domingo, 25 de septiembre de 2022

REFLEXIÓN: SORRISO NOS BEIZOS

 Abro a fiestra e ollo o Val...

  Amence o primeiro día do outono co sol tratando de facerse un oco...

  Un viruxiño sopla nas Brañas, pero non semella que a chuvia faga acto de presencia.

  Bo día Xaquín, nótoche pampo, escoito xa pasado un bo anaco de tempo.

  Amigo merlo, onde andabas...? Máis que pampo estrañado, porque non escoitaba teu canto. Pensaba que a un amencer así para recibir o outono deberías adicarlle un melodioso trino, i eu un sorriso de orella a orella, un pouco desentonando co careto de medio mundo.

  Non todo vai ser cantar, Xocas. Ás veces hai que pensar, algo que semella non estar entre vós moito de moda. Son momentos delicados e nada ten de estraño que, no lugar de alegrarse, a xente saia da casa temerosa porque de novo amence.

  Pode que teñas razón, larpeiro. A vida é agora mesmo unha mezcolanza de doces soños e pesadelos, unha pistola na cachola xogando á ruleta rusa, a guerra de Ucrania serve de exemplo...

  Unha nova estación que comeza ilusionante para uns, e bombas que arrasan as ilusións, para moit@s outr@s...

  Pero a vida ten que seguir, e o xeito de sentir nos miolos as cóxegas que necesitamos, é espertar, subirnos no tiovivo e oír a súa música cun sorriso...

  Mentras se escoita o son da Natureza, o sol asoma nas Brañas e un lixeiro nordés move as canas das beiras dun Ulla que baixa sorrinte pensando en bicar os beizos de area fina de súa amada Cortegada antes de desaparecer feliz na Ría, un tipo raro mantén unha conversa cun páxaro.

  Por algo din que tes unhas pingas, Xaquín.

  Son benévolos merliño, pois non son bos tempos para a lírica, como soe decirse, e, a pesares, teño un SORRISO NOS BEIZOS mentras ollo como amence.

  Xire o carrusel sempre, Amigo Xocas...!!

O Paraíso existe


Xaquín Miguéns Ces





LAS MANÍAS DEL REY PARANOICO

 No puedo imaginar una forma mejor de sumisión y vasallaje, algo que uno no pensaba ver en pleno siglo XXI, por más conservadores que sean los británicos.

Carlos III ya es rey de Inglaterra, como corresponde a una monarquía donde el cargo pasa de padres (en este caso madre) a hijos, como si el país entero fuera el anillo de la abuela o el reloj de bolsillo del bisabuelo.

En unos pocos días estamos comprobando cómo es el personaje. Todos hemos visto su cara al pedir que le quiten una bandeja de la mesa en la firma de proclamación y cómo se enfada por la pluma que pierde tinta.

Si miran un vídeo de YouTube que habla de sus manías, verán que es una persona a la que se le tiene que planchar cada día el pijama y los cordones de los zapatos, o que hay que ponerle incluso la pasta de dientes en el cepillo. Habrá también quien se la menee cuando le antoje. 

Un antiguo ayudante de cámara explica que en cierta ocasión le llamó para pedirle que le recogiera un papel que se le había caído al suelo, y que antes de un viaje envía a su destino la cama, las fotos de la mesita de noche, la tapa del inodoro y el papel higiénico de marca exclusiva. 

Todo ello serían anécdotas si luego fuera un rey amante de su pueblo, respetuoso con sus súbditos, buen gobernante y un ejemplo de honradez, pero que haya despedido a más de 100 personas (sueldos pagados por los súbditos) que le han servido durante años en su residencia no augura nada bueno.

Y, a pesar de todo, la guardia real proclamó que era “nuestro único señor feudal, legítimo y por derecho”. Falta sólo el derecho de pernada, que seguro a escondidas aún lo práctica. 

No puedo imaginar una forma mejor de sumisión y vasallaje, algo que uno no pensaba ver en pleno siglo XXI, por más conservadores que sean los británicos.

Aquí en España no crean que la realeza es más ejemplar, ya conocemos las andadas del campechano y allegados, lo que pasa que las manías aún no salieron a la luz. Las Sinvergüenzerías  están en todos los reinados. 

¡Dios salve al Rey! 

LINO SABORIDO




HAY NOCHES

 ¡Hay noches y noches! , decía un buen amigo hace nada.

Y es cierto.

Son esas en las que un nudo amarra el estómago y una pared de bloques te aprisiona los pulmones

 impidiendo la entrada del aire .

Esas en que las lágrimas se derraman hacia adentro y van ahogando tu alma.

Esas en que la soledad impregna tu piel  y te opaca,

te sientes perdida ,desesperanzada ,vacía , inútil , desafortunada.

Esas noches , las horas son semanas y ver amanecer es un reto que parece inalcanzable.

Esa noche , es esta noche.

Te sientes morir o lo prefieres,

porque la vida pesa como losas de cemento armado .

El pasado , como el mar, viene a devorar lo que se le ha quitado.

Son esas noches donde rendimos cuentas al peor juez, nuestra conciencia.


 Mano Figueira.





 

O TEU CANTAR

 

Cando che escoitaba tararear

esas cantigas da abuela

con esa voz túa, 

tan especial

marchaban as nubes todas

viña o sol a brillar

e toda a miña  atención 

xiraba ó teu son.

Cando che escoito tararear

madre, 

volvo  a renacer

desátanseme os nudos

do peito 

desaparece a oscuridade

e sensible a túa voz 

volvo a vibrar

sen medos

nin fantasmas.

Neses momentos

é para min un 

remanso de paz.



                               


 Mano Figueira

ME QUITO EL SOMBRERO

 Me quito el sombrero ante usted.

Porque con su falta de empatía me ha despertado de mi inconsciencia .

Porque su egocentrismo no me fatiga, me deja exhausta  .

Porque  su orgullo infantil raya en lo cómico si no fuese porque maldita la gracia que me hace.

Porque el querer abarcar tanto sin dar nada , me hastia .

Porque su falta de tacto me provoca repelo hoy, indiferencia mañana .

Porque su orgullo mal entendido mata mi humildad

y porque sus ganas de amarme no abarcan mi amor por entero.

Me quito el sombrero ante usted, porque desde las nubes no se entera de lo que provoca en el hundimiento

bajo tierra de mi corazón.


 Mano Figueira.





sábado, 17 de septiembre de 2022

CEIBE

 Nacín ceibe cal gaivota

que plana a barlovento,

coma a auga na fonte,

coma no monte o breixo.


A liberdade aleitáronme

uns mornos e fonxes peitos

e medrei sen atadallos

coma as pólas do ameneiro.


No colo da maina brisa

as miñas ás esparexo,

lonxe de plúmbeas xaulas

e cadeados de ferro.


Non quero que me apouquen

sentenzas de fatos beizos,

nin que o meu voar abatan

os avesos sentimentos.


A regalía meirande

é a liberdade que ostento;

con ela ergueita avanto

e endexamáis me arredo.


E, se un día precisara,

este sangue do que alento

que entón da vida me priven

sen ela a vida non quero.


Silvia Figueiras




                                                                     Laura Padín

GALEGA DE BOA ESCRITURA

 Din que hai unha muller

que lle gusta escribir poesía

cando alá polo sesenta e seis

en Montevideo nacía


Silvia leva de nome

Ela, da terra nada sabía

os seos pais con ela da man

chegou polo sesenta e oito a Galiza


fixeron vida en Sanxenxo

ahí forxou o destino

para que o día de hoxe

teña publicado un libro


por título, Alma de Outono

con verbas de toda unha vida

Silvia Figueiras Dovalo

que desde nena escribía.

Paki Espiño,2022


P.D. Noraboa, Princesa!.


A SILVIA

 A nosa Terra sempre foi moi prolífica en cultura, tanto en música, pintura, escritores, poetas...

Fai uns dias coñecín a noticia da publicación de un libro de poesía, (Alma de Outono) escrito por Silvia Figueiras Dovalo, unha dona nada en Montevideo pero filla da emigración e retornando á nosa Terra sendo ela unha nena de dous anos, pasando a súa xuventude nas Rias Baixas, e decir, no Paraiso, onde mora actualmente na compañía do seu marido e coidando a súa nai de avanzada edade, pero Silvia ten tempo para todo eso é máis, pois tamén é miembro do noso grupo onde escribe todas as semanas as súas poesías, que por certo eu admiro, e non é peloteo, simplemente me gustan e admiro a súa maneira de xuntar letras, palabras, frases...

Silvia comenzou a escribir poesía á edade de 16 anos tendo algúns altos no camiño (como nos pasa a todos) pero retomando a pluma de novo con máis forza e voluntade, ahí está o seu froito, un libro de poesía que por certo tiñao moi en secreto porque no noso grupo non sabíamos nada. 

Amiga Silvia, dende aquí a miña noraboa por este "alumbramento" tal como che comentara na conversa que tivemos por teléfono dias pasados, por tanto ¡a seguir escribindo! , pois como di o título do noso grupo: Scripta Manent.


  Unha aperta amiga, Octavio Romero 2022


PARABÉNS, SILVIA!

 

Felicitamos a nosa compañeira escritora, Silvia Figueiras pola publicación do seu poemario  Alma de Outono. 

 Resulta moi gratificante comprobar que a xente boa triunfa.

 Es unha referencia e un exemplo para todos os que disfrutamos escribindo, pois cumpriches as expectativas e os soños do creador que anhela compartir a súa obra.

 Agardamos que éste sexa o primeiro de moitos éxitos futuros.



 Parabéns,  prezada Silvia!



 Os teus compañeiros escritores de Scripta manent





miércoles, 14 de septiembre de 2022

AQUEL NENO PERDIDO UN DOMINGO NA GUADALUPE

 Hai historias que nunca se poden esquecer.

 Necesito algún ansiolítico para verme inmerso nas multitudes, porque as multitudes me estresan dende neno. 

Hai uns anos, en Nova York, ir enlatado no metro tantas veces foi quizais parte da miña terapia inconsciente que baixou a intensidade da miña claustrofobia. 

Nos anos sesenta meus pais leváronme á festa un domingo de Guadalupe. Cando apenas tiña cinco ou seis anos, nunca vira tanta xente reunida, nin escoitaba tantos sons, emitidos por incontables carruseles.

 Meu pai, para cumprir coas súas obrigas paternas, púxome nun dos ponis. Aquel animal de plástico subía e baixaba, mentres o carrusel daba voltas, e voltaba, e voltaba, tanto que acabei mareado.

 Cando o carrusel parou, optei como puiden por baixar, pero fíxeno na dirección contraria a onde estaban os meus pais e non os atopei. 

Comecei a circular durante moito tempo por medio de tanta xente para poder atopalos. Inconsciente da preocupación dos meus pais, só me preocupaba a cara de sarxento e a resposta de meu pai cando me atoparan. 

O cantante da orquestra xa emitira en tres ocasións a través da súa megafonía a perda dun neno, detallando exactamente a miña estatura de anano e a roupa que tiña. 

Pasou polo menos hora e media antes de que un par de veciños me recoñecesen, me trouxeron ata o palco e o cantante avisaba harmoniosamente da miña aparición. E cinco minutos despois apareceron os meus pais.

 A miña nai abrazoume coma se nacera ou me recuperaran dun secuestro. 

O meu pai mirou para a miña nai e díxolle todo serio: 

-Marina, xa che dixen que este neno naceunos despistado.

Lino Saborido.



BÚSQUEDA

 He navegado en cien mares

con vientos huracanados

y he cruzado mil montañas

grandes y copiosas nevadas


cabalgando en mi caballo

por los áridos desiertos

sin agua ni alimentos

expuesto a mil avatares


vadeado grandes ríos

de aguas tumultuosas

y valles multicolores

floreciendo en primavera


he cruzado esas fronteras

sorteando mil controles

de diversos continentes

más...no hallé tu paradero


he dormido a la intemperie...

de compañía, el caballo

de almohada una piedra

de guardián el propio Cielo


no cesaré en mi empeño

de buscarte noche y día

allá, a los cuatro vientos

cariño, ¡tú, eres mi vida!


  Miguel Alberto,2022

THE QUEEN

 Se murió la Reina

se cambia la historia

su pueblo la quiere

su pueblo la honra


hasta los reyes se mueren

cuando llega su hora

nadie es inmune

cuando la muerte nos ronda


ser buenas personas

con sus buenos actos

que sin darte cuenta

estás al otro lado


nos sobran las riquezas

cuando al marcharnos

suenan las campanas

nos están enterrando


la llenarán de flores

le harán homenajes

llenarán su espacio

con otros personajes


aunque los reyes

también son personas

a veces se olvida

que se les añora


la única diferencia

que de vosotros nos separa

es que a mi solo me recuerda

el que un día me amara.


  Paki Espiño,2022


P. D. Descanse en paz Majestad

martes, 13 de septiembre de 2022

A "REAL" FONTE

 O raio da aurora mística de excelsa e efervescente luminosidade, nun hálito espontáneo logra alumear a señardade de pretéritos tempos, intres de protagonismo para que a inocencia inmadura reclame brincar coa imaxinación e creatividade dunha crianza soñadora.

Dende o apousento nocturno, no leito sobre un colchón de carochas murmuradoras e queixosas de calquera movemento, o sono como necesario compañeiro de fátigas deses soños de crianza. Aí mesmo, toda a comitiva do cume sacro posuía a súa feiticeira morada.

Árbores encantadas, bolboretas danzantes, trasgos inquedos, mouras de sofisticado embruxo…

No entanto, nese idílico benestar, sempre a presenza dun abrollar de fresca pureza.

Presenza constante na admiración dese cadro secular do que emerxe a visión cristaíña e cantareira, auga nativa do alto sacro, escoitar e ollar ese picho manando sen esmorecemento anual. Líquido imperturbable caendo na pía pétrea que recolle este maná acuoso, para axiña agarimar co seu alento no xardín colectivo que rodea a esta fonte emblemática, senlleira e patrimonio en exclusividade do pobo.

Adormeces e espertas, entrementres o sonámbulo percorre carreiros e corredoiras, todos estes vieiros con destino no picho dunha real fonte.

No BOP do mércores 13 de xaneiro, o servizo territorial de augas de Galicia, expón a información pública o seguinte anuncio:

O Concello de Boqueixón solicita de Augas de Galicia a autorización das obras de recuperación da antiga Fonte do Santo, no lugar do Pico Sacro, na parroquia de Lestedo.

Despois de varias décadas de inxustificada catividade acuosa, benvida dende a camposa sedenta a tan afamado elixir, no lugar as tollemerendas ilusionadas preparan unha grande esmorga para celebrar tan desexado e agardado renacer.



                                                                        Xosé Manuel Lobato

domingo, 11 de septiembre de 2022

LUDISTAS RADICAIS


Cóntame un amigo que acaba de chegar de Nova York que nos círculos artísticos desa cidade a calquera que non teña conta en Twitter chámanlle ludista radical. O ludismo foi un movemento de principios do século XIX encabezado por artesáns ingleses que protestaban contra as novas máquinas (teares e máquinas de fiar) da Revolución industrial porque, segundo eles, substituirían os artesáns por traballadores menos cualificados que cobrarían salarios máis baixos. Ned Ludd, de aí o nome do movemento, simbolizou a protesta rompendo varios teares. Ludista é, pois, un opositor ás máquinas. Dito en termos actuais, un opositor aos ordenadores e aos teléfonos móbiles.


     Non tiven ningunha dúbida de que ese amigo, farruco defensor das novas tecnoloxías, estábame chamando ludista radical. Non teño conta en ningunha rede social, e sempre receou da miña prevención (que non rexeite, pero el non admite matices) cara ás novas tecnoloxías. De feito, sempre desdeñei esa acusación, á que tan habituado estou, sobre todo cando me presentan como “un profesor de filosofía que non ten carné de conducir”, de tal forma que só cabe interpretalo como que ser profesor de filosofía implica necesariamente (imos de rariños) non ter carné de conducir. Hai poucas cousas que me irriten máis. Que á miña idade pensen que non teño carné de conducir por ter estudado a Platón, insulta tanto a intelixencia de Platón, como, o que é peor, a miña propia.


     Conto iso para que saibades que estou habituado a ese tipo de acusacións. Pero ese día, a verdade, apetecíame aceptar que era un ludista radical. Sempre me molestou o ton soberbio de quen cre descubrir o Mediterráneo nunha cidade snob a máis non poder como Nova York. Para que me entendades: levan máis de un século considerando estar á última cousas como os piercings, as tatuaxes, as festas con drogas, os grafites, cando xa existían na Idade de Pedra. E eses días aínda estaba máis sensible. Acababa de ler unha novela de Siri Huvsdet que fala dos círculos artísticos desa cidade (Esa pústula ambulante, adiñeirada e endogámica, chámalles), e parecíame un afago que uns tipos así me considerasen un ludista radical. Ata recordei algo que fixera esa mesma mañá. Tiña que calcular as notas dos exames dos alumnos con regras de 3 (por exemplo, 55 acertos por 10 dividido entre 75, o número total de preguntas) e, a pesar de que tiña calculadora no móbil, preferín facelo con bolígrafo e folio. Gústame practicar de vez en cando algún anacronismo. Pero non porque estea en contra das calculadoras, nin dos coches, nin de ningún tipo de máquina, senón porque de vez en cando prefiro facer as cousas como as fixen toda a vida. Máis que un rexeite do futuro, é unha reivindicación do pasado. Incluso na forma de escribir, con todas as indubidables vantaxes que ofrece un procesador de textos, a parte máis importante, as correccións, fágoa a man.


     E xa non vos digo como dou clase. Algúns compañeiros dinme que parece mentira que siga ensinando como Sócrates (voz, concepto e diálogo), que viviu hai máis de vinte e cinco séculos. Dinmo como unha crítica, pero eu tómoo como un afago. O método educativo de Sócrates tamén foi na súa época unha nova tecnoloxía, pero tivo a desgraza de non trunfar máis que en círculos moi reducidos pois é realmente interactivo: require un diálogo a nivel intelectual moi esixente entre mestre e alumno, unha interactividade que nada ten que ver coa dos ordenadores actuais, meramente visual, e que só esixe pulsar un rato ou unha tecla na práctica real da maioría dos usuarios. Que me veñan a min con novas tecnoloxías educativas, dáme a risa. Ningunha nova tecnoloxía educativa funcionará se antes non dominamos a primeira nova tecnoloxía educativa que existiu, o diálogo socrático. Así como non é posible aprender a bailar se antes non aprendemos a andar, tampouco o é aprender a usar ben un ordenador se antes non aprendemos a manexar mental e dialecticamente os conceptos. Mentres tanto, como di José Antonio Marina, un burro con ordenador seguirá sendo un burro.


     Son, xa que logo, un ludista radical? Ao contrario. Eu non quero destruír ningún ordenador nin ningún teléfono móbil. Quero que os usuarios desas máquinas sexan respectuosos con elas. Así como me molesta que a actividade máis intelectual que os humanos facemos cun cerebro que custou millóns de anos de evolución construír, e que ten unha potencialidade inmensa, sexa ver reality shows ou rexoubar, tamén me indigna que se use o ordenador só para insultar en mensaxes de 280 carácteres ou para ter conversas insulsas ou para colgar fotos ou vídeos graciosos. Son os usuarios das redes sociais os que son ludistas radicais, pois destrúen os ordenadores e os móbiles, non a golpes, como os ludistas do século XIX, senón coa tortura chinesa de darlles traballos (mobbing!) que están moi por debaixo da súa capacidade. Algún deses adictos a Instagram ou a Youtube se parou algunha vez a pensar como se pode sentir un teléfono móbil ou un ordenador de última xeración que só se usa para colgar ridículos selfies ou vídeos caseiros? Non se dan conta de que é tan humillante como se ao mellor cirurxián do mundo só lle mandasen pór puntos de sutura en pequenas feridas?


     Non. A min ninguén me pode acusar de ser un ludista radical. Eu defendo a dignidade das máquinas, sobre todo as de última xeración, e por iso as uso, sabendo que, en moitos aspectos, estou por debaixo do seu nivel intelectual, en escasas e puntuais ocasións, pero sempre con moito respecto e unha profunda admiración.




                                                               X, Ricardo Losada

REFLEXIÓN...ADIANTE

  Treme  o merlo mentras canta, no Val o graxo voa baixo...

  Perdoa que non saia do niño nen quite o abrigo para darche os parabéns, Xaquín. Fai un frío...

  Ou fuches ben ruín durante o ano, ou lambíalas tarteiras de pequeno, porque o día mete medo...Podes, tamén, seguir culpando a "Barra".

  O de lamber as tarteiras e a chuvia, merliño, nada ten que ver con cumprir anos, nótase que es un pipiolo e non atemporal como eu pensaba, quédanche lonxe os contos de vello...

  Sobre o de ruín, que vou decir que non saibas, xa nunca fun bo para selo agora, pero cala o peteiro que non es tí mellor, e veñen aí os Reis.

  De "Barra", só espero que se vaia axiña coa súa música de vento, frío, chuvia e neve a outra parte.

  Non semellas espertar de moi bo talante para ser un día tan especial para tí. Deberías estar ledo, non tódolos días se cumpren 66 anos. 

  Amigo merlo, xa é moito o vivido, e pode que non exteriorice o que sinta por dentro. 

  Vas contarmo...?

  Direiche que hai varios xeitos de ollar ao longo da vida o que significa cumprir anos...

  Por unha banda está o pensar que cada ano empezamos unha nova carreira, con ese día coma punto de partida, na que imos sumando novas experiencias ás xa acumuladas, coas  que tratar de non tropezar más dunha vez na mesma pedra, xa sabemos que unha hai que facelo, somos humanos. Soemos ollalo así, ou polo menos quero pensalo, cando somos xóvenes e nos sentimos fortes, ilusionados e pensando que nos queda toda unha vida por diante... 

  Por outra, está cando nos imos xa facendo vellos, ás veces más de espíritu que de outra cosa, e aí está o quid do conto...Ou ben sentimos que cada ano cumprido é un menos que nos queda, que xa son poucas as ganas e as forzas coas que evitar os tropezóns, e o  que facemos é agarrarnos a un bastón e suplicar que non haxa pedras, ou ben dándolle ao bastón as costas, sentíndonos xóvenes, decidimos vivir a tope o pouco ou moito que nos quede.

  E cal elixes tí, Xaquín...?

  Bonita pregunta, Amigo merlo...Na fotografía sacada no Museo Nós Nuco, atoparás a resposta, do mesmo xeito que eu atopei mil...

   Votando man doutro refrán de vello, que di que son dous días a vida, pensando que recén xubilado día e medio vai alá canto menos, non quero ollalo doutro xeito que sentir que me quedan moitas cousas que facer por diante, e que vou tratar de vivir cada momento coma se fora o derradeiro, coa ilusión do neno que tod@s deberíamos levar dentro...

  O pasado ensinoume moitas cousas, o mañá no teño garantido, só queda o agora, e non hai mellor xeito de vivilo que disfrutar do que che gusta a carón daqueles que che quieran a seu lado...

  Non existe o tempo, disfruta, deciame onte unha Amiga, mil grazas...Así, merliño, quero facelo, quédanme cousas por diante, pero vivindo o presente. Non quero ser un morto en vida sentado á porta, esperando polo da gadaña.

  Se observas ben a fotografía, ollarás que o señoriño do bastón quédame ás costas, mirarei cara adiante vivindo o hoxe.

  Querid@s Amig@s, meu desexo que dentro dun ano nos atopemos aquí tod@s de novo ...

  Mentras, como comentaba outra Amiga, moitas grazas por tan fermosas verbas,  ADIANTE, sempre en presente...!!

  Traxe, gravata...

  Moraña...!!

 

                                        

                                                                   Xaquin Miguéns Ces

LOS DISTINTOS REINADOS

 

Hoy Antonia no se ha despertado. Su marido, Juan, ya llevaba dos horas con las faenas diarias desde las seis de la mañana. Había extraído dos litros de leche de las dos vacas y dado de comer a las pocas gallinas que quedaban en el corral. Acudió extrañado a buscar a su esposa ; Antonia jamás en cincuenta años había abandonado sus labores mañaneras. La despertó con incertidumbre y preocupación: ¿Estas bien? Antonia abrió los ojos y apenas se movió. Me tenías preocupado, si quieres yo preparo algo para desayunar, -dijo Juan con preocupación-. Antonia se levantó muy lentamente, se sentó en la cama, y con su mirada fija al suelo, exclamó con voz muy pausada: -Ayer se murió la Reyna Isabel de Inglaterra. Vivió 96 años, nunca pasó hambre ni se preocupó si sus hijos tenían necesidad de algo, todos ellos nacieron con el oro debajo del brazo. Los míos nacieron con el hambre y la miseria debajo del brazo. Pero me enorgullece nuestro esfuerzo por ellos, salieron bien educados, con buenos principios, estudiaron y se emanciparon, sin necesidad de títulos nobiliarios. Eso sí que es historia y pundonor. Me quedan pocos años para llegar a la edad de esa difunta, y me pregunto porque unos tanto y otros tan poco. Jamás me había quejado, en mi vida no tuve envidia de nadie, pero después de ver ayer en todas las noticias tanta basura y parafernalia de todo ese reinado, me dan náuseas y no me apetecía levantarme. Bueno querido Juan, vamos terminar las faenas de nuestro reinado. Lino Saborido.





A GUADALUPE

 

Cando era rapaza , meu pai (que era mariñeiro da mercantil e estaba fora da casa medio ano , mínimo) , sempre intentaba coller a campaña que na Guadalupe estibese en Rianxo.

Eu non alcanzaba a entender cómo prefería botar fora as navidades e perder de estar con nós nesas fechas tan especiais.

Un día , moi enfadada , díxenlle que non nos quería o suficiente cando optaba sempre por as festas do pueblo , e él moi serio , con esa actitude de home de mundo, dixome:

Cando andas polo mundo adiante  embarcado sen ver terra firme durante meses , a familia sempre a añoras e che comprime o peito non tela preto, pero nós os galegos tamén temos un sentimiento sen traducción para o resto , eche a morriña , filla, algo que nos acompaña en cada partida e que sólo se reconforta e sana cando estás na terriña ,por eso que cando podo vivir as festas da Moreniña , con vos e os meus , recargo as pilas .

E eso que che explico , alo de entender algún día.

Él falleceu con cincuenta anos, e hoxe eu podo reafirmar as súas palabras .

Non miro que orquestas traen, nin canto van tocar , sólo sinto esa atmósfera especial que envolve a todos os rianxeiros e que no campo   eses días fainos ser a todos iguais.


Mano Figueira.




viernes, 9 de septiembre de 2022

LA TRAICIÓN

 Nos pasa, 

luego nos pesa.

Pero los caminos oscuros

como los malos amigos 

los reconoces  en tus memorias

pero los evitas 

en el futuro.

Las balas no matan fantasmas

pero los mantienen a raya.

Cuando años de fe

son apuñalados por la espalda

algo se quiebra en el alma

y aunque lo que no te mata

 dicen que te fortalece...

saber que el disparo

provenía del arma

de quien querías a ciegas,

rompe por la mitad

lo que ya no se une

ni con el condicionante 

del perdón más sincero.




                                                                   Manuela Figueira

lunes, 5 de septiembre de 2022

REFLEXIÓN...NON TEÑO VERBAS

  Abro a fiestra e no Val noto un arrecendo diferente...

  Non ollo o sol e non para de cantar o merlo, semella que lle da corda a babuxada que está caendo.

  Vas a mollar o frac, larpeiro.

  Que me importa, xa non sabía a que cheiraba a terra mollada, estrañábao tanto, Xocas. Non é máis ca unha chuvia miudiña, como diría a gran Poetisa da Terra, pero que pracer poder mollar as alas.

  A necesidade, merliño, que temos de auga. As cousas non pintan ben se na nosa querida Galicia temos que pedir que chova. A culpa...? Na ten ninguén, a min que me rexistren... Así sempre, no lugar de facer examen de conciencia e pensar na actitude que cada un de nós, individualmente e como sociedade, temos coa Nai Natureza. 

