domingo, 16 de mayo de 2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (33)

 

Non m´amòrnes, nin me quèntes, que non ch´estou para lèros; déijame, que xa me  rallan os teus chistes e salèros. (cant. Popular)

 

Rio tinto, rio tinto, rio de mòitos colores, cand´o rio lèva tantos, ¡qué faran os meus amores!  (cant. Popular)

 

O roubado non lòce,

Quen mòito corre lògo para.

Longe d´a vista, longe d´o corazón.

Amigos de longe e contas de prèto.

Quèn òs lostregos non tème, a Dios ofènde.

                                                       (ditos populares)

 

Leda con tanta alegría, non deijaba d´a memoria aquel minuto de gloria triste lostrego de amor. (D. Camino)

 

Púxenme a contar estrèlas e bot-l-as n´o sombreiro; mais non lle puiden dar conto hasta que veu o luceiro. (cant. Popular)

 

N´è o qu´a lua pinta, qu´è o que Dios dita.

Lume junt´a estopa, vèn o demo e sopla.

O lume e media mantenza e, sobre cea, mantenza enteira. (ditos populares)

 

Quixen facer un cigarro, por non perde-l-a costume, e arreparei que non tiña, tabaco, papel, nin lume. (cant. Popular)

 

...Mais ó que bèn fixo un dia, sá querer tèn aficion, sèmpre lle queda unha màgoa dentro d´o seu corazón. (cant. Popular)

 

Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro e filla de taberneiro n´os queiras por ningún diñeiro.

Madeira de sèrra e pan de cazòla, nunca sobra.

Madeira serrada, plata labrada.

Val mais onza de trato que libra de traballo.

                                                  (ditos populares)

   Jesús Guimarey Mascaró, 2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario