizonte a mente...!!



                                                              Xaquín Miguéns Ces

¡HÁBLAME, MADRE!

 

Háblame del Cielo, madre

dime cómo es, dónde estás

si a Dios has podido ver

si ya estás con mi papá.

 

Háblame, madre, esta noche

que yo te quiero contar

cómo me duele tu ausencia

y no poderte abrazar.

 

Cómo muerden los fantasmas

cuando los puedes mirar

te visitan por la noche

para tu sueño robar.

 

¡Malditos los carceleros

que crearon tu prisión!

ahora libre como el viento

a nadie debes sumisión.

 

    Paki Espiño,2022

FERMOSA PRAIA

 

No fermoso areal

vinte pasear

coa baixa marea

ibas de vagar

 

cual serea mariña

disfrutando do mar

agardando un rapaz

para poder ligar

 

naquela gran praia

da fermosa Ría

e de fina area

plena de alegría

 

ti, miña garotiña

con pasiño lento

na túa adolescencia

sedenta de amor

 

ordenando ideas

no teu divagar

ibas avanzando

no grandioso mar

 

na fermosa praia

seguías buscando

o amor perdido

que nunca chegou!!!

 

Miguel Alberto,2022

domingo, 12 de junio de 2022

ESE DÍA

 (Adicado ás persoas que sofren

de Alzheimer e a quenes ás coidan)


Cando fuxa a razón

cara o rumbo sen tornada

e no berce do extravío

adurmiñen as palabras.


Cando as cotiás tarefas,

sempre riseiras, doadas,

queiran tornarse teimudas,

por demáis enrabechadas.


Cando do almanaque esvaren

tanto os días coma as datas,

e na brétema, os recordos,

vagarosos se esvaian.


Cando aflore o receo

e xermole a inquedanza

e as máis queridas presenzas

resulten novas e extrañas.


Cando esmorezan os folgos

como as ondas se afastan

e, cal roseira, se agoste

a viveza na mirada.


Cando esquézalo meu nome

e tamén a miña cara,

de pétalos e de bicos

heiche adoviar a andaina.


Para ti tódalas risas

para min tódalas bágoas.


Silvia Figueiras Dovalo

lunes, 6 de junio de 2022

REFLEXIÓN...NARCISO

  Dinche algo os narcisos, as primeiras flores que te atopas polos arrós, presaxio da primavera, cando saes a dar un paseo polos arredores da aldea...? Hai xente que non ten aldea, Xaquín. Naceron e viven na cidade, e alí non hai arrós. Narcisos que nos chaman aldeanos a nós hai algún que outro, pero son calqueira cousa menos flores... Coido que ese non é un bó exemplo para a reflexión que queres deixar hoxe....Sube un solpor do Paraíso, que o sol ponse en tódolos lugares, e quizais así lle queden os dentes longos, que parece ser o que hoxe pretendes con ese tal "NARCISO". Amigo merlo, podemos ser da cidade ou da aldea, pero elo non debería estar pelexado coa boa educación e co que un sente. Decir que todo aquelo que desperte en nós sensibilidade, no meu caso ollar a Natureza, debe ter un trato especial, non creo que sexa motivo para recibir insultos e lindezas do tipo "non es máis que un p... aldeano", na aldea só hai esterco"... Pasalo por alto e bloquear ao interfecto, agochado nun perfil seguro que falso, sin foto, foi o primeiro que me veu á mente, pero penseino mellor e, xa que non quería caldo, decidín darlle dúas tazas cada día ata que deixe de mirar o que subo ou afogue por tragarse a bile que destila. Ignora, Xaquín, dígicho sempre. Non paga a pena desaproveitar un minuto de tempo respostándolle a un idiota. Andas agora mesmo alporizado cando deberías estar feliz, pues é sábado i espérache Xoel en Moraña para o partido... Allo e auga a quen non saiba apreciar o que digas, non é obriga ollar o teu muro. Fareille caso ao merliño, non vai conseguir un tonto arruinarme o finde... Déixovos un solpor marabilloso do Paraíso como o merlo me dixo, non coa intención de pórlle os dentes longos a ninguén, senón para que recargue as pilas da Alma quen o necesite... Querid@s Amig@s, mil perdóns e feliz finde...!!



                                                            Xaquín Miguéns Ces

TERRA GALEGA

 Desde Trives a Fisterra

toda ti es fermosa

es terra de boa xente

eres a terriña nosa.


Aquí naceron meus pais

a súa alma en ti repousa

aquí quixera morrer

cando me chegara a hora.


A miña querida Galiza

terriña dos meus abós

terriña dos meus fillos

terra do meu corazón.


Cando me alonxo de ti

sinto pena na alma

pois sin ti non son ninguén

levo o teu soliño na cara.


Galeguiña me sinto

galeguiña sempre serei

que os anxos me axuden

se non podo volver.


A brincar coa lua chea

a beber nas tuas fontes

dormir na miña aldea

a correr polos teus montes.


Paki Espiño, 2022



SI PUDIERA VOLAR

 

Si pudiera volar

me iría muy lejos

descubrir nuevas gentes

llevando la paz


visitar otros mundos

aprender sus costumbres

entregarles mi amor

hasta el fin de los días


de país en país

con mis alas al viento

sin odios ni guerras

volando sin más


si pudiera volar

llevaría el amor

a toda esa gente

que sufre el dolor


llevarle el placer

 y la diversión

aliviando sus penas

enseñarle a querer


y volando, volando

por montañas y valles

repartiendo cariño

hasta la eternidad.


Miguel Alberto,2022


viernes, 3 de junio de 2022

CARMIÑA

Quedas sola en el campo de batalla , 

las amigas están de retirada...

Pero no quisiera ser yo  la que a ti se enfrentara. 

¡Pobres las que piensan que sola vas a estar en desventaja , porque es ahí donde sacas tu fama!. 

¡Que tiemble el enemigo  aunque  sea tu superior! , 

¡ellos no saben hasta donde alcanzas! . 

De fuerza vas sobrada

la tenacidad es tu inquilina

y la perseverancia 

tu alma.

¡Que tiemble el enemigo

que subestima

tu garra!.

  Mano Figueira