domingo, 11 de septiembre de 2022

REFLEXIÓN...ADIANTE

  Treme  o merlo mentras canta, no Val o graxo voa baixo...

  Perdoa que non saia do niño nen quite o abrigo para darche os parabéns, Xaquín. Fai un frío...

  Ou fuches ben ruín durante o ano, ou lambíalas tarteiras de pequeno, porque o día mete medo...Podes, tamén, seguir culpando a "Barra".

  O de lamber as tarteiras e a chuvia, merliño, nada ten que ver con cumprir anos, nótase que es un pipiolo e non atemporal como eu pensaba, quédanche lonxe os contos de vello...

  Sobre o de ruín, que vou decir que non saibas, xa nunca fun bo para selo agora, pero cala o peteiro que non es tí mellor, e veñen aí os Reis.

  De "Barra", só espero que se vaia axiña coa súa música de vento, frío, chuvia e neve a outra parte.

  Non semellas espertar de moi bo talante para ser un día tan especial para tí. Deberías estar ledo, non tódolos días se cumpren 66 anos. 

  Amigo merlo, xa é moito o vivido, e pode que non exteriorice o que sinta por dentro. 

  Vas contarmo...?

  Direiche que hai varios xeitos de ollar ao longo da vida o que significa cumprir anos...

  Por unha banda está o pensar que cada ano empezamos unha nova carreira, con ese día coma punto de partida, na que imos sumando novas experiencias ás xa acumuladas, coas  que tratar de non tropezar más dunha vez na mesma pedra, xa sabemos que unha hai que facelo, somos humanos. Soemos ollalo así, ou polo menos quero pensalo, cando somos xóvenes e nos sentimos fortes, ilusionados e pensando que nos queda toda unha vida por diante... 

  Por outra, está cando nos imos xa facendo vellos, ás veces más de espíritu que de outra cosa, e aí está o quid do conto...Ou ben sentimos que cada ano cumprido é un menos que nos queda, que xa son poucas as ganas e as forzas coas que evitar os tropezóns, e o  que facemos é agarrarnos a un bastón e suplicar que non haxa pedras, ou ben dándolle ao bastón as costas, sentíndonos xóvenes, decidimos vivir a tope o pouco ou moito que nos quede.

  E cal elixes tí, Xaquín...?

  Bonita pregunta, Amigo merlo...Na fotografía sacada no Museo Nós Nuco, atoparás a resposta, do mesmo xeito que eu atopei mil...

   Votando man doutro refrán de vello, que di que son dous días a vida, pensando que recén xubilado día e medio vai alá canto menos, non quero ollalo doutro xeito que sentir que me quedan moitas cousas que facer por diante, e que vou tratar de vivir cada momento coma se fora o derradeiro, coa ilusión do neno que tod@s deberíamos levar dentro...

  O pasado ensinoume moitas cousas, o mañá no teño garantido, só queda o agora, e non hai mellor xeito de vivilo que disfrutar do que che gusta a carón daqueles que che quieran a seu lado...

  Non existe o tempo, disfruta, deciame onte unha Amiga, mil grazas...Así, merliño, quero facelo, quédanme cousas por diante, pero vivindo o presente. Non quero ser un morto en vida sentado á porta, esperando polo da gadaña.

  Se observas ben a fotografía, ollarás que o señoriño do bastón quédame ás costas, mirarei cara adiante vivindo o hoxe.

  Querid@s Amig@s, meu desexo que dentro dun ano nos atopemos aquí tod@s de novo ...

  Mentras, como comentaba outra Amiga, moitas grazas por tan fermosas verbas,  ADIANTE, sempre en presente...!!

  Traxe, gravata...

  Moraña...!!

 

                                        

                                                                   Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario