sábado, 25 de septiembre de 2021

REFLEXIÓN..."JODEDOR"

 Onde vai que amenceu, xa estou canso de cantar, e tí na cama.

É sábado, non teño que madrugar para ir a "galeras", onde quedou descansando o remo ata o trece de outubro. Fáltame pouquiño para non ter que cinguir obrigatoriamente e teño que ir acostumándome.
Tes moitas ganas de deixalo a un lado, xa vexo, pero asegúroche que o votarás de menos. Non vas ter doado deixar de ollar o Paraíso que tes diante dende fai cáseque 30 anos, o Ulla exaculando na Ría mentras bica súa amada, un feitizo que se repite a diario.
Amigo merlo, parece que lle estés decindo á xente que, no lugar de ir ao traballo, vou a sentarme nunha terraza fronte a Cortegada a comer unhas ameixas, regadas cun bo albariño, mentras saco unhas fotos coa cámara da Alma.
No describiría eu mellor cantando, jajajajaja...
Así que ese é o concepto que tes do que fago, con Amig@s así...
Querid@s Amig@s non lle fagades caso, hai días nos que semella espertar "JODEDOR", e non ser fácil de aturar este merlo do carallo, como diría unha Amiga do outro lado do charco...
Ollando esta imaxe, quizais moit@s pensédelo mesmo e vos poñades do seu lado...
En calquer caso, xa queda menos para saber se extrañarei á querida Cortegada, toco madeira...
Na Alma levarei as vivencias moi gardadas...!!



     
                                  Xaquín Miguéns Ces

DÍAS MALOS

 

  Hay días que tengo

la vida desordenada

sin calor en el cuerpo

sin sonrisa en la cara

 

mi pelo revuelto

mi camisa manchada

con ojos muy tristes

sin perder una lágrima

 

mi cama sin sábanas

que revelen mis sueños

de tardes lluviosas

de largas noches de invierno

 

sin cortinas mis ventanas

sin leña en la hoguera

con frío en el alma

del que ama y espera

 

y esa soy yo

la niña de tus ojos

la que tanto quisiste

llena de piojos

 

ahora ya miro

la niña de lejos

su reflejo se perdió

al romper los espejos

 

mis manos me hablan

de trabajos pasados

de sembrar la cosecha

en los días e Mayo

 

el futuro es pasado

la muerte nos acecha

sin respetar tu deseo

sin esperar tu respuesta.

  Paki Espiño,2021

Daar Es Saalam, Tanzania.

COMPAÑEIRO

 

  Xa non agardo ese intre

onde o corazón troulaba,

cas ansias de ver os ollos,

que a min...me namoraban!

 

Xa non busco margaridas,

que me digan que me queren,

deixei o xardin a monte,

por non poder traballalo.

 

Deixei amores cativos,

deixei noites de placeres,

busquei estrelas sin nome,

atopéime onde ti estabas.

 

Mandéite bicos nas cartas,

pero a ti non te chegaban,

busquei en mil primaveiras,

o amor das tuas palabras.

 

Xa non me faltan as verbas,

dos teus beizos enrugados,

xa presinto o teu alento,

adiantándome os detalles.

 

Xa me falan os teus ollos,

eses que nunca me engañan,

e me apertan as tuas ganas,

de deitarte ó meu lado.

   M. Dolores Ríal,2021

 

 

 

 

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (52)

 

Roupa d´a miña baranda; roupiña d´a miña boda, ¿quén t´ha d´usar, miña roupa, s´hoxe a de loito m´abonda?

¡Canta rula, canta rula, alá se dòi n´aquel santo...! ¡coitadiño d´o qu´espèra po-l-o qu´está n´a man d´outro!

                                          (cantos populares)

 

Home ruadeiro, nin boa meda, nin bo palleiro.

Rubiás e sol nado, pingoreiro andarás mollado; rubiás ò sol posto, pingoreiro, andarás enjoito.

Rubiás: nubes de color roxo.

Pingoreiro: pastor.

                                            (ditos populares)

 

Salgueiro prènde de pòla, ameneiro de raís. Amores que fostes d´outro, para min ja non servís.

Fun à San Cibrao de Longe e vin po-l-o prètiño: Fun descalzo à pan e auga; vin calzado à pan e viño.

                                           (cantos populares)

 

O que non tén que facer seus nabos sacha.

Tèndo salú e comendo bén, o traballar non mata à ninguèn.

Se quères à tua mullèr mòrta, dalle Sambòrca.

San Cristobo, c´o seo còbo.

 -còbo: sitio preferente.

                                             (ditos populares)

  Jesús Guimarey Mascaró,2021

 

 

EL PODER DEL AMOR

 

  Cuando dos forman uno, no hay poder sobre la tierra que divida para vencer, como no hay mar que una pueda desplazar con una mano, ni montaña tan alta que no se pueda trepar, se tarde lo que se tarde. Cuando te encuentras en los ojos de quien te merece y te completa, no existe fuerza que venza lo que está predestinado.

Cuando amas con todo tu ser, su felicidad está por encima de la tuya, aunque eso signifique que el amor de tu vida esté con el amor de la suya. Cuando es cosa de tres no te pierden, tú te dejas desaparecer por dignidad y por lealtad a ese fuego que, obligado a prender a tu lado, no calienta tus huesos.

Cuando pierdes hay que entender que en el corazón ni manda ni gobierna Dios.

   Mano Figueira,2021

NAVEGANDO POLA RÍA

 

  Sopla vento do nordés

sopla forte e a rachar

sopla ti, vento mareiro

para poder navegar

 

c´unha dorna, unha gamela

navegando sin descanso

cruzarei a nosa Ría

cal...unha longa autoestrada

 

sopla vento do poniente

pra  acadar Vilagarcía

arribando axiña a porto

cando suba a pleamar

 

sopla desde o infinito

para arribar a bo porto

mesmo que chegue mollado

bañado polo salseiro

 

con choivas e gran trebón

tí, navega miña dorniña

mesmo escorada a babor

a punto de naufragar

 

Sexa con dorna ou gamela

cruzarei o ancho mar

da Póboa a Vilagarcía

eu tentarei navegar.

  Miguel Alberto,2021

lunes, 20 de septiembre de 2021

CAMIÑOS

 

  Camiños pechados

na miña soedade,

agora non levan

a ningun lugar.

 

Camiños que antes

vestian mocedade,

hoxe dormen no fondo

do meu latexar.

 

Loito co tempo

que me deixa atrás,

e tento agarralo

e volta a escapar.

 

O reloxo sen agullas

non quere deter,

o paso da vida

que me veu nacer.

 

Dentro do peito

tamen levo un mar

que bate na gorxa

e non deixa chorar.

  M. Dolores Ríal,2021

 

 

 

 

domingo, 19 de septiembre de 2021

REFLEXIÓN...PILTRAFA

 Apareceu na graneira cando amencía...

A pinta que traía, santo cristo do perdón, se existe...
Todo parecido coa imaxe é falso, oxalá fora pura coincidencia, como din nas películas...
A chaqueta do frac ao lombo, semellaba Rafael no escenario nos seus mellores tempos; a gravata, co nó no peito, máis que amarela era de cor tinto; os ollos hinchados de non dormir nunha semana...Unha peniña...
Quixo dar un trino de bos días, todo o que saiu do seu gorxelo foi un apagado ronquido...
Pasan estas cousas cando se minte, apodérase de nós a troula, e olvidámonos ...
"Vou ao chupitaso da Juadalupe coa peña e volto axiña, que non hai festa rachada este ano por culpa do bichoco..."
E faise coma aquél que non fumaba e saiu da casa coa disculpa de ir por tabaco, voltando dalí a unha semana feito un poema...
Desculpouse decindo que se atopara cun amigo...
Non me dixo se merl@ ou xílgar@, que todo lle vale, según para qué cousas...
Antes de meterse no niño, coa cabeza gacha preguntou que día era...
Non me ves co traxe e a gravata, é domingo da semana seguinte, menos mal que cada ano só hai unha Guadalupe, vai durmir, resposteille con cara seria, postureo...
Querid@s Amig@s, agora que xa dorme e non me escoita, que volten as festas de verdade, e que as viva o merlo como desexe, aínda que chegue dalí a unha semana...
Ao amencer, feito un PILTRAFA, e ronco...!!







PRESENTIMIENTO

 

  Me da en la nariz, lo respiro en el aire, se agarra fuertemente a mi pecho y no me deja respirar con normalidad. ¿o será el miedo de perder aquello que más quiero? Esa sensación de tormenta en el horizonte, esas ganas locas de gritar hasta arrancar toda esa ponzoña que mata el ser que era y se convierte ahora en este bulto de desechos que nadie soporta ni quiere a su lado. ¿cómo domar la furia desmedida que crea esta impotencia? Las manos amarradas, la lengua presa, sumisión ante un Dios pagano, besar la cruz con labios desmerecedores de cualquier perdón infligido por coacción, terroristas de unos sentimientos traicionados y mal agradecidos. Me da...que estamos en el principio del fin!!!

   Mano Figueira,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (51)

 

Aló n´a beira d´o rio oyeu´outro forte atrujo e dimpois un asubío, era Albèrte dó Cárujo qu´anda de noìte ó recio.

                                 (F. Añon)

Unha mazan bermelliña picada d´un reiseñor, qu´en a picou que a roya, que lle levou o millor.

                                  ( cant. Popular)

Quen vive de recordos, vive entre mortos.

Non se sabe de quèn  è a rècua hasta que mòrre o arrieiro.

Vale mais ser arrieiro d´unha besta que criado d´unha rècua.

                                   (ditos populares)

N´a misa estando un domingo, miràcheme pra min e riche, así à Dios ti parezas o qu´à min me pareciche.

Fun ò Riveiro por viño e emborrachoum´unha nena. Non quèro mais d´o Riveiro, qu´inda me dòi a cabeza.

                                   (cantos populares)

A nòite de san Andres, crara como unha de vran, c´un bo rebolo  ná man e a chupa d´o rivès, eu iba a paso de can.

                                   (F. Añon)

O meu refaijiño nòvo lèvam´o rodo acabado. As malas lenguas d´o mundo ja lle tèn outro botado.  -Rodo: ribete encarnado con que las labradoras suelen reforzar  sus refajos-.

Sèmpre m´andas preguntando de que romaria veño. Veño de Santa Lilaila de Santa Lilaila chego.

Anque che´stou moreniña èche d´o polvo d´a eira: Verásme para Domingo, coma a ròsa n´a ròséira.

                                     (cantos populares)

     Jesús Guimarey Mascaró,2021

SIN PIEDAD

 

Las almas reclaman hoy su tiempo, y se pierden para siempre en laberintos.

Silencio, callad, ya no teneis pensamiento.

Ni rostro, ni manos, sólo silencio.

Sometidas sin nada, ni siquiera alojamiento.

Más allá de vuestro propio miedo.

Los fantasmas revolotean sobre el suelo.

Alguien les abrió la puerta del infierno.

Ahora vagan entre nubes de polvo.

Esperando que las armas hagan el resto.

¡Oh! Mundo, que en silencio te has quedado,

mientras mueren bajo el sol miles de afganos.

Una guerra por su Dios y por su Patria.

Una voz que se levanta y nunca calla.

    Paki Espiño,2021

P. D. Mi corazón y pensamientos en esas miles de personas que perderán su identidad en manos de los talibanes.

 

TU LLEGADA

 

 

Y...sin esperarte

tú, apareciste

llenando mi vida

y mi corazón

 

¿de donde procedes?

Preciosa mujer,

siendo tú tan bella

¿cual es tu linaje?

 

Yo no te buscaba

pero estás ahí

llamaste a mi puerta

y yo quise abrir

 

abrirme al amor

que tú me darás

recibir la miel

de tu paladar

 

los cuerpos unidos

en un gran abrazo

y sellando así

el amor eterno

 

añadiendo días

y noches eternas

soñaremos juntos

en la dulce vida

 

y allá en el ocaso

llegado el invierno

de esta corta vida

...lo recordaremos.

Miguel Alberto,2021

sábado, 18 de septiembre de 2021

VACACIÓNS

 

Vacaciones , como prestan! 

Qué bo eso de descansar e desconectar a mente do cotidián.

Ainda que polas venas rebulica a sangre Rianxeira , salir un pouco do de sempre é necesario para que non se me fundan os plomos centrais.

Visitar Lugo , meterte nas termas e deixar que che masaxeen o corpiño tan machacado polo traballo diario.

Y el no va más: entrar a comer nun restaurante aconsellado polo hotel pois teñen Unha estrella Michelin.

Sí, a cociñeira chámase Estrella, e michelíns ten abondo, non hai como a retranca jalleja!


                                     Mano figueira


domingo, 12 de septiembre de 2021

REFLEXIÓN...SAXITARIO

 

O sábado amence triste...
As néboas apropiáronse do Val...
Semella que da túa Alma tamén, Xaquín. Calma que axiña sairán as cores, canta o merlo apostado no graneiro mentres olla o gris que o preside todo.
Non entendo certos comportamentos, merliño, a noite foi de todo menos agradable.
Seguirá hoxe coa mesma teima ou pedirá perdón...?
E se o pide, vai ser porque sinta que estaba trabucada e cre que tanto as verbas coma o tono estaban fora de todo xeito, ou porque quere facerme comulgar con rodas de muiño...?
Qué terá de extraño que logo de dezaséis horas a pé, durmindo non máis de cinco horas diarias, ás veces menos, chegada a noite un caia co sono de vez en cando...? A de chuscos que quedan, como deciamos na mili, e a de "Juadalupes"...
Serei un bicho raro por élo...? Xa me dixeron de todo, mesmo que estou tolo porque converso contigo, un merlo...
Non é nada agradable recoller do chan os anacos do niño, cos ovos dos soños caídos.
Pídeme o corpo recollelos, metelos nunha gamela, cortarlle a corda e deixalos ir polo río abaixo...De Río Vello a Río Novo, coma as crías de lamprea...
Pode que me doa o corazón hoxe, pero quizais no futuro o merlo acabe cantando "meu deus, do que me librei..."
Pode que non, e chore eternamente a Alma.
Querid@s Amig@s, só mantiña unha conversa en voz alta co merlo, meu confidente, mil perdóns, nada vai con vós...
Ou sí porque, aquél@s que estades aí sempre, tedes que aturarme, nada agradable ás veces.
A pesares, meu desexo que teñades un finde cheo de cores...
Mesmo co gris adoñado de todo, un SAXITARIO sempre atopa como pintar nél un arco da vella ...
Amence...!!




Xaquín Miguéns Ces

REFLEXIÓN..."VIRXEN DA LECHE"

 Sobre a Terra de Rosalía, amence un día marabilloso.

Non escoito o trino do merlo, que raro.
Chiiiii...Cando unha imaxe é poesía han de calar as verbas, dime mentras, pampo, olla como o sol vai espertando...
Mesmo eu non canto, Xaquín...
Viste o traxe coma min, e ponte guapo...
Abre as alas da imaxinación, máis nada.
Sobre as Terras de Laiño non amence un día calquera, é o día da "VIRXE da LECHE"...
Querid@s Amig@s, seguindo o consello do merlo, traxe e gravata...
Pecho o tinteiro...
Gardo a pluma...
Calo...!!





Xaquín Miguéns Ces

ANHELOS

 

Non temos unha amizade de

toda a vida, uns anos máis

uns anos menos nos levamos

pero sempre no mesmo punto

de partida.

 

Unha amizade que durou e

durará por anos, quedara no

recordo aínda que non o queiramos.

 

Nos anos que levamos xuntos cunha

amizade, pode que acabe sendo unha

historia de verdade.

VAGUEDADES

 

  Eu son fillo da Galiza, terra rica por natureza, pero pobre por levar séculos pertencendo a un país que só sabe desfalcarnos, primeiro coa emigración; a seguir cos encoros do franquismo construidos na nosa terra e pagando a electricidade máis cara que o resto do país, e agora cos famosos "eolos", e decir, eses enormes xeneradores que estan sembrando en toda a nosa xeografía para producir electricidade, pero en man de compañías multinacionais. Eu son pobre a pesar de traballar desde os catorce anos hasta os sesenta e cinco e medio, unha media de quince horas diarias, quizais o sector peor pagado do mundo laboral, é sigo sendo pobre cos impostos aplicados á pensión de xubilación de uns mil euros ó mes, maís con esa pobreza son moi feliz por vivir neste paraiso verde, por ter unha gran familia é infinidade de amig@s.

  Son feliz por chegar agora no outono da miña vida a vivir sen presas e sen carreiras para poder chegar a tempo coas mercadorias como me ocurría na miña época laboral, son feliz por poder visitar ós meus netos cando quero e velos medrar na compañía dos seos pais. Son feliz porque neste intre teño a pantalla do ordenador enfrente de min e podo expresar  o que sinto, e teño todo o tempo do mundo para ler, para charlar cos amigos e recordar tantas vivencias o longo da miña vida.

  E...son rico porque teño saude, amig@s por doquier polo mundo enteiro, porque vivo nunha democracia, non perfecta, pero sí,ó menos, é democracia, e son libre por poder escribir estas verbas e publicalas nos medios sociais sin medo de entrar a un cárcere, como acontecía non fai tantos anos. Son rico en liberdade para expresarme na lingua materna coas verbas que me falaban meus pais cando comencei  a abrir os ollos, as primeiras que empecei a oír e entender...Son libre.

   Miguel Alberto,2021

LA PÍLDORA

 

  Ayer currando estuve a un tris de estrangular a una compañera, una de esas puro veneno, mal enfocado. En cambio, le di un paracetamol y la muy kgyfyhhi quiso beber de mi botella de agua para bajar la píldora, me lo pensé, porque bebo a morro y posiblemente le quedaría un mal sabor de boca, pero le sugerí amablemente que bebiese de la fuente, más sano visto lo visto, aunque ella no sabe que la medicina  que le di lleva en mi mochila más años que yo en la empresa, eso sí...las siguientes cuatro horas estuvo tan encantadora que creo que voy a colársela otra vez en el sándwich la próxima vez que tenga que aguantarla.

  Mano Figueira,2021

ISLAS COMORES

 

 

En estas Islas Comores

donde yo estuve un tiempo

tiempo de risas y amores

jugando con el viento

 

sus mujeres siempre hablan

en su lengua maternal

yo al escucharlas me río

pues no les entiendo nada

 

sus hombres caminan despacio

¿hacia dónde? No lo sé

pero siguen caminando

desde el alba al anochecer

 

y esos niños morenitos

por la raza y por el sol

por la calle corren descalzos

llenándola de color

 

sus casas son muy humildes

hechas de metal o paja

donde la familia se junta

para comer lo que haya

 

por mesa tienen el suelo

su alma, a los pies descansa

después de un día muy largo

se juntan todos en casa

 

los días se hacen muy cortos

las noches demasiado largas

mientras este pueblo duerme

escribiendo está, esta blanca

 

mis largos años de insomnio

me enseñaron a volar

que en la noche más triste

tú... puedes volar y soñar.

  Paki Espiño,2021

Hayhaya(aeropuerto de Moroni)

Islas Comores.

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (50)

 

Dime que te queima o sòl, eu digo te fai hermosa. Mazanciña mòi sombriza nunca fòi a mais sabrosa.

D´o queixo non che me queijo, qu´o queixo bèn che me sabe; quèijome de quèn o vende, que non m´o deija de balde.

                                 (cantos populares)

 

D´o monte sale o qu´o monte queima.

Quèn mais mira, menos ve.

                                 (ditos populares)

 

...Y-eu non sei com ´atòpo, nin por onde, queimores e amarguexos.

                                   (Rosalía de Castro)

 

Se vèñes aquí por verme, queridiño, Dios ch´o pàgue.

Se veñes por outras cousas, rasgas zapatos en balde.

 

Adios, rapaciña adios: eu para ti ja non era, anque mais altos navios navègaban con menos vela.

 

Vamos à rae-l-o pan, ti levarás unha rosa, eu un carabel na man.

                                      (cantos populares)

 

Os rapaces non son hòmes.

                                    (ditos pop.)

 

E à reboladas eu guindaba froita, mentras ti regalabasm´un cantar.

Eu qu´ende mal m´arredei d´eses mares e ribeiras, d´eses soutos e pradeiras, en qu´alegre rebuldei.

      Rebuldar:retozar.    (F. Añon)

 

Caravèl que me recèndes, pensaba de te comprar e sospècho que me véndes.

                                       (canto pop.)

 

Cada un raña onde lle pròi.

Malia ò rato que non sabe senon d´un burato.

A conta dos meus compadres, rebanadas òs afillados.

D´a rapa à rebola veña o demo è escolla.

                                       (ditos populares)

  Jesús Guimarey Mascaró, 2021