lunes, 20 de mayo de 2024

LICOR VERDE ESPERANZA


  Hoxe é o día...

  Despreguízome ollando dende o balcón cómo o Val vai retomando a vida...

  A mañá é levadeira, chegou a primavera, xa non voa baixo o graxo co frío nas Brañas...

  Espoldréxase o presumido galo vermello para botar unha cantarela e pór en revolución o galiñeiro..

  Tamén coa mala idea de espertar a aldea que no ten en gran estima, téñenlla ben gardada...

  De momento só se escoita o son do silencio, ese son singular, capaz de explicar aquelo que as verbas non son quen de facer ver...

  A música dos abrentes...

  Os poemas musicados do arco da vella dos solpores...

  A banda sonora da vida que cada día se escribe no pentagrama do tiovivo...

  Os latexos da Alma, esa poderosa voz interior de berros de auxilio que cada mañá gritan que a subida ao carrusel é unha nova chamada a bailar ao ritmo da esperanza e da rebeldía...

  Merliño, hoxe é o día marcado en verde no meu calendario para tirar por primeira vez cada ano a toalla na area da praia, día da Ascensión, quente o sol ou non...

  O sol sobre o pico Sacro, co Meda por testigo, comeza a colorear de amarelo o ceo do Val do Ullán... 

  Baixo o son do silencio que todo o abrangue, larpeiro, levanto a copa brindando con LICOR VERDE ESPERANZA por un acariñador verán.

  Que caladiño que o tiñas, Xaquín...

  Que os deuses che escoiten...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces

GALEGO

                    

Quero falar en Galego,

con verbas dos meus avos,

canto loitaron pola Terra,

Terriña de todos nos.


Orgullo de ser galego,

orgullo de ser donde son,

levo as lembranzas nas mans,

riquezas do corazón.


Aquí descansan os restos,

do que fun, e do que son,

aquí descansan meus pais,

luz do mismísimo sol.


Cando estou lonxe de ti,

axiña quero voltar,

pois non hay sitio mellor,

onde poida descansar.


Estes osiños de vella,

que na aldea naceu,

rodeada de castiñeiros,

na eira onde me criei.


Todo o que quero está aquí,

todo o que anhelo tamen,

cando me toque partír,

eu aquí...quero morrer!!!


 Paki Espiño,2024


DÍA DAS LETRAS!!!


No día das letras

da nosa terriña

agarrei un boli

sen saber para qué


tentei escribir

á nosa cultura

xuntando palabras

con fermosas frases


pensando nos tempos

da gran represión

que tanto sufrimos

os de outras culturas


maestros de escola

labregos, mariñeiros...

foron masacrados

tan só por falar


por conservar a lingua

a cultura i a fala

sufrimos e calamos

máis non esquecemos


os pobos son ceibes

pois ceibes nacemos

amemos a Patria

i a nosa cultura.


  Miguel Alberto, 2024


 P. D. Para aqueles pobos

carentes de Patria

pido a liberdade

e ser recoñecidos.      


viernes, 17 de mayo de 2024

CHORO CAFÉ AMERICANO

 CAPÍTULO I

Durmir é probablemente o maior, o máis completo e o máis facilmente atinxible dos praceres materiais. Todo o resto ten a súa parte negativa: os cartos corrompen, as drogas matan, ao amor accede quen pode. Durmir, en cambio, non ten caras ocultas. Durmir non mata a ninguén, calquera pode durmir, non che converte en egoísta, súmeche nun estado de tranquilidade e transo no que podes viaxar a través de mundos inimaxinables até o momento, mesmo se te aburres podes durmir para adiantar o tempo ata que chegue o momento de facer algo. É un acto perfecto, non pode implicar nada malo, e precisamente por iso non é compatible coa miña vida. Non recordo durmir unha noite enteira.

A meus pais sempre lles molestaron os meus pesadelos. Como traballaban sempre pola mañá, tiñan que se erguer cedo, e entendo que era unha lata ter que facer que deixara de chorar a horas intempestivas da madrugada. Probaron de todo: unha lampadiña acesa polas noites, peluxes e peluxes para protexerme dos demos todos de debaixo da cama, lerme contos ata que me durmise para asegurárense de que adormecía pensando nunha historia que non puidese levar a nada terrorífico... En definitiva, fixeron o posible e máis porque eu puidese durmir as miñas oito horas completas en paz, sen dar problemas. Todo en van.

Non era un problema de insomnio crónico, é que tiña pesadelos. Quedábame a durmir sen problema ningún, pero o meu cerebro sempre me facía ver películas de terror. Dunha maneira ou outra, de todas as veces acababa mal. E por algún motivo, sempre adoitaban aparecer as mesmas personaxes: coma un soño recorrente, pero sen ser o mesmo soño. Simplemente creo que a miña creatividade era capaz de xerar un número contado de personaxes diferentes, e reciclábaas dunha noite para a outra.

En canto ao resto da miña vida, pouco me afectaba, realmente. De rapaz, sempre tiña enerxía de sobra para o que fixese falta. Atendía na clase, relacionábame cos meus iguais, nada destacou en ningún momento. Tampouco lle dei moita importancia. Un día comenteillo a Xan, debíamos ter seis ou sete anos.

- Que debuxas?

- A este monstro. É co que soñei hoxe, sabes?

- Mima! Dá bastante medo. Eu hoxe non me acordo de que soñei, penso que non soñei. Que soñaches ti?

- Pouca cousa- Non quería entrar en detalles, non me gusta falar do tema-, pero este monstro estaba. E levo soñando con el toda a semana, igual me quere dicir algo!

- Toda a semana? Entón xa o coñeces. Deberíaslle poñer un nome, miña nai di que o que non ten nome non existe.

Xan ás veces dicía cousas sen sentido. Era o meu amigo, pero dicía cousas estrañas para ser un rapaz. Eu supoño que as escoitaría na casa, os seus pais tamén dicían cousas estrañas. O meu gato cando naceu non tiña nome ata que llo puxemos, e existía igual.

- Pero como lle vou poñer un nome, tolo! Só soñei con el!

- E por que non?- Preguntou, sorrindo.

- Pois non o sei. – Deille outra volta e decateime de que non había motivos para non facelo- Pero non se me ocorre ningún nome adecuado para un monstro que non existe.

E quedou sen nome. En parte mellor, disque o que non ten nome non existe.

Co paso do tempo, a iso dos doce anos, comecei a simplemente deixar de querer durmir. Sabía que o ía pasar mal, que non me ía prestar e que a final de contas durmir máis do necesario non me beneficiaba. Empecei a entreterme lendo libros de noite, vendo películas e xogando a videoxogos: toda unha experiencia de enriquecemento cultural. Tampouco me molestou demasiado ao principio. De durmir oito horas malas a durmir seis non é que houbese tanta diferenza. Ademais, a xente da miña idade quedaba ata tarde tamén de noite, e estou convencido de que non aproveitaban ese tempo nin a metade de ben do que eu o facía. O meu, ao final, estaba regulado e era por un motivo que me beneficiaba, o do resto non.

Tamén nesta época me separaron de Xan. É o que ten entrar á ESO, co cambio de etapa e de centro consecuente, que moita xente que coñeces cadra no mesmo instituto ca ti, e moita outra non. Xan foi dos que non, e pouco a pouco fomos perdendo contacto. Non foi a fin do mundo porque puiden facer novos amigos rapidamente, pero xa tiña unha idade, aparecérame un repentino pudor. Perdera a inocencia do rapaz que se baña na praia en pelotas sen problema ningún, e xurdiume unha preocupación que non tivera antes: encaixar no panorama social. Non ser o estraño do curso. Condición inescusable era, por suposto, que ninguén pensase que estaba endiañado, ou maldito, ou posuído, ou calquera cousa, e como tampouco era un tema moi recorrente de conversación, prescindín de falar do meu problema con ninguén. Tampouco me ía aportar nada, non había axuda posible que me puidesen prestar, nin beneficio algún en que foran sabedores da miña condición.

As noites gustábanme moito, era mellor ca calquera momento do día. Non o pasaba mal co sol no alto, non me entendas mal; pero non era nada comparable a chegar á miña casa, cear, e saber que tiña por diante unha xornada de tranquilidade, de investigación no que a min me apetecese, de descubrimento de novas sensacións, de me mergullar no mundo que quixese. Esas dúas horas que recortei comezaron a facérseme curtas, e non tiña a mesma graza facer estas cousas durante o día, quitáballe gran parte da esencia, perdía o carácter misterioso e mesmo clandestino. A solución evidente era ir collendo algo máis aos poucos.

Por tempadas, ás veces decidía que non era tempo suficiente para min e que debía ir recortando máis. Así, con 15 aniños durmía unha media de tres horas diarias, pero tiña unha amplitude de coñecementos de culto digna do máis erudito.

- Esta noite durmín catro horas, putos Reis Católicos. Ben puideron estar quietiños e non tiña que meterme eu tamaña enchedela esta noite. É que imos a ritmo de exame por día, non ten xeito como nos teñen, e por riba vaime saír terrible porque estou aparvado do sono. Vou deixar os estudos, meus tíos teñen un par de bateas e igual me meten...

Tiña que escoitar diariamente a xente queixarse de cousas que eu facía por vontade propia. Non me daba rabia, dábame pena que non souberan apreciar a súa capacidade de aprendizaxe. Eu nunca me quedaba a estudar polas noites

- Pois a min non me fixo falta estudar pola noite, non son capaz. Prefiro facelo pola tarde- Contestaba sempre.

- É que eu pola tarde non me concentro, pola noite... é outro ambiente, hai menos distraccións e por iso estou ao que estou.

Entendía perfectamente a que ambiente se refería, por iso quería empregalo en cousas que realmente me importasen. Durmir non está sobrevalorado, en absoluto, pero si que se considera máis necesario do que é. A distinción epicúrea entre o natural e o necesario; lera algunha cousa sobre iso e discrepaba. Durmir non é natural e necesario, só e natural. Non é tan importante coma comer, nin tan erróneo é ansialo como anhelar a fama. Está, máis ben, á altura da cervexa.

O caso, que tomei a vixilia como rutina. O meu corpo foi capaz de aguantar día tras día sen durmir. O meu descanso era a noite, era o meu momento de paz, pero sen pechar os ollos. A sensación de ver poñerse o sol e volverse levantar, de ver o mundo arrancar logo dun parón que necesitaba pero que a min non me facía falta, de notar a miña superioridade fronte ao natural, é incomparable a calquera outra. Sentíame un semideus. Por riba, librárame dos pesadelos. Gañáramos todos.

Mentira.

Se colles na man un globo de auga telo controlado, sabes onde está. Velo, e dis “teño un globo de auga na man. Aquí, no medio e medio da palma. É amarelo e está fresquiño porque o acabo de encher”. No momento no que pechas o puño e apertas a man, o globo estoupa, e sorpréndeste: “xa non hai globo!”, pero pronto te abaixas a recoller o plástico que quedou de residuo e vas cambiar o calzado porque che caeu a auga toda nos pés. Algo así me pasou, a miña auga pasou de estar no globo a estar por aí, e ter que lidar con ela. Os pesadelos pasaron de estar nos soños a materializárseme.

CAPÍTULO II

Esa noite dérame por ler sobre os Pixies, evolución do son e biografía. Estaba lendo, nese momento, sobre a banda paralela que tiña a ex-baixista Kim Deal, The Breeders, que conformaba xunto con Tanya Donelly (de Throwing Muses) e que non me parecía que sonaran en absoluto mal. Foi entón cando sentín unha baixada da temperatura do cuarto, unha humidificación do ambiente e unha presión na cabeza, coma se alguén ma estivese oprimindo dende tódalas direccións, unha sensación similar á que se debe sentir se che envasan o cranio ao baleiro. Non me fixo falta nin mirar para saber quen estaba alí.

Era tal como o soñaba: antropomórfico, melena e pel totalmente negras, a súa delgadeza daba a impresión de que ía caer en calquera momento, parecía un saco de ósos, mediría arredor de 1’20m e os ollos brillábanlle cun brancor que compensaba a escuridade do resto do ente. Non fixo nada, nin un movemento, nin un ruído, pero foi suficiente a súa presenza para asustarme e facerme berrar. Sabendo que ía vir alguén mirar que pasara, metinme na cama rapidamente e seguín fitándoo, sen apartar a mirada un só segundo.

-Que pasou?- Esvaeceuse no momento no que miña nai tocou o pomo da porta.

- Nada, mamá, outro pesadelo. Levaba anos sen pasarme.

- De vez en cando pásanos a todo o mundo, é o normal. Vai fresco aquí, acende o radiador se queres. Boas noites.

Non o cheguei a comprobar, pero algo en min asumiu, dende o primeiro momento, que contarlles a miña actitude cara ao descanso nocturno a meus pais non era a mellor decisión a tomar pola miña parte. Non se me notaba máis ca nas olleiras que daquela tiña todo o mundo da miña idade, entón non me costaba ocultar nada. O mesmo pasaba co resto da xente.

Comezou a aparecer máis veces. A segunda xa non me sorprendeu tanto, e a terceira menos aínda ata que me acostumei a botar as noites acompañado. Tampouco me molestaba porque non facía nada, estaba aí ata que comezaba a haber actividade no mundo e de repente desaparecía tan silenciosamente como aparecera. Podía vivir con iso, non me perturbaba, e parecíame mellor aínda ca velo en pesadelos, no mundo onírico si que atacaba. Decidín velo coma un compañeiro máis ca coma un inimigo, e el non amosaba rexeitamento.

Eu non entendía o que pasaba, e buscaba na rede casos de persoas con problemas similares para atopar, máis ca unha explicación, unha solución. O que máis se lle parecía ao que a min me pasaba, fóra de espiritismo e o mundo do paranormal no que a miña conciencia de procurador constante do saber obxectivo non me permitía crer, era a esquizofrenia. De tódolos xeitos, eu sabía que non era así. Eu non escoitaba voces, aquilo non dicía nada. Era diferente, eu non me imaxinaba cousas, aquilo era real.

CAPÍTULO III

Rematei os meus estudos así, e tiña claro que non precisaba estudar máis. Non sabía que quería facer, gustábame a miña maneira de vivir: de día cumpría, e polas noites facía o que quería. A xente quéixase porque todo o tempo libre que ten, necesítao para durmir, pero eu contaba con oito horas extra de ocio, que invertía no que máis me gustaba. Sabendo que nada do que me ensinase ninguén me ía servir máis ca o que eu aprendera por min mesmo, decidín deixar de parasitar a meus pais e buscar unha fonte de ingresos. Así foi como comecei a traballar no bar que había fronte á miña casa. Xornada partida, salario mínimo interprofesional, pero era un sitio relativamente decente, así que non me tiña que quedar ata o peche nunca, o meu horario eran esas oito horas.

O problema veu cando empecei a traballar. Se ía lavar un vaso, no reflexo vía á criatura. Se ía atender unha mesa, no caderno de notas aparecía un debuxo, a bolígrafo como se fose esborranchado, da criatura: un debuxo que eu, dende logo, non fixera. Se ía botar o lixo ao contedor, sentada nun banco estaba a criatura. Pensei que podía convivir con iso, sen dicir nada nunca a ninguén, pero cada vez pasábame máis e peor.

Chegou un día en que pechei o libro que estaba lendo, unha biografía de Rembrandt Harmenszoon, e dirixinme ao bar coa intención de almorzar alí un café americano, porque faltaba media hora para a apertura, e Cristina (a miña compañeira de traballo) comezaba unha hora máis tarde ca min porque era cando empezaba a haber xente. Entrei, acendín todo, puxen o mandil e comecei a facer o café. A medida que ía caendo e enchendo o recipiente, lentamente e botando fume, íaseme facendo a boca máis e máis auga. Tiña moitas ganas dese café. Tan pronto o saquei da cafeteira, quente como estaba, bebino todo dun trago e, coa ansia, mordín tamén a cunca da que o estaba sorbendo. Rompeume na boca e traguei a cerámica que me entrou (senón, se a deixaba caer ao chan, tiña que limpalo despois, botala ao lixo e todo o proceso que implica, e non me apetecía). Sabíame a boca a sangue, porque me cortara o padal, e collín un pano co que limpei o fociño. Cando o apartei, decateime de que había un cacho de incisivo que partira pola metade. Abrín a boca e tragueino tamén, máis dano ca a cunca non me ía facer.

Comezou a entrar xente, aos poucos, e coma calquera día abrín o caderno de notas para ir tomar os pedidos. Ao abrilo, o debuxo que había mudara, non era xa a criatura, senón que se correspondía coa miña cara, e aparecía sorrindo cun dente partido á metade. Iso era novo, pero xa non me alarmaba por nada.

Ás poucas horas, os non infrecuentes retorzóns causados pola forza colombiana do café leváronme a tomar unha pausa para os meus mesteres. Fun lavar as mans para retornar ao traballo, pulsei no dispensador de xabón de mans (Que ben cheiraba, era o mesmo xabón de vainilla que tiña na casa miña avoa antes!) e erguín a vista ao espello, coma sempre impoluto. Amoseime un sorriso no que vin por primeira vez o meu reflexo sen dente. Detrás de min, na porta, a criatura: non é que non aparecese antes, é que omitía a súa presenza de tan acostumado que estaba. O sorriso fíxome graza, estaba ridículo, e comezou a saírme unha gargallada incesante. Non me parecía unha imaxe tan cómica, pero non podía nin quería parar de rir. Nun momento, apoieime no lavabo mirando ao desaugue e notei como comezaban a esvararme bágoas que remataron, polo ángulo da miña postura, esvarando deica a punta do meu naris, e dela caendo ao sumidoiro. Eran negras, probablemente o café que non me dera tempo a dixerir completamente, non lle dei importancia.

Volvín levantar a mirada, e vinme a min atrás, na porta. Fronte a min, no lugar que tería que ocupar eu, a criatura. Movín os dedos da man, examinándoos, coma un cativo que está experimentando coas súas capacidades psicomotrices, buscando dominar tódalas articulacións que nunha man se concentran. Os movementos do reflexo do espello correspondíanse cos meus, mais a miña figura, apoiada na porta, non facía nin o máis mínimo amago de se mover. Decidín que chegara o momento xa: sabía que no momento no que saíse pola porta todo ía volver ao normal, e simplemente se me ía aparecer a min, sería o meu delirio que ninguén máis apreciaría. A pesar diso, decidín ir por urxencias para pedir unha receita, un antipsicótico, ou ansiolítico, ou o que fixese falla.

Efectivamente, foi saír do baño e comprobar que ninguén se inmutaba, só eu.

- Vou ao médico, que me atopo mal, e logo seguramente á farmacia buscar paracetamois para a dor de cabeza, queres algo?- Cristina sufría de xaqueca, entón crin convinte preguntar.

- Non, grazas, de momento estou ben, levo unhas semanas xa sen dor ningunha.

Collín camiño, botei a andar e en cousa de dez minutos estaba alí, na porta do Centro de Saúde. Estaba eu só na sala de espera, e todo o mundo parecía ocioso. Debía de ser certo, porque non tardaron nin dous minutos en chamarme á consulta.

- Boas. Séntese, por favor - Obedecín - Cónteme.

- Mire, é que creo que podo ter indicios de esquizofrenia, ou alucinacións puntuais, ou non sei que é o que me pasa pero vexo cousas.

- Consume vostede algún tipo de droga?

- Nin a primeira.

- Horas de sono diarias?

- Pode iso ser preocupante? – Non sabía como introducirlle que a cantidade exacta levaba anos sendo 0.

- Bastante. Por que? Ten vostede problemas coa conciliación do sono?

- Poderíase dicir que si, de bastante gravidade.

Comezou a escribir a un ritmo vertixinoso no ordenador durante cerca de medio minuto. Neste tempo fun quen de reflexionar acerca do fácil que tivera, durante toda a vida, pedir axuda e saír do problema. Non o fixera porque non me dera a gana, pero dese momento en diante podería ter unha vida normal, coma o resto da xente. Por fin estaba recibindo a atención que me ía salvar.

- Dígame, que é o que ve? Escoita voces? Ve figuras?

- Non, é que comecei tendo pesadelos cunhas personaxes, como entes, que me perseguían, pero chegou un momento no que en vez de pesadelos pasei a velo todo durante o día.

A medida que ía falando, notaba a temperatura do ambiente descender; unha humidade que me resultaba máis familiar do que me gustaría recoñecer, e cuxa causa coñecía ben; unha carga nos ombreiros que pensei que me ía partir as clavículas; e unha presión na cabeza, que non dor, digna de implosión.

- Pero descríbame o que ve, se fai o favor.

- É sempre o mesmo: un becho negro, con melena, ollos brancos que iluminan o resto do corpo, arredor de 1’20m de altura e silueta antropomórfica. Non o identifico con

nada en concreto, é algo que supoño que me inventei eu só, e creo que en breve vou empezar a ter unha alucinación aquí mesmo.

- É normal, se é a primeira vez que o verbaliza, o lóxico é que saia á luz agora mesmo. Quero que describa as sensacións que vai tendo.

- Frío. Sobre todo frío.

- É que estamos a 3ºC, señor. Márcao o termómetro da parede.

- Humidade no ambiente

- É que está a ventá aberta e chove fóra, señor. Tiña calor antes de que chegara.

- Un peso terrible nos ombreiros e presión na cabeza. De feito, diría que noto como, sobre as miñas clavículas, hai un par de pés que pertencen a un corpo dunha criatura que me está oprimindo á vez o cranio coas súas mans escuálidas pero cunha forza descomunal.

O doutor calou. Fitoume. Decateime nese momento que na súa bata había unha identificación que rezaba “Dr. Xan”. Palideceu.

- Eu tamén o vexo.

O último que recordo é que deixei de notar presión ningunha. Pestanexei, e cando abrín os ollos no sitio de Xan estaba a criatura, mantendo a súa tarxeta de identificación. Comezamos a rir ambos, sen poder parar durante minutos, e a chorar bágoas negras. El meteu a man na boca, introduciuna até o cóbado, e extraeu do seu interior un cacho de cunca e medio incisivo. Falou por primeira vez cunha voz dun grave que non sabía que o oído humano podía percibir.

- Agora teño nome. Chámame Xan.

Eu non me imaxinaba cousas, aquilo era real


Abel Rodríguez Ferreirós

FASES DEL AMOR (III)

                                                       


                                                                           III

Los ángeles del cielo

Prendados de tu pelo,

guiaron nuestros pasos,

en un destino sin recelo.

En el brillo de tus ojos,

hallé un universo nuevo,

donde el tiempo se detiene,

y el amor se hace eterno.

Bajo el cielo estrellado,

nació nuestro primer beso,

como un cuento de hadas,

en un libro ya escrito en deseo.

Así empezó nuestro camino,

enlazando sueños en vuelo,

dos almas que se encontraron,

bajo el manto del anhelo.

UNHA TRILOXÍA


  Xuntar catro palabras, miña nai...

  Botádelle a conta se enrriba, hoxe, cústame máis do normal...

  Debe ser cousa da chuvia e das brétemas que non queren abandoar o Val, pode que as  entenda