domingo, 30 de mayo de 2021

REFLEXIÓN...SORRISOS

 Domingo...

Adormichado aínda, e medio pampo, sorrío mentras ollo como o Val vai espertando...
Sorrisos e Natureza, sempre co mesmo, dirán aquél@s que nen senten, nen padecen, nen ollan nen escoitan.
A perfecta simbiose, digo eu, o tolo que cada mañá axeónllase diante do Templo da Gran Nai para escoitala...
Fálanme os amenceres, os solpores, mesmo os páxaros e as flores...
Tes unhas pingas soen decirme, como pouco, porque madrugo para ollar como o sol prepara a paleta, colle o pincel e comeza a colorear de amarelos e azuis as Brañas...
Porque son quén de sentarme sen facer nada, só ollando a Ría na espera de que o astro rei, xa enriba do Barbanza, me diga mañá volto, mentras remata de colorear o cadro...
Porque digo que charlo cun merlo que me da sabios consellos, a deus grazas...
Son algo máis que pingueiras, son sentimentos que de moi dentro saen voando...
Mentras saian, Amigo merlo, cabalgamos, que diría o famoso e fraco fidalgo...
Domingo, querid@s Amig@s. Esperto...
Traxe, gravata...
Píntase de amarelos e azuis o Val...
De SORRISOS a Alma...!!



Xaquín Miguéns Ces

AMAREITE

 

Amareite na distancia

agardando a decisión

que me entregues con orgullo

ese teu gran corazón

 

amareite con dulzura

con respeto e sentimentos

polos días infinitos

e esas noites de placer

 

amareite flor de Maio

non quixera enloquecer

por esa dulce fragancia

que emana do teu ser

 

amareite de por vida

contra ventos e mareas

amareite eternamente

deica o final dos meus días

 

amareite hermosa dama

nas longas noites de inverno

nos días de primavera

no caluroso verán

 

amareite porque sí

porque te levo na alma

sin ti non podo vivir!

que sería enton de min?

   Miguel Alberto,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (35)

 

  Manoel, ti andas n´o monte co-a roupiña escalazada: dèijate, Manoel andar; quen mal anda, mal acaba.

 

Mi madre visteu de loiras; eu loiras n´as pòdo ver, de Tarazona ou Segovia, o mantelo ha de ser.

Mans que non dades, qué buscades?   (cant. Populares)

 

O que paga a criados e n´os vai ver venda o que tèn para os manter.

Vaca de mòitos, bèn mojida e mal mantida.

A mòita manualidá è causa de menosprecio.  (ditos populares)

 

Miña Santa Margarida; Miña Magarida Santa, tèndela casa n´o monte, dond´o pajariño canta.

Mariñeiro quèro, madre; mariñeiro m´han de dar; se non me dan mariñeiro, solteira m´hei de quedar.

Por cantar e´star alegre nunca se perdeu ninguen, pérdese por marmurar a vida de cada un. (cant. Populares)

 

Cantaràn o Mayo, inzador d´amores, po-l-o campo gayo vèn botando flores.(gayo: paxaro semellante o melro)

Vinde oir homiños; vinde oi-l-o Mayo; que c´os meus meniños cantiguiñas trayo.

  (A. de la Iglesia)

 

A mazan que ti me deche non a comin nin a dei; lèvoa n´a faltriqueira, por che non perd-l-a ei.

Voume por aquí abaijo, fiando n´a miña ròca, a teiña ja´sta urdida; fàltam´unha mazaroca.  (cant. Populares)

   Jesús Guimarey Mascaró,2021

EL RETORNO

 

¡ Es duro!. La reincorporación al currelo, el regreso a la lucha por el pan, el despertador, ir a contrareloj, los nervios, la ansiedad, las regañinas, las interminables ocho horas diarias, es@s compañer@s, las responsabilidades, la monotonía...Es duro pero, ¿qué quieres que te diga? Están las risas por cualquier tontería surgida a la mínima ocasión, las miradas comprensibles de quien odia como tú el peloteo y l@s pelotas, esos minutos escasos de descanso y vamos de nuevo al tajo y ,sobre todo, la tremenda gratificación de ganarte tu sueldo y tu puesto. ¡Vale!. Olvidar todo lo escrito, lo que hay aquí y ahora es una mujer que acaba de superar el primer día del año, que llegó a casa rota y entumecida por el frío y que busca desesperadamente un motivo, causa o justificación para poder seguir un año más sin volverme loca!!!

   Mano Figueira,2021

AÑORANZA

 

No hay suficiente distancia

para reparar el deseo

de volver un día a verte

de volver un día a tu cuerpo

 

soñar sin cerrar los ojos

¿soñar? estaba despierto

volar sin tener cadenas

que te sujeten al suelo

 

El Cielo será inmenso

si en tus ojos puedo verlo

será el amanecer más dulce

si me despiertan tus besos

 

esos besos que me guardo

aquí muy dentro del pecho

esos que nunca te he dado

que solo son un recuerdo

 

pero tú, siempre serás

ese sueño escondido

que al amanecer se esconde

y en la noche duerme conmigo.

  Paki Espiño,2021

CAMIÑANDO

 

  Camiñando por corredoiras

tamen pola veira do río

entre ameneiros e frondosas

para chegar pronto o muiño

 

cargada coa panela e un alegre cantar

a mulleriña vai chea de frío

apresurada por chegar

e  moer un pouco millo

 

cantos dias de molladuras

facendo camiño para ó muiño poder chegar!

cantas noites longas e escuras

por unha pouca fariña poder amasar!

 

unha fogueiriña quenta o forno

que o pan vai cocer

calorciña que aproveita o pequeno para se quentar

tan pouquiña cousa hai para poder comer!

 

Camiñando, camiñando

vai pola veira do río

e apresurada para pronto chegar

poder ver o seu amoriño...

 

entre corredoiras e frondosas

pola veira do río facendo camiño

en noites longas, frias, chuviosas

coa panela na cabeza e un pouquiño millo

 

cantas penurias e cantas tristuras

que non fiquen no esquecemento

os camiños cheos de maleza

dos pobres anos vividos.

  Mingos Ríal,2021

domingo, 23 de mayo de 2021

QUERIDOS MOCOS

  Ao rematar de ler o pequeno ensaio de Wystawa Symborska Os pés do príncipe, por non falar doutras partes do corpo, decidín ver de novo As amizades perigosas de Stephen Frears, coa fin de comprobar algo que a poeta polaca comenta sobre as películas que tratan de recrear o século XVIII. Tras constatar que o atrezo e os interiores adoitan ser fidedignos, di: “Porén, ningún dos directores se decidiu aínda a mostrar o lixo, os eccemas, os herpes e a sarna, as pústulas infectadas a consecuencia dos sucios dedos do barbeiro, e finalmente, os piollos que, durante as encantadoras ceas baixo a luz das velas, debían caer unha vez tras outra na sopa de alguén. Supoño que unha película así resultaría insoportable. As escenas heroicas ou amorosas, en lugar de conmover, farían vomitar ao espectador de hoxe…”. Wystawa refírese a que nesa época a hixiene persoal deixaba moito que desexar, convencidos como estaban de que a auga era a culpable das epidemias e enfermidades.

     Pois ben. Vendo de novo As amizades perigosas nin vomitei nin tiven arcadas nin, moito menos, sentín asco. Conmoveume (aínda que este verbo sexa pouco apropiado para unha película tan cínica) como a primeira vez. Pero iso non quere dicir que a previsión de Wystawa fose equivocada. A película é tan boa que non fun capaz de pensar en lixos, eccemas e piollos. Minto. Ao principio si fun capaz, pero en canto apareceu Michelle Pfeiffer foime imposible darlle á película un verniz porcalleiro. O inmaculado recordo que deixara durante moito tempo aquela muller na miña mente tras ver por primeira vez a película impedía calquera intento nese sentido. Que un piollo caese do pelo de Michelle Pfeiffer era tan inverosímil como que caese un demo do ceo.

     Pero hai outra razón que explica esa incapacidade. O lixo e demais aliados porcalleiros non me producen asco porque vivín condicións hixiénicas moi similares ás do século XVIII. Compróboo con frecuencia coa miña muller, á que lle levo máis de dez anos e que naceu noutras circunstancias. Así, para ela, palabras como merda, mocos ou piollos son palabras feas, e prodúcenlle certo asco. Eu, desde logo, prefiro que as realidades ás que fan referencia esas palabras estean lonxe dos meus sentidos, pero ás palabras en si, que asocio coa miña infancia, téñolles moito cariño. Na miña casa conviviamos acotío coa merda que xerabamos durante meses, sen que a corte estivese insonorizada e incheirada, como me dixo unha vez un alumno cando llo contei; cos mocos conviviamos durante horas, e moitas veces acababamos coméndoos, non por gusto, senón porque era máis hixiénico que collelos coa man. E que dicir dos piollos? A muller, que non viu un na súa vida, imaxínaos con cara de asco. Eu, que vin uns cantos, recórdoos como uns bichiños moi simpáticos, aínda que só fose pola graza que me facía ver como alteraban os nosos pais uns seres tan minúsculos. Pásame algo parecido cando veño suado de correr e pretendo darlle un abrazo á muller. Sinálame a porta do baño. Por suposto, non vou criticala. Pero, para que non se ofenda, gústame dicirlle que miña avoa non se lavaba nin cambiaba a roupa en meses, e o seu regazo era, despois do de miña nai, o que máis me gustaba.

X.Ricardo Losada

REFLEXIÓN...A MIÑA MÚSICA

  "O corazón ten razóns que a razón descoñece". (B. Pascal)

Domingo...Esperto co extraño sentimento de que fáltame algo...
Só vemos co corazón e voto de menos a Ría, esa gaiola dourada da que montes, ríos, ceo, mar, árbores, páxaros conforman seus imaxinarios arames...
Cadeas emocionais nas que están encerrados os ollos da miña Alma.
Son esas razóns que fan que meu corazón latexe desbocado, que me teñen atrapado, pero libre para emprender o voo dos soños cando o desexe...
Son ese cartafol de cores subido nas alas, no que voa a sinrazón da imaxinación...
Ese escoitar o silencio da beleza, a voz da Natureza, o armonioso canto do merliño e seus consellos que tanto necesito...
A paixón e o sarcasmo da querida xílgara, a variña máxica chea de fantasía do Amigo Nuco...
Ese mar ao solpor, reflexo dun ceo azul e dourado...
O sentimento de estar diante dun cadro coa música pintada nun pentagrama imaxinario...
Só vemos co corazón e voto de menos a Ría...MIÑA MUSA.
Querid@s AMIG@S, é domingo...Traxe, gravata, paseo por algún dos seus marabillosos recunchos...
Sen éla, para min nada é o mesmo...!!




Xaquín Miguéns Ces

LA MIEL DE TUS LABIOS

 

  La miel de tus labios

me absorbe el aliento

y tu dulce boca

me cautiva el alma

 

en esa simbiosis

de amor y pasión

me dejo llevar

por tu corazón

 

volando sin fin

en mis pensamientos

unido a tu cuerpo

de tanta belleza.

 

Por el amor y la pasión

me dejo llevar

pensando en ti

si dejo o no

abierto el corazón,

lo dejo abierto

para que entres

pero cerrado

para que no salgas

así teniéndote dentro

de salir...

no tendrás ganas,

.Octavio y Melisa 2021

CUANDO TE VI

 

  Te vi sonriéndote a ti mismo con esa luz en tu mirar capaz de eclipsar al mismísimo lorenzo en hora de máximo resplandor, tu pelo estaba alborotado por el viento y tu mirada perdida se posó con fuerza en la mía, me la sujetó, me embriagó y bajó mis defensas una a una sin cuartel. Me quedé allí paralizada en medio del parque sin poder escapar  mientras te acercabas a mí con paso firme y decidido. En segundos mi cuerpo antes helado empezó a entrar en calor, no sé si por la vergüenza de ser pillada observándote o por lo inevitable del encuentro. Cuando te paraste a mi lado, tan cerca que podía respirar del aire que exhalabas, la piel se me erizó y todos mis sentidos estaban pendientes de ti, tu voz sonó como una puerta sin engrasar desde siglos atrás, tan chirriante y escandalosa que borró la imagen que de ti se me estaba formando en mi cansina imaginación para arrastrarme a la cruda realidad de tu pregunta...”¿es que no sabe usted leer, que está encima del cemento fresco?” De allí salí con viento fresco!!!

