domingo, 12 de septiembre de 2021

VAGUEDADES

 

  Eu son fillo da Galiza, terra rica por natureza, pero pobre por levar séculos pertencendo a un país que só sabe desfalcarnos, primeiro coa emigración; a seguir cos encoros do franquismo construidos na nosa terra e pagando a electricidade máis cara que o resto do país, e agora cos famosos "eolos", e decir, eses enormes xeneradores que estan sembrando en toda a nosa xeografía para producir electricidade, pero en man de compañías multinacionais. Eu son pobre a pesar de traballar desde os catorce anos hasta os sesenta e cinco e medio, unha media de quince horas diarias, quizais o sector peor pagado do mundo laboral, é sigo sendo pobre cos impostos aplicados á pensión de xubilación de uns mil euros ó mes, maís con esa pobreza son moi feliz por vivir neste paraiso verde, por ter unha gran familia é infinidade de amig@s.

  Son feliz por chegar agora no outono da miña vida a vivir sen presas e sen carreiras para poder chegar a tempo coas mercadorias como me ocurría na miña época laboral, son feliz por poder visitar ós meus netos cando quero e velos medrar na compañía dos seos pais. Son feliz porque neste intre teño a pantalla do ordenador enfrente de min e podo expresar  o que sinto, e teño todo o tempo do mundo para ler, para charlar cos amigos e recordar tantas vivencias o longo da miña vida.

  E...son rico porque teño saude, amig@s por doquier polo mundo enteiro, porque vivo nunha democracia, non perfecta, pero sí,ó menos, é democracia, e son libre por poder escribir estas verbas e publicalas nos medios sociais sin medo de entrar a un cárcere, como acontecía non fai tantos anos. Son rico en liberdade para expresarme na lingua materna coas verbas que me falaban meus pais cando comencei  a abrir os ollos, as primeiras que empecei a oír e entender...Son libre.

   Miguel Alberto,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario