lunes, 22 de febrero de 2021

APROXIMACIÓNS A MANOEL ANTONIO (E V)

 No seu libro Aproximacións a Manoel Antonio, Axeitos critica unha das principais teses da miña biografía do poeta rianxeiro, afirmando que non intuía no mundo unha dimensión escura e enigmática. A verdade, non me sorprendeu lelo neste libro, pois fora unha das maiores decepcións que me deparara a biografía de Axeitos. Negar esa realidade e convertelo nun ser humano e nun poeta só preocupado por cuestións sociais e políticas. “Ocorre”, di Axeitos, “que o social e a presenza do pobo na obra de Manuel Antonio é unha poética, non unha estética”(sic). Probas? Que o primeiro poema de De catro a catro só expresa o desexo de buscar a independencia de Galicia con ilusión e optimismo. (En que se basea, non o di). Que hai algún texto no que gaba os mariñeiros de Rianxo. (Hai bastantes máis nos que defende un elitismo intelectual moi crítico co pobo). Que en varios textos conecta con algunhas das inquedanzas das Irmandades. (Sen dúbida, pero moitísimos máis nos que conecta coas inquedanzas de Poe ou de Baudelaire ou de Nietzsche). Mesmo chega a afirmar que “De catro a catro é unha homenaxe aos homes do mar e ás súas paisaxes, do mesmo xeito que a obra de Machado Campos de Castilla contempla a paisaxe campesiña e os homes que a habitan”(sic). De feito dedícalle máis de cincuenta páxinas a transcribir o diario de navegación que Manoel Antonio escribiu no Constantino Candeirae que el xustifica dicindo que a súa lectura é “o perístilo que nos leva a De catro a catro”, pois nese diario aparecen ás veces “expresións que denotan unha emoción contida”. E pon como exemplo a seguinte anotación do noso poeta: “Mar fermoso e despexado o ceo” xa que, conclúe Axeitos, o mar “pode estar, dependendo da forza do vento, calmo, liso, groso, rizado, etc., pero non fermoso! (sic)”. E tamén para sinalar que cando Manoel Antonio escribe nese diario que “a 2 h pasa o Aurita por barlovento en bordo de E”, esa embarcación ben puido ser a inspiradora dun verso de De catro a catro.

     Nada máis saca en limpo Axeitos dese diario. Loxicamente, pois está escrito cun interese meramente burocrático, como demostra esta cita (na tradución ao galego de Axeitos, o orixinal está en castelán), tomada como cifra do conxunto:

     A tarde deste día e ata as 8:00 imos en volta de terra con todo o largo e Norte frouxo; viramos a esa hora un pouco a barlovento de Monte Dor. Ceo e horizonte despexados.  

     Porén, Axeitos non fai ningunha referencia, nun escritor no que vida e obra están fundidos, a textos coma este:

     O Mar é ese algo que non vemos, que xorde da auga e corre pola xerfa, sempre esquinando a nosa ollada inquisidora, e anda ás loitas co vento, facendo tolemias; que chopa na auga e mete o lombo debaixo da quilla para que o veleiro faga sobre o seu esforzo malévolo un equilibrio macabro, e volve xurdir, cada volta máis entolecido, e esforcea cos mastros onde as velas se tenden como arcos apuntando ao alén.

     É unha cita dun conxunto de textos que o propio Axeitos recolleu nas obras completas de Manoel Antonio (un traballo, sen dúbida, excepcional, e que merece o unánime recoñecemento da cultura galega) e que incluso titula con acertadísima inspiración Singraduras, e que, ao meu entender, si é o perístilo de De catro a catro. Como eu escribo na miña biografía sobre esta última cita, o lector ten dúas opcións. Primar palabras como mar, auga, xerfa, vento, quilla, veleiro, mastro, vela, ou primar termos como ollada inquisidora, loitas, tolemias, esforzo malévolo, equilibrio macabro, entolecido, alén. Para os primeiros, será o poeta do mar. Para os segundos, o poeta do misterio ou o poeta do Alén. Eu opto, sen dúbida, pola segunda opción. Aínda así, aceptaría sen ningún problema a primeira, sempre que se refira, por suposto, non ao poeta do mar dos mariñeiros, senón ao poeta do Mar, como diría o propio Manoel Antonio, sen fin.

     Permitan que o xustifique brevemente.

Non hai dúbida ningunha de que Manoel Antonio era un home de alma anarquista e de corpo arredista. Non hai dúbida ningunha de que tiña un compromiso vital moi meritorio e intenso co nacionalismo. Non hai ningunha dúbida de que tiña unha sincera e temperá preocupación pola inxustiza e a miseria na que vivían os mariñeiros da súa vila. Pero tampouco debe habela de que Manoel Antonio vía o mundo con ollos literarios: chega a dicir que tan aventura son as ideas exóticas que el tiña para un relato dun mariño como a experiencia de Dieste nas trincheiras da guerra en África. Nin debe haber dúbida ningunha de que o máximo afán da súa alma era ser poeta. Que tipo de poeta? Pensemos nos seus referentes literarios: a poesía francesa do XIX, principalmente Baudelarie, Poe e Nietzsche. Pensemos que se o anarquismo e o nacionalismo fosen substanciais para explicar a súa poesía, esta soaría sumamente artificiosa. Consideralo un poeta social é chamarlle pedante e retorcido, mesmo contrarrevolucionario, como farían os comunistas soviéticos. Pensemos na súa prosa literaria, cun forte carácter autobiográfico, e cuxos títulos (a maioría deles, suxeridos polo texto, segundo el mesmo recoñece, do propio Axeitos) xa indican por onde van os tiros: A cidade dos homes que non tiñan alma, O que o sol-por calaba, Novela vulgar, Terras d´ afora, Conto d´o afogado, O romeiro de Sant-Iago, Diario romántico.21025226_opt E lean A novela de Rodolfo Cruceiro, A novela de Ramón Cruceiro e demais relatos: barcos vellos ou varados na praia que gardan os segredos dos afogados, cruces de afogado, buguinas, ideas platónicas preexistentes buscando un recuncho onde aniñar, mortos superviventes, vellas da ribeira nas que o espírito de Rianxo percorre o seu propio cadáver, ollos de nenas cegas que non poden desprenderse do lonxe e do Alén, o Urco, o home do saco, o Xudeu errante, todos eles e calquera outra cousa que se lle poña por diante (a estraña poesía das cousas vulgares), como símbolos desa dimensión oculta na que vivía a súa alma máis profunda, e que permiten describilo, cunha expresión do propio Manoel Antonio, como un psicólogo do Alén. Lean a prosa de tema literario e cultural. Ata cando describe Padrón para unha revista das festas fala da Atlántida. Vexan as traducións que fai. O retrato oval de Poe, por exemplo, ou A morte do cisne, de Péret, ou Criolla morta n-o leito d´os sonos, de Rambaud. Léase o epistolario e véxase como describe Vigo, e como non o describe (a ausencia total dos problemas sociais, gravísimos, daqueles anos), como describe a súa relación cos piñeiros, coa chuvia, co solpor, coa brétema, coa noite, consigo mesmo. Léase, sobre todo, a razón da súa vida, a poesía, e véxase de novo esa dimensión misteriosa que o caracteriza. Nos primeiros poemas: Pedí con voz doliente y clamorosa / al hada de la Dicha, misteriosa, un rayo de su luz vivificante. Nos poemas intermedios: O roibén devecente / cinematografía encol d´o mar / n-o pano furado d´estrelas / un pensamento inconscente.  No seu libro de referencia: Ibas xuntando soedades/ Por un burato d´o Mar / chopaches un día a buscarte. Nos poemas finais: O noso corazón / —este marconi-/ a escoitar. Pois nada, para Axeitos, o escritor que repetía con frecuencia que para atopar algo debaixo do sol “compre revirar os ollos c´o de dentro para fora; nese reverso está todo”, só estaba preocupado pola sorte dos mariñeiros e dos emigrantes. É como afirmar, en sentido contrario, que a obra de Castelao é só artística, e non política. Non. É, sobre todo, política. A arte é un medio que usa para unha fin política. Pero, sentíndoo moito, ese non é o caso de Manoel Antonio. E por iso, porque Castelao só pensaba en termos políticos (no bo sentido da palabra), non podía entender a opción vangardista de Manoel Antonio. E por iso, porque a intención anímica e poética de Manoel Antonio non era política, non había posibilidade ningunha de que Castelao, a pesar do seu enorme prestixio, conseguise que renunciase a ese vangardismo que tan ben lle servía para manexar os intensos conflitos (por iso é un poeta auténtico) da súa alma misteriosa e enigmática.

     Podía seguir e seguir indefinidamente pondo exemplos e dando argumentos. Pero creo que é suficiente. Calquera lector honesto de Manoel Antonio capta na súa poesía, é dicir, na súa vida, unha dimensión enigmática e misteriosa. Negala é matar ese alguén que chora dentro de min por aquel outro eu que se vai no veleiro para sempre coma un morto co peso eterno de todos os adeuses.

      E iso ningún manoelantoniano de ben pode consentilo.

Post scriptum: Nunca pensei que chegaría a escribir textos como os desta serie que hoxe remato en Café Barbantia. Estaban publicadas dúas biografías moi distintas de Manoel Antonio e, cría eu, debían falar por si mesmas. Porén, Axeitos publicou un libro no que lexitimamente rebatía a miña biografía, pero, por facelo dunha forma que, ao meu entender, me falta ao respecto como escritor e como persoa, non me quedou outra que contestarlle. Estou contento de telo feito. Máis alá da inevitable, pero secundaria, polémica persoal, creo que estes textos meus en diálogo cos de Axeitos poden axudar a calquera lector interesado en Manoel Antonio a profundar no seu coñecemento

X. Ricardo Losada

REFLEXIÓN...MAR DOS SENTIDOS

 

Amenceu xa sobre o Val fai un cacho...
Camiña o inverno cara a ensoñadora primavera, pero semella non querer atopala. Nada cambia, mesmo empeora, é o que sinto.
Abre a fiestra e deixa que a Alma voe e se alonxe dos mónstruos que ameacen con devorarche.
A barca que visita o Paraíso dos Soños, espera tranquila para acercarche ao MAR DOS SENTIDOS i emborracharte co cheiro da súa auga revitalizadora...
Visualiza aquélo que tanto desexas, pon rumbo ao destino que marques e súbete a éla.
Non esperes que sexa doado, pero a vida é por enriba de todo ilusión por acadar soños, eses páxaros que voan tan alto e que parecen querer fuxir de nós sempre.
Amenceu sobre o Val xa fai un cacho, i eu aínda na cama falando coa lúa mentras a vida anda por aí perdida, buscando o xardín desa primavera onde xerminen os soños de locura sen os que nada somos.
É domingo...Traxe, gravata, paseo...
A barca do Paraíso dos Soños espera na Ínsua, acariñada polas augas do Ulla, un mar feito río...
Ao lonxe, querid@s AMIG@S, o Meda preside...
E a vosa...?
Xaquín Miguéns Ces



INVERNO

 

  Ríos desbordados

veigas anegadas

enchentas a eito

na nosa campiña

 

é o longo inverno

con choiva e saraiba

ventos do ponente

cal un furacán

 

somentes nos tempos

deste longo inverno

de grandes trebóns

brétemas sen fín

 

agardando qué?

Sí, agardando Abril

cos seus dias claros

e noites máis curtas

 

dempois de tres meses

de dura invernía

todo pasará

polo ben da xente

 

e chegou aquí

a doce primavera

miriadas de prantas

mostrando un sorriso

 

esta nosa Terra

chea de riquezas

no mar e no campo

abundando o pan

 

os alegres trinos

xílgaros, canarios...

animando as mañáns

deste ¡Paraíso!

  Miguel Alberto,2021

NO MÁS MENTIRAS

 

  Confieso que odio las mentiras más que nada en la vida porque yo me vi obligada  a vivir una, que arrastró al fondo del pozo más negro a los seres que más amo en esta vida, ahora no puedo darle hacia atrás a las agujas del reloj de mi vida y corregir lo que, aunque ell@s lleguen a perdonarme por amor, yo no me podré perdonar nunca porque en este proceso enfangué mi dignidad y dejé de ser individuo pensador para ser títere de un manipulador. Pedí ayuda pero por aquel entonces era mi deber permanecer en el escaparate, allí seguí de maniquí con el eslogan en el anular de (todo va bien) y continué escribiendo en mi diario reglón a reglón, a veces con tinta, otras con sangre, años y años hasta que mis venas se secaron y las hojas del cuaderno terminaron. Entonces me miré en el espejo y vi lo que permití que me hicieran fijándome en mis amados seres, las ojeras negras bajo sus bellísimos ojos sin brillo y un grito desgarrador salió de lo más profundo de mis entrañas haciendo añicos el escaparate y salté a la palestra como una mujer forjada en hierro candente y aquella magma salió de mi garganta y escupí hasta dejar el volcán no dormido, sino muerto de por vida, pasé con esa acción de víctima a verdugo, de la buena de la película a la bruja terrorífica, dejé todo lo material, el respeto de las matronas y me quedé con unos pequeños corazones y mi dignidad.

Soy la mejor consejera que te puedes encontrar, la guía en cualquier oscuridad y nunca supe aplicármelos, no por miedo sino por pena, confieso que odio las mentiras porque yo viví una. A mi lado compartiendo cualquier sentimiento  quiero personas sinceras, admiro al enemigo que me viene de frente porque está a mi altura y aborrezco a quien escudado en la amistad me apuñala por detrás, si quieres permanecer cerca de mí, en la forma que te toque, hazlo siempre con sinceridad, tú, dímelo, yo ya veré si me duele o no, pero en mi alma no hay sitio ya para más juegos. ¡Vamos a vivir pero de verdad!.

  Mano Figueira,2021

ECHO DE MENOS

 

Echo de menos/ esa risa traviesa

la inocencia de niña/ de piernas inquietas

el correr de los años/ me robó su frescura

de mis sueños nocturnos/ a la luz de la luna

me envuelvo en silencios/ que mi alma perturban

buscando caminos/ que me alejen  las dudas

de soñar sin los sueños/ que en mi pecho se acunan

llenando silencios/ con palabras ocultas

borrando las huellas/ que mis pasos no dejan

por andar los caminos/ que para mí trazaste

donde  habitan los duendes/ de mis cuentos futuros

solo quiero verlos/ aunque mis sueños sean tuyos

devuélveme la sonrisa/ que un día me robaste

con promesas de mentira/ que en la Iglesia juraste

sin creer / que era nuestro destino

que andaríamos juntos/ hasta el fin del camino

 el camino fue duro/ y no aguanté los golpes

cuando todo es mentira/ cuando todo se rompe

   Paki Espiño,2021

TEMPOS

 

Quizáis no infinito tempo

quede a pegada humana

que lixeiro como o vento

deixa pó e nada máis

 

as gargalladas de onte

tornáronse a chorar

tíñamos felicidade e

non soubemos apertar

 

medran os dias de medo

as noites nos han de sobrar

atopamos no camiño

xente que vai detrás

  M. Dolores Ríal

REFRÁNS E DITOS POPULARES (Recopilados dos séculos XVIII e XIX)

 

Cal n´a fonte, cal n´o río, tópote sèmpre lavando, meniña ti te-l-o deño, ou sèica m´andas tentando. Deño: demo.  (cant. Polpular)

 

Dijèn eu para meu coleto: esta nena que ben fala; lève o diaño se non tèn estudiantes de pousada. (A. C.)

 

Escribinch´en papel fino e ti escribichem´en estraza. Ou te-l-o diaño meniña , ou mal me quères, rapaza. (cant. Popular)

 

Tiven un fillo e morréume n´a guerra como soldado, Bágoas que por él botei sábe-o Diosiño adorado.

Domingos è o meu amor, à Domingos hèi d´amar; domingos son dias santos; todo-l-os penso gardar.

Cando o diñeiro fala; todos calan.

Prenda de gallego diñeiro vale.

O que compra con diñeiro que n´e seu, non diga que compra, senon que vende.

(ditos populares)

 

A miña dòna relouca e decòte esta berrando, como s´eu tuvèra a culpa d´a rapiña qu´hay de cartos. (V. de Tunes)

 

Fun ò prado a segar hèrba e seguei cardos tan solo: acerquèim´a unha meniña e díjome: teño dono.    (cant. popular)

lunes, 15 de febrero de 2021

APROXIMACIÓNS A MANOEL ANTONIO (IV)

 Vou abordar agora a máis difícil e desagradable das entregas desta serie de reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (Axóuxere editora). Prometinme suscitar un debate racional e fértil, renunciando a recorrer a cuestións persoais que un profesor serio de filosofía, como eu pretendo ser, non debera empregar. Pero, neste caso, e sen que sirva de precedente, advirto ao lector, vou acabar este texto contando unha anécdota real que me pasou co profesor Axeitos, e sacando algunha conclusión máis dura do que me gustaría, pois o profesor Axeitos intenta pisarme no penúltimo capítulo do seu libro, Bosquexos biográficos de Manoel Antonio, e se alguén intenta pisarte, por simple dignidade persoal, debes responder con firmeza.        Aclararei antes que sei que neste tipo de polémicas adoita haber tres tipos de reaccións. Nun estremo, aqueles que optan por un dos contendentes por amizade ou inimizade, afectiva ou ideolóxica. Noutro, aqueles que consideran estas polémicas simples loitas de egos para conseguirlles ás súas estatuas as mellores vistas da vila. Por suposto, eu non escribo estes textos para ningún deses extremos, senón para aqueles que, independentemente das afinidades afectivas ou ideolóxicas, e independentemente de que pensen ou non que hai un conflito de egos, len os libros e queren chegar a unha conclusión por si mesmos coa maior información posible.        Vaiamos, sen máis dilación, con ese capítulo.        Nel, tras presentarnos unha entrevista que lle fan á nai do poeta ao final da súa vida, Axeitos analiza, outra vez en diálogo co meu libro sen citarme, a relación de Manoel Antonio coa nai. Non podo tratar agora esas cuestións, pero hai algunhas nas que, desde a discrepancia, recoñezo que as consideracións de Axeitos son dignas de consideración. Por exemplo cando di que, a pesar de medrar sen pai, na educación de Manoel Antonio “non se alterou en absoluto” o modelo hexemónico de masculinidade xa que o papel do pai foi asumido polo avó paterno e o tío sochantre. É evidente que esa expresión de non se alterou en absoluto é moi desafortunada, e debía matizarse. Axeitos cre que a figura dun pai pode substituírse como se substitúe unha lámpada por outra. Morre o pai, poñemos o avó a facer de pai, e problema solucionado. Pero insisto. Hai debate.         Porén, o que quería tratar neste texto, non é iso, senón os parágrafos finais dese capítulo. Despois de falar da relación de Manoel Antonio coa nai, Axeitos conta unha anécdota. Nun xantar entre amigos André Breton comenta a propósito de Antonin Artaud: O seu libro (Voyage au pays des Tarahumaras) é admirable pero onde remata a visión do poeta e empeza a das drogas? E, de seguido, di (perdoe o lector a longa cita, pero é inevitable pois non quero que alguén pense que manipulo as súas palabras):           As drogas que empregaban os tarahumaras, o peiote entre outras, eran plantas alucinóxenas, cactáceas, moi consumidas en cerimonias relixiosas. Outros escritores, nesa relación entre literatura e malditismo, empregaron opio, alcol, heroína, cánnabis...        Pero hai tamén outras drogas, aquelas producidas pola influencia intelectual de determinadas teorías, que tinguiron de enfermidades as biografías dos artistas europeos. Refírome concretamente aos denominados complexos psicolóxicos teorizados por Carl Jung e Sigmund Freud a principios do século XX. Ao consideraren a biografía como xénese das patoloxías mentais, esta premisa fundamental dos estudos freudianos patoloxizou as culturas e os artistas europeos e atopou, desde posicións reaccionarias, explicación doada a toda heterodoxia revolucionaria no campo da creación. O artista, sentado ou deitado no diván, é un paciente indefenso ao arbitrio do biógrafo que proxecta as súas propias frustracións sobre o doente indefenso, impedindo que sexan os pensamentos, o xenio persoal e a cultura adquirida as xeradoras da súa obra e das súas ideas.        Un escritor que non intúa no mundo unha dimensión escura, enigmática, moi dificilmente se sentirá con azos para emprender unha obra renovadora. No caso de Manoel Antonio ocorre así e non debemos empregar drogas ou sentimentos corrosivos para patoloxizalo e poñelo a disposición do complexo de Edipo, como fixo Camille Mauclair con Charles Baudelaire ao escribir a vida amorosa do escritor francés no ano 1927. Reeditada esta recentemente, volveu adquirir categoría de droga polas imitacións e imposturas que segue a espallar.    Permita o lector que, antes de comentar esa longa cita, a traduza á linguaxe común, pois Axeitos intenta disfrazar  intelectualmente o que non é máis que unha sarta de insultos á miña persoa é á miña obra, pois vén dicindo que eu, un reaccionario, é dicir, un facha, escribín unha merda de libro cheo de imposturas e falsidades e fantasías coa única fin de difamar unha boísima e xenial e revolucionaria persoa inventándolle enfermidades mentais, é dicir, tratando de facelo pasar por tolo, e por mala persoa, e, por riba, aproveitando que non podía defenderse. Lendo esa cita é inevitable deducir que o ego de Axeitos debeu sufrir moito (pero moito) lendo a miña biografía. Só así se entende que non opte por desprezarme coa indiferenza (pasar de min por irrelevante) ou por insultarme á cara, senón pola cuadratura do círculo de desprezarme coa indiferenza e por insultarme á cara ao mesmo tempo. Direino con claridade e firmeza: non se podo caer máis baixo. Pois calquera que lea a miña biografía e esas palabras de Axeitos saberá que son froito, non da indignación ética que sinte pola miña visión de Manoel Antonio, como el quere facernos ver, senón por algún sentimento corrosivo que, por respecto aos lectores, non vou mencionar. Limitareime a recomendarlle a Axeitos que vexa a película Amadeus, de Milos Forman. Non porque eu sexa Mozart, desde logo, pero si porque el é Salieri.        Comprenderá o lector, xa que logo, que me custe contestar semellante libelo (só pretende sinalarme como traidor á cultura galega, para vetarme, como xa me ten pasado, nalgúns institutos ou nalgún libro) co sangue frío dun filósofo. Intentareino, de todos xeitos. Cun aviso previo. Eu non vou crerme máis listo do que son con estratexias de Papa preconciliar. Vou chamarlle ás cousas polo seu nome. E, sobre todo, vou dicir a quen me dirixo.        Aí van, xa que logo, algunhas consideracións.       Primeira, e máis importante. Por que unha persoa como Axeitos, con todo o éxito do mundo na súa carreira intelectual (académico, catedrático e respectado investigador), pode cometer a vileza de negarse a citar o nome da persoa e do libro que está a desprezar? Como pode unha persoa dese nivel cultural, que pensa ademais que a cultura nos fai necesariamente bos, ser tan irrespectuoso co lector? Ocorrésenme mil hipóteses que non vou revelar por respecto a min mesmo, á educación que me deron meus pais, á familia de Axeitos (á que aprecio moi sinceramente) e aos nosos comúns veciños de Rianxo. Só recordarei unha cousa. Castelao, a pesar das diferenzas estéticas e éticas que tiña cun mozo e ousado Manoel Antonio, e habendo unha distancia de prestixio, ascendencia e influencia moito maior da que hai entre Axeitos e un servidor, debatía co poeta en pé de igualdade e, sobre todo, chamáballe polo nome. Porque, se ese desprezo se debe a que Axeitos non considera digno o meu libro, direille que poetas e escritores de primeirísimo nivel en Galicia, e de xeracións e ideoloxías moi distintas, como Antón Riveiro Coello, Antonio García Teijeiro, Alba Cid ou Xosé Luís Franco Grande, gabaron publicamente con entusiasmo o meu libro. E críticos tan respectados como Armando Requeixo, Manuel Gago, Montse Dopico e Ramón Rozas tiveron a ben comentalo con respecto crítico na prensa, ademais de ser recomendado por cinco escritores e profesores universitarios á prestixiosa editorial Galaxia que acabou publicándoo. E, sobre todo, algúns poetas novos e lectores fervorosos de Manoel Antonio que me agradeceron en privado unha visión tan ousada e valente e estimulante. E todos eles coinciden nun trazo que ninguén lles pode negar. Un profundo amor por Manoel Antonio e pola cultura galega.             Segunda. É alucinante a ousadía que o profesor Axeitos amosa nese texto, meténdose en temas que é evidente que só coñece dos apuntamentos que estudou hai máis de corenta anos para a oposición e que, polo seu inxente e moi eloxiable labor de especialista nun único tema, non tivo tempo nin de repasar. Non hai na miña biografía de Manoel Antonio ningún uso de conceptos freudianos (mesmo digo que renuncio a usar o complexo de Edipo) ou de Jung, agás, por razóns obvias, eses mecanismos de defensa que o propio Axeitos utiliza, suponse que sen sabelo, cando di que eu proxecto as miñas frustracións en Manoel Antonio. Xa que Axeitos suscita este debate como unha discusión pedante de taberna, direillo en termos tabernarios: Mil euros por cada concepto de Jung ou de Freud que atope no meu libro. E un millón de euros por cada enfermidade mental que eu lle atribúa a Manoel Antonio.          Nesa mesma liña, pero con máis gravidade intelectual aínda, está a afirmación de que teñen que ser os pensamentos, o xenio persoal e a cultura adquirida, e nunca a biografía, as que expliquen a obra e as ideas dunha persoa. (Se vos parece inaudito que un intelectual diga iso en pleno século XXI, volvede ler o texto. Creo que non o terxiverso). Á marxe de que Axeitos descoñece os principios básicos da teoría da evolución biolóxica, da xenética, das neurociencias, da psicoloxía e da psiquiatría, da socioloxía ou da antropoloxía, imprescindibles na actualidade para coñecer o ser humano, o que máis me estraña é que renegue das aportacións máis elementais do materialismo histórico, el, co que coincidín moitas veces en gabar algunhas das contribucións de Marx, e invoque o idealismo romántico máis rancio, sen dúbida debido a que había de ser a moda dos departamentos universitarios cando preparou as oposicións.           Terceira. Da mesma forma que a Axeitos, a min tampouco me gustan, por pouco científicas, as interpretacións de Freud e de Jung, interpretacións, por certo, que non se utilizaron só para patoloxizar revolucionarios, senón todo tipo de persoas. Non me atrevería a descualificalas como fai el pois coñezo persoas que respecto intelectualmente que as consideran categorías hermenéuticas válidas, e como o meu coñecemento do tema non é, desde logo, o dun especialista, o meu código ético esíxeme prudencia nas miñas valoracións. Pero no que non podo estar de acordo con el (mesmo me deixou abraiado cando o lin) é que dea a entender que Manoel Antonio é un doente indefenso. Home, de calquera morto que falemos, ben ou mal, non podemos agardar que dea a súa opinión, pero supoño que non por iso debemos deixar de falar deles. Entre outras cousas, cargariámonos toda a memoria histórica, mellor dito, toda a historia. E, por outra parte, non creo que Manoel Antonio sexa precisamente un autor que careza de defensores, e defensores vixiantes e apaixonados. O propio Axeitos, que é académico, recordémolo, dedicou a súa vida a crear un cordón sanitario ao redor da súa figura, e escribiu o libro que agora comentamos, non para aproximarse a el, senón para defendelo dun tipo que proxecta nel as súas frustracións. Mesmo se chegou a escribir un manifesto, con moi bo tino naquel momento, titulado Sacade as vosas sucias mans de Manoel Antonio. De feito, é un dos acontecementos    da cultura galega que eu máis valoro. A complicidade de todos os que amamos a poesía e a figura de Manoel Antonio.        Cuarta. É tamén moi sorprendente que Axeitos considere que Manoel Antonio non intuía no mundo unha dimensión escura e enigmática. Pero é unha afirmación de tal gravidade na interpretación do noso poeta que, por non estender máis este texto, xa de por si excesivamente extenso (porque está pensado para persoas verdadeiramente interesadas no tema, non para rexoubeiros ou fanáticos), deixareino para unha quinta aproximación.        Quinta. (AVISO AO LECTOR: VOU CONTAR A ANÉCDOTA PERSOAL). Axeitos e eu fomos amigos. Pero un día (antes da publicación das nosas biografías) esa amizade rompeu tomando un viño nun mesón. Falando con outras dúas persoas sobre Manoel Antonio, Axeitos dixo literalmente: “Manoel Antonio odiaba a nai. Non me estraña, el, tan revolucionario, ela, tan conservadora”. Eu atrevinme a opinar con prudencia: “Xa sei que ti tes máis información ca min sobre o tema, pero eu creo que a relación era máis complexa ca iso”. Púxose como un energúmeno, chamoume Facha e outras simplezas e deu por rematada a conversa e a reunión, sen poder evitar, por suposto, que eu lle respondera (perdendo un pouco as formas, recoñézoo) como merecía. Non volvemos falar nunca máis. Agora, no libro que acaba de publicar, escribe: “A profunda admiración, respecto e cariño de Manoel Antonio cara a súa nai foi tan exemplar como xenerosa se temos en conta o modelo cultural do seu tempo”.        Aledoume moito ese cambio e, neste caso, non lle vou reprochar que non me cite. No debate intelectual non importa quen é o primeiro en ter unha idea boa. O único importante é que sementemos o mundo con ideas boas, e que sirvan para que o sentido común e os coñecementos estean ao servizo da verdade. Telo conseguido é para min un orgullo íntimo, recoñézoo, e con iso confórmome, e animo a Axeitos a que, cando lle pase o enfado e o resentimento, volva ler o meu libro. Asegúrolle que acabará asumindo máis teses miñas, como xa asumiu neste último libro a da relación coa nai e a da relación co anarquismo. Non porque eu sexa máis listo ou incisivo, nin mellor biógrafo, senón porque escribín a biografía para coñecer como era realmente Manoel Antonio, non para mitificalo nin para deprecialo converténdoo no meu alter ego.           En fin. É evidente que Axeitos me chama reaccionario para que os revolucionarios admiradores de Manoel Antonio aos que el cre dirixirse, e que debe tomar por parvos e súbditos da súa Autoridade, se poñan en contra miña. Porque ese é o problema de fondo. Axeitos considera Manoel Antonio un revolucionario anxelical só preocupado polos mariñeiros, os emigrantes e os perdedores da historia porque tamén se considera a si mesmo un revolucionario anxelical só preocupado polos mariñeiros, os emigrantes e os perdedores da historia. Non lle vou negar o dereito a crelo. O que si lle nego é o dereito a dicir, por riba, que son eu o que me drogo.  

X.Ricardo Losada

NOS EIDOS

 

  Nos eidos da Vila

da fermosa Terra

ficaba unha nena

chorando soliña

 

a carón do río

nas estreitas rúas

na praza do pobo

ou naquel xardín

 

si, ficaba ferida

do primeiro amor

naquelas lembranzas

da súa nenez

 

agardando sempre

aquela promesa

que él lle fixera

máis...nunca cumplira

 

nos duros momentos

de longa invernía

de grandes recordos

e melancolía

 

¡non chores, meu Anxo!

¡esquece o pasado!

voltarán os días

de gran alegría

 

con outro galán

de fermoso porte

ti serás feliz

nesta longa vida

 

ti serás amada,

mil veces querida

é...reverenciada

cual diosa Afrodita.

   Miguel Alberto,2021

MALDITO VIRUS

 

¡ Cuidáos, amigos!

¡llegó el ladrón de almas!

cuando llega la noche

se acuesta a tu lado en la cama

 

¡no te asustes, no te duermas!

él  acecha en las esquinas

escondido en las ventanas

detrás de las blancas cortinas

 

él no duerme

solo respira

él come cuerpos humanos

él te destroza la vida

 

él no tiene piedad por los que se quedaron

tampoco por los que se van

solo espera en silencio

para poder atacar

 

¡cuidate, amigo mío!

este invierno pasará

llegará la primavera

y volverás a soñar

 

soñar con los ojos abiertos

donde los sueños se cumplen

si antes cumplimos nosotros

para que la vida perdure.

  Paki Espiño,2021

GAITEIRO

 

Cómo toca o gaiteiriño

que nas ás do vento leva

o brincar da muiñeira

ao compás da nosa terra

 

cómo repenica a gaita

con recendos de ledicia

enchendo o dia de festa

tocando á nosa Galicia

 

cómo vai cribando o son

coas notas de morriña

para a xente que se foi

deixándonos unha espiña

 

toca nos altos cumios

toca na beira do mar

vai deixando doces notas

pa quen as queira escoitar.

  M. Dolores Ríal,2021

CARTA DE CAPERUCITA

 

  Querido lobo: he llegado a la terrible conclusión de que ya no me necesitas, las excusas para atravesar el bosque son cada vez más pobres y el rojo de mi capa empieza a ser un abanderizado que me aburre hasta a mi. No capto esa honda que antes impregnaba el bosque de tu esencia más carnal, ahora tienes puesto un reto que no es que no pueda, es que ya no me llama a traspasar. Sería justo me contestaras para poner paz en mi mente y color en mi corazón, por dignidad, por integridad, por todo lo que te entregué manda respuesta inmediata,  pues vivir así es peor que morir, con amor desgarrado se despide tu Caperucita!!!

     Mano Figueira,2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (Recopilados dos séculos XVIII E XIX) (20)

 

  ¡Ai! ¡como à tua mamiña ti, Virgiña, agarimabas o añiño d´o pequeño que n´o dediño chuchaba!   (A. de La Iglesia)

 

S´o casar fora d´un dia, ou d´un ano tan siquèra, casàriam´eu, churrusqueira, por sabe-l-a vida que èra.

Roupiña de decotio, esclaviña e remendada, quèrote mais, miña roupa qu´a mellor prenda de garda.   (cant. Populares)

 

Decrúame tarde, arréndame cedo è pagareich´o que debo, díjo n´a tèrra o millo.

Decruar: cavar.

Ave que se muda, en cada sitio deija unha pluma.

Deitars´e non dormir, esperar à quèn non chega e sin galardon servir, cousas non desesperadas en que non debes cair.

O que con rapaces se deita, lujado se levanta. Lujar: manchar, emporcar. (ditos populares)

 

 

Felice-l-os que se deitan, sin ansias en que pensar, èrguense porque despertan e saben qu´han d´almorzar.  (cant. Popular)

 

Lavando roupa gordeira, mentras outra se deloira, estaba d´o Ulla  à beira, prèto d´unha corredoira, Taresa, moza solteira. (Marcial Valladares)

 

O qu´està de Dios, n´o lèva o demo.

O que non fuma, nìn bèbe viño, lèva-o ó dèmo por outro camiño.

Ou à dios, ou ò demo, ninguèn deija de servir, sin t´os que sirven à entrambos.

(ditos populares)

  Jesús Guimarey Mascaró,2021

lunes, 8 de febrero de 2021

APROXIMACIÓNS A MANOEL ANTONIO (II)

 Como prometín, sigo compartindo con vós as miñas reflexións sobre o libro de Xosé Luís Axeitos Aproximacións a Manoel Antonio (editorial Axóuxere, 2020). Pero antes de nada, tratando de ser sincero, quixera facer unha aclaración. Aínda que Axeitos non me cita nese libro, sentinme interpelado en varias ocasións, no sentido de que me daba a impresión de que criticaba algúns aspectos da miña biografía sobre o poeta rianxeiro. Por moitas razóns, pero, basicamente, por unha. Teño lido practicamente todo o que se ten escrito sobre Manoel Antonio, e esas críticas só encaixan co meu libro. Como non quero que o lector pense que son un tipo que cre que o mundo xira ao redor de min, anticipo tamén que, sexa ou non certa esa suposición, é o de menos. O único importante son os argumentos, e que o lector non perciba nesta crítica acritude ningunha. Só busco compartir a miña experiencia de biógrafo coa do profesor Axeitos, por se podo axudalo en algo, como el me axudou a min coa coidada e metódica publicación da obra e do epistolario de Manoel Antonio.

     No primeiro texto que escribín en Café Barbantia manifestaba a miña sorpresa de que ao profesor Axeitos non lle chamase a atención que Manoel Antonio non reaccionase iradamente ante as manipulacións que Ánxel Casal fixo do seu manuscrito de De catro a catro. Agora voume centrar nunha desas afirmacións que me uliron a crítica ao meu libro, entre outras razóns, porque é moi estraño que Axeitos, sempre tan rigoroso, non aclare a quen llelas dirixe, e porque estou convencido (quero ser totalmente sincero) de que non facer ningunha referencia á miña biografía é unha decisión premeditada e consciente. A afirmación en concreto é esta: Temos expresado en numerosas ocasións a especial esixencia e a intensa paixón coa que Manoel Antonio tratou a súa obra literaria. (…) Estas preocupacións, que formaban parte da súa poética e que se mantiveron desde tempos adolescentes ata a súa morte, están acreditadas tanto epistolarmente como na propia creación poética e teñen unha decisiva importancia para entrar nas intimidades do poeta. Porque anuncian e modelan ao mesmo tempo unha ascética creativa e unha certa moral de traballo que necesariamente proxectan tamén unha conducta socio-política de perfeccionamento, incompatible con certos sentimentos corrosivos atribuídos arbitrariamente a Manoel Antonio.

     Como xa dixen no anterior texto, coincido con Axeitos coa primeira afirmación desta cita. Sorpréndeme moito o que di sobre as intimidades do poeta, pero prefiro deixar este aspecto para outra ocasión. Aínda así, antes de entrar no tema que agora vou abordar (eses sentimentos corrosivos…), quixera facer unha precisión metodolóxica, pois considero que é imprescindible para entender a forma de razoar de Axeitos e o que, ao meu entender, é o marco de prexuízos no que se move. Refírome a ese salto que dá desde afirmacións de feitos contrastados (neste caso, preocupacións acreditadas epistolarmente e na creación poética) a afirmacións ideolóxicas (conduta-sociopolítica de perfeccionamento). É o mesmo que facían os teólogos medievais. Da existencia natural do mundo deducían necesariamente (necesariamente tamén di Axeitos) a existencia dun Creador sobrenatural bondadoso e perfecto.  Como acabamos de ver, Axeitos deduce do natural perfeccionamento literario de Manoel Antonio, o perfeccionamento sobrenatural da súa conduta ética e política. Ou acaso quere dicir Axeitos que debemos deducir necesariamente de todo escritor perfeccionista e apaixonado coa súa obra unha conduta socio-política de perfeccionamento incompatible con sentimentos corrosivos? Como ben comprenderá o lector, sería absurdo. Pero aínda máis. Como xa deixei claro no anterior texto, Axeitos ignora todos os datos ou feitos que refutan as súas hipóteses. Un grave erro metodolóxico no que cae con frecuencia, e que, dado o rigor co que adoita traballar, só pode ser inconsciente, e por iso me animo a revelarllo: para que, se o ten a ben, o valore, e poida así evitar esa  impresión que nos dá aos lectores de que primeiro chegou por fe á conclusión de que Manoel Antonio tiña que ser divino e, xa que logo, perfecto —chega a dicir que Pero Manuel Antonio non mentía nunca (…)—, e, de seguido, dedícase a investigar, non para saber como era realmente Manoel Antonio, senón para consolidar o seu prexuízo inicial. Porei un exemplo. Lendo o epistolario de Manoel Antonio descubro que lle chama covarde e verdugo da xustiza a Dieste por estar na guerra de África loitando co exército español nunha guerra colonial, e deduzo que Manoel Antonio ten unha conduta socio-política de perfeccionamento (pacifista, anticolonialista, antepón a Xustiza á amizade), pero sigo investigando e descubro que na mesma época en que escribe esa carta, el, para conseguir a exención, estalles a facer regalos aos mandos dese exército, mesmo pon cartos para darlles un banquete, e compra o uniforme pois acaba matriculándose na Escola militar de Santiago. Que debo facer? Ocultar este último dato para que non estrague a miña hipótese ou buscar unha hipótese alternativa que me permita explicar dous feitos tan contraditorios? Non creo que o lector, nin o propio Axeitos, teñan dúbidas de que debe facer un biógrafo serio e honrado consigo mesmo e, sobre todo, cos lectores.

     En fin. É encomiable a devoción que Axeitos ten por Manoel Antonio. Mesmo me provoca esa tenrura que sinto cada vez que vexo unha nai entregada as vinte catro horas do día a un fillo. E, debo recoñecelo, cando o leo, experimento unha sa envexa. Eu tamén son devoto de Manoel Antonio, pero teño a desgraza, parafraseando a Aristóteles, de ser máis devoto da verdade.

    (Que me desculpe o lector. Os sentimentos corrosivos atribuídos arbitrariamente a Manoel Antonio temos que deixalos para outro día).

X. Ricardo Losada

REFLEXIÓN...CADRO DO DÍA


  Un novo luns de zapateiros...

Segue o inverno co seu envelenado regalo de frío e moita chuvia, semellan cabreados os ceos, algo malo fariamos...
Parece hibernar a vida no Val, nen o sol asoma nen escoito os paxariños. Baixa triste o Ulla polas Brañas, quén o diría esperándoo, cos seus beizos de area fina para bicalo, súa amada Cortegada.
Camiño de "galeras" rebélome. Necesito aparcar tantos días de cor gris e rodearme daquélo que me axude a colorear a folla do día dun gran sentimento de benestar, de paz e de lindos soños...
Debo ollar o amencer coma un regalo, e dar grazas por ter a posibilidade de vivilo.
Un novo luns de zapateiros amence, descansan as medias suelas no banco, tamén a miña pluma...
Collo os pinceis e, sobre o lenzo do Val, coloreo...
Cada quén, querid@s AMIG@S, voso lenzo, vosas cores, e veredes reflexado o CADRO DO DÍA que a Alma vos dicte...
Debaixo o meu, xa imaxinado e pintado...!!

Xaquín Miguéns Ces

IMPLORANDO EL AMOR

 

  Dime tú, bella mujer

dime tú, que ya me amas

me postraré a tus pies

a jurarte amor eterno

 

pregúntale a tu corazón

que te conteste, si puede

si és que no tengo razón

cuando te digo, ¡te quiero!

 

¿cuando llegará ese día?

que espero con ansiedad

para decirte, ¡te amo!

Junto a los pies del Altar

 

puede que mi boca calle

y que mi corazón lo sufra

esperaré por el sí

hasta la eternidad

 

yo solo te pido amor

respeto y sinceridad

te ofrezco mi corazón

esa és la pura verdad

 

te cuidaré con cariño

en caso de enfermadad

¡y te daria mi vida!

para salvarte la tuya.

   Miguel Alberto,2021