  Mano Figueira,2021

Á NOSA GALIZA

 

Galiza e terra de mil conventos, onde habitan sapos e bruxas, as igrexas cóntanse por centos onde se abrigan tamen as curuxas, Galiza e verde prado, os nosos ríos, o monte extenso, o mar, peixe recien pescado, praias cheas de marisco fresco… na nosa terriña o podes dsifrutar.

Galiza son as nosas fontes e muiños, tamen as fermosas Rías, corredoiras e fondos camiños, tamen os nosos castaños e carballos, toda ela chea de segredos e misterio, como a nosa santa campaña que solo era xente con candelabros encendidos. Galiza e terra, monte e mar, son veigas e verdes prados, por toda ela podes camiñar. Vista desde os nosos campanarios co seu orballo, a súa chuvia de treboada, o seu sol no mes de Maio, a terriña que por auga alenta toda ela chea de sentimento, marisco cheo de frescura dos nosos mares coa súa bravura. Galiza e  a morriña que levo dentro.

 P. D. Adicado as nosas letras galegas e á nosa terriña onde vivo e quero morrer.

       Mingos Ríal,2021

COMPAÑEROS

 

  Cuando navegué con vosotros temí no estar a la altura de las circunstancias, temí decepcionaros y que solo vierais en mí el reflejo de una mujer blanca, pero cada noche me dormí con la dulzura de vuestras voces en un idioma desconocido para mí, pero a la vez gratificante. Esas risas compartidas sirvieron de brújula para no naufragar en mis miedos, a medio mundo de distancia aún siento vuestro dolor al despedirnos, no fue fácil reconocerme en vuestros ojos, ver en ellos el sufrimiento de muchas generaciones, por el mero hecho de ser de color diferente, ser también tratados de forma diferente. Nuestras largas charlas en vuestro precario español y mi inexistente inglés, pero aun así supimos comprendernos más allá de las palabras.

En vuestra mirada hay luz, nostalgia y muchísima gratitud, (o eso vi yo) vuestras risas son contagiosas y envuelven con un sonido todo el barco. Me sentí la madre de todos vosotros, sentí que la grandeza del corazón va más allá de cualquier creencia, color o religión. Quise conocer vuestra historia, necesité conocerla, saber cómo fue vuestra niñez, saber cuáles eran vuestros objetivos e inquietudes, cada palabra, cada confidencia, me acercaba un poco más a vuestro mundo, haciéndome parte de él. A vuestro lado me sentí protegida, querida y admirada como nunca antes , cada demonio que antaño me torturaba se fue alejando de mi pensamiento, donde día a día fuimos construyendo nuestra propia fortaleza.

Me resulta muy fácil volver a esos momentos de los que- estoy segura-  nunca  olvidaré y quiero creer que tampoco vosotros lo haréis. Fue fácil entender, pero mucho más fácil querer. En alta mar todo es increíblemente natural y salvaje, sientes esa soledad que poco a poco embriaga el alma impregnando todo con su sencillez e inmensidad, te sientes parte del todo y a la vez no eres nada, todos cuidando de todos, así es el barco, un mundo dentro de otro mundo paralelo. La tripulación forma una gran familia, cada persona con su rol, el que da órdenes, el que las distribuye, los que las ejecutan, nadie es más importante que nadie y todos son imprescindibles. Veinticuatro horas juntos y todos los días que dure la marea (sobre cien días.) Las grandes discusiones no existen y los pequeños contratiempos se van solventando con el buen hacer del equipo y con la aceptación de que cada uno tenemos  nuestras peculiaridades.

  Navegar con vosotros y por vuestra vida, me engrandeció como persona. Mil gracias por vuestra amistad y lealtad.

 P. D. A la tripulación del pesquero NEWFOUNLAND ALERT faenando en aguas del Océano Índico.

  Paki Espiño,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (34)

 

Algún dia, algo, algo, ahora ¡malpocadiño! Ja non me quèren as nenas pòrque vou acabadiño.

A mùller de malpocado està bailando n´a eira, e malpocado mirando como a mùller se peneira.

Unha ròsa non a queiras;  unha ròsa non è nada; iremos po-l-as roseiras, collerás unha manada.

            (cant. Populares)

 

Sol madrugadeiro, chuvia n´o quienteiro.

O que còme po-l-a man d´outro, còme mòito e engorda pouco.

                                                                         (ditos populares)

 

Meniña, miña meniña, os mandamentos son dés, para ti e para min foron feitos o revès.   (cant. Popular)

 

Madrugueiros estudiantes, Hacho, ò pasar po-l-a vèiga, E deteñenm´os tunantes, pedindo nata, mantèiga, E que sei eu...

¡banadantes!  (banadantes : de pouco vicio)

                                        (F. Añon)

O criado mal mandado, pone-l-a  mesa e manda- l-o a algun recado.

Se quès conocer à Periquiño, dall´un mandiño. (mandiño: cargo, mando pequeño)

                                                                                        (ditos populares)

    Jesús Guimarey Mascaró,2021

domingo, 16 de mayo de 2021

REFLEXIÓN...PONTES DE SOLIDARIDADE

  Amence un domingo dun finde longo...

Parece que a chuvia quere darnos unha trégua, parecía máis inverno que maio...
E con tantas horas libres, non paran de dar voltas os miolos...
Raza intelixente, chamámonos...
Semella unha broma de mal gusto ollando o que pasa, porque se realmente a foramos, no lugar de construir castelos defensivos e ideolóxicos, de tirarnos as tixolas á cabeza uns a outros, estariamos construíndo pontes de unión entre os distintos pobos, ideoloxías e persoas.
A ónde vai levarnos a voráxine actual e a falta de entendemento...?
Está o mundo cheo de mentira, de xente falsa co sorriso nos beizos e a língua velenosa...
Xente disfrazada de amig@s pero co coitelo preparado, co corazón valeiro de cariño e a Alma chea de palabras falsas...
Tan difícil resulta tender PONTES de SOLIDARIDADE, de valores verdadeiros, de respeto...?
Vótanche os miolos fume, Amigo Xaquín. Achícalle un pouco menos, que a caldeira semella a piques de reventar. É domingo, reláxate un pouquiño mentras eu vou decirche o que ao respecto penso...
Todo cánto levo observado dende a miña perspectiva, lévame a conclusión de que vos considerades moito máis intelixentes do que realmente sodes, uns deuses vanidosos aos que a Natureza ten que meter de cando en vez en cintura.
Non sodes máis que un gran de area cativo na inmensidade do Universo...Eso sí, un "forúnculo" nas súas partes, e nas da xente...
Tivo que vir un bichoco, e van non sei cantas veces ao longo da historia da humanidade, a recordarvos que o camiño que levades non é o axeitado, que tedes que cambiar de actitude, que no lugar de castelos construades pontes, pero nen con ésas aprendedes...
As diferencias de criterio, as distintas opinións, hai que resolvelas atendendo ao ben común, e sen violencia...
Non hai mellor chaleco antibalas que a comprensión, a aceptación dos diferentes xeitos de ver a vida.
Levantar novas pontes, discutir dende o respeto se fai falla para entenderse é o camiño.
Un exemplo que non recibides duns dirixentes que demostran calquer cousa menos intelixencia. Será por élo que están metidos en política, ónde nen eisixen un psicotécnico, teñen sorte moitos déles...
Raza intelixente, Xaquín, déixame rir un pouco mentras trino...Jajajajaja...
I eras tí, larpeiro, quén me aconsellaba que deixara de votar achas...?
Non lle fagades demasiado caso, querid@s AMIG@S. Pasa demasiado tempo no niño, non sei se pola chuvia ou porque a dona obrígalle a coidar da prole, i él é máis de cantar e darlle ás alas...
É o que ten nacer merlo e non cuco. Jajaja...
Traxe, gravata...A pesares da parolada, non esquezo que é domingo. ..!!


 Xaquín Miguéns Ces

AMOR SORDO

 

  Vou facerte o amor con palabras,

poñendo comas, nas paradas, collendo alento, ca mirada,

e descansar na túa calma

Vou mirar sen decir nada, poñendo punto e seguido, deixando que a nosa lingua fale sen facer ruido.

Vou desnudala tua alma

con desexo e sen mesura,

coas luces acendidas, sen medos e sen censuras.

Vai ser unha noite longa...pa poñer punto final, deixémolo en punto e coma,

para volver a comenzar.

  M. Dolores Ríal,2021

MULLER GALEGA

 

 ¡ Loita tí, fermosa Dona

loita polos teus dereitos

non consintas a ultraxe

loita tí, que vencerás!

 

¡endexamais retrocedas

dos dereitos conseguidos

nunca esquezas as ofensas

d´este pobo malferido!

 

¡loita pola liberdade

tamen pola democracia

pola raza, polo pobo

loita tí, muller galega!

 

por unha Terra que che honra

por unha raza oprimida

unha lingua, unha cultura

¡loita tí, pois forza tés!

 

¡Loita pola independencia

sen rencores nin desprecio!

por esta querida Patria

¡loita tí, filla da Terra!

 

cunha pluma e un tinteiro

¡loita coa palabra impresa

nun folio,nun pergamino

ficará...eternamente.!

  Miguel Alberto,2021

CIELO Y TIERRA

 

  Con los pies en la tierra

con el alma en El Cielo

¿dónde estás, amigo mío?

¿dónde habitan tus anhelos?

 

¿a dónde vas cuando duermes?

¿en dónde viven tus sueños?

dos luceros al alba

te despiertan tus recuerdos

 

tu corazón prisionero

tus ojos son el reflejo

de esas noches tan largas

que te llevan al infierno

 

de vivir sin sus caricias

de tus manos en su pelo

abrazado estás a tu cuerpo

mirar, sin poder verlo.

   Paki Espiño,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (33)

 

Non m´amòrnes, nin me quèntes, que non ch´estou para lèros; déijame, que xa me  rallan os teus chistes e salèros. (cant. Popular)

 

Rio tinto, rio tinto, rio de mòitos colores, cand´o rio lèva tantos, ¡qué faran os meus amores!  (cant. Popular)

 

O roubado non lòce,

Quen mòito corre lògo para.

Longe d´a vista, longe d´o corazón.

Amigos de longe e contas de prèto.

Quèn òs lostregos non tème, a Dios ofènde.

                                                       (ditos populares)

 

Leda con tanta alegría, non deijaba d´a memoria aquel minuto de gloria triste lostrego de amor. (D. Camino)

 

Púxenme a contar estrèlas e bot-l-as n´o sombreiro; mais non lle puiden dar conto hasta que veu o luceiro. (cant. Popular)

 

N´è o qu´a lua pinta, qu´è o que Dios dita.

Lume junt´a estopa, vèn o demo e sopla.

O lume e media mantenza e, sobre cea, mantenza enteira. (ditos populares)

 

Quixen facer un cigarro, por non perde-l-a costume, e arreparei que non tiña, tabaco, papel, nin lume. (cant. Popular)

 

...Mais ó que bèn fixo un dia, sá querer tèn aficion, sèmpre lle queda unha màgoa dentro d´o seu corazón. (cant. Popular)

 

Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro e filla de taberneiro n´os queiras por ningún diñeiro.

Madeira de sèrra e pan de cazòla, nunca sobra.

Madeira serrada, plata labrada.

Val mais onza de trato que libra de traballo.

                                                  (ditos populares)

   Jesús Guimarey Mascaró, 2021

EL RECUERDO

 

  Hoy no sé por qué me viniste a la cabeza, así, sin venir a cuento, algo pasó que me devolvió un recuerdo; recuerdo la cena de empresa y el grupo tan bueno de compañer@s que tenía allí, recuerdo el vestido que me puse para esa noche porque me dijeron que no tendría agallas de llevármelo al evento y te recuerdo a ti, tan alto, tan gallardo, (no eras de los guapos pero un cacho bueno de moreno atractivo) ,  me hacías reír hasta que me dolía el estómago y siempre que coincidíamos de compañeros el día volaba escuchando ese acento andaluz y tus historias de Barbate. Toda la música era animada y el grupo lo pasábamos en grande, pero el tiempo se paró cuando tú pediste que pincharan una lenta y cogiéndome de la mano me sacaste a bailar, quedamos solos en la pista donde yo me moría de vergüenza con tantos ojos pendientes de nosotros.  Empezaste a hablar y yo con mis tacones estaba casi a tu altura y ya no pensé más en nadie. Fue un baile, sólo eso y la fiesta siguió casi toda la noche. No sé porque recordé eso hoy, quizás porque divagando pensé que un acto sin mala intención como fue ese balanceo entre tus brazos pudo dar paso a unos comentarios mal intencionados, que consiguieron que tu mujer se plantase delante de mí una semana después para ponerme fina (y en andaluz ceceando sin tregua que apenas pude interpretar dos tacos en Hebreo y una mala leche para intoxicar media isla) y yo aguantando estoicamente su histeria la dejé desahogarse y al terminar ella, le di una réplica en gallego castellanizado que hizo temblar el Tymanfalla. Hoy te recordé  porque pensé en cómo un acto tan sencillo y la vista del mundo puede hacer que te metas en un buen lío, ¡pero chico! Lo que yo me reí contigo aquella noche bien valió cien enfados de tu señora esposa!!!

  Mano Figueira,2021

sábado, 8 de mayo de 2021

PAZOS


 O fuxidío Edén, ese lugar sublime que todos procuramos con anhelo na nosa constante romaría da vida. Porén, o idílico enclave está tan afastado que en moi raras ocasións o ser humano consegue atopalo ou identificalo. Malia todo, o certo, é que ese Edén semella errante no seu tránsito, deixando un misterioso arrecendo no ar da súa especial e inalcanzable esencia.

Celme histórico para formar un recuncho sen par, un diminuto val, perfectamente delimitado por coordenadas verdescentes.

Pazos, entre portelas naturais, nun esforzo agarimoso da nai Natura pola vida en harmonía entre o medio e os seus poboadores.

No límite oposto ao setestrelo, varias chouzas vizosas polo estrume alimentario, na oposición á centenaria carballeira cantaruxeira, mentres pola banda do solpor está un carrusel de estivadas.

Dende o nacente, chegan a Pazos as augas formando regos e pequenos regatos de cantar silandeiro. Aquí os veciños e veciñas desta paraxe sen parangón, madrugan para ollar o nacente, alí o miradoiro máxico no cumio mítico é o primeiro en saudar a Lourenzo.

O ritmo vital de Pazos posúe o embruxo dese murmurio bucólico dos seus regatos, todos eles no abrollo de espontáneas fonteliñas que chegan brincando dende esa aba encantada que pecha os ollos entoando ao unísono con Lourenzo.

O son que resoa nesta alfaia natural chega dende a súa natura de obrigado respecto, aquí a fauna goza dunha contorna agradable, onde veigas e prados comparten ese equilibrio coa vida das persoas.

O ser humano como artista modelador, semella que actuou con delicado senso común dende tempos atrás, nunha vida íntima de pés inmersos na terra.

Aquí todas as vivendas gozan dese privilexio exclusivo, malia a súa humildade, de estar rodeadas por unha eira coa corresponde hortiña e o seu quinteiro.

No entanto, o grande privilexio é gozar dunha fontenla propia. A publiosidade do terreo fai de Pazos un verxel, onde semella que vivir é unha ficción, mais Pazos é unha realidade que supera á imaxinación de calquera forasteiro.

Pazos é feitizo no val

agarimo e paixón anual.

 Brisas faladoras

augas murmuradoras.

Ánimas de fadas boas

rechouchío de voadoras.

Coral das chozas no ar

paxarada de fondo trinar.

Regueiros e fontes paroleiras

amenizan hortas e eiras.

Mural de flor garrida

arrecendo no halo da vida.

Xosé Manuel Lobato