  Ben apuntado, Xaquín, mágoa...E mira por onde, aparece ao día seguinte do San Ramón. Anda que non é milagreiro o santo, conseguir que ti e a chuvia aparezades novamente...

  Os fontaneiros do ceo tiveron a ben, graciñas, deixarnos disfrutar dun día espectacular de Romaría onte. E deberon pensar que, xa que ti apareciches de novo no Facebook, era unha boa ocasión para que a chuvia chegase hoxe.

  Dubido que os tales fontaneiros me coñezan, nin creo que a miña volta mereza ningún tipo de celebración, pero grazas mil a tod@s quenes tivéchedes a ben acordarvos de min e saudarme...

  Feliz setembro...!!

  NON TEÑO VERBAS...!




LA BARBARIE HUMANA DE LOS REFUGIADOS

 Ante nuestros ojos de espectadores, cada vez menos atónitos y más anestesiados, desfilan imágenes de colas interminables de personas que lo único que saben es que cualquier lugar va a ser mejor que el que era su hogar, que cualquier vida va a ser mejor que la suya. 

Son imágenes que hemos visto en muchos tiempos, en muchos lugares, en muchas situaciones, desde que hay cámaras capaces de inmortalizar estos momentos. 

Pueden cambiar las personas, el ambiente, el lugar o hasta las ropas, pero el espíritu es el mismo. Huyen de algo que hasta hacía poco era su casa y hoy podría convertirse en su cementerio.

Siempre que veo esas imágenes pienso lo mismo. Cómo se sentirá alguien que, de la noche a la mañana, ha de dejar todo lo que tenía por cierto en pos de una vida en que todo es incierto, porque sus certezas se diluyeron entre los restos de la barbarie humana. 

Cómo debe ser dejar una casa sin saber si se volverá alguna vez, o dejar amigos o parientes sin siquiera poderse despedir. Y, por supuesto, el vértigo que debe dar llegar a un lugar del que se desconoce todo, incluido el idioma.

 Por eso me indignan tanto las voces que abominan de la inmigración como si se tratara de un capricho en lugar de una dolorosa necesidad.

Hablamos de personas refugiadas, pero no lo son en el más extenso de la palabra. Porque un “refugio” debería ser un sitio seguro donde guarecerse, y no siempre somos capaces de proporcionárselo. No hay más que echar un vistazo a todos esos campos de refugiados que hay por el mundo para llegar a esa conclusión.

Las personas refugiadas, no lo olvidemos, son personas como cualquiera de nosotros que tuvieron la desdicha de nacer en el lugar y momento equivocado. 

El azar nos colocó a este lado del globo terráqueo, como nos podría haber colocado en el suyo. 

Y, sobre todo, hoy son ellos, pero mañana podría ser cualquiera. Como ocurrió aquí en un pasado no tan lejano.




                                                             Lino Saborido Rial


ESTRELLA

 Vive en el Cielo una estrella

tan brillante y tan hermosa

que tienen celos de ella

todas las humildes rosas


cada noche al acostarse

la mira desde su ventana

nunca la alcanzará

jamás podrá tocarla


brilla solo para ti

será que te reconoce

un día te tuvo en su cuerpo

un día fuiste su hombre


lejos de todo, él está

cerca de todo lo siente

el amor es de quien amó

tú lo amarás para siempre


en el Cielo hay dos estrellas

jugando con la luna llena

esta noche brillará

donde besa el mar la arena.


  Paki Espiño,2022


P.D. Dedicado a mis padres.


DESEO AMARTE

 Dime, bella dama

dónde están las llaves

para abrir la puerta

que conduce a tí,


para darte amor

y mi corazón

viviendo a tu lado

con gran devoción,


mimarte cual niña

de edad incierta

con dulces palabras

salidas del alma,


en el día a día

de esta corta vida

te colmaré de besos

pleno de alegría,


dame de una vez

el "sí" esperado

para acompañarte

y también...ser amado,


viviremos juntos

nuestro gran amor

con sus alegrías

y con su dolor,


allá en el ocaso

de toda una vida

seguiré a tu lado

como el primer día,


cuando yo abandone

esta vida mía

desde el más allá

te seguiré amando,


¡como el primer día!


Miguel Alberto,2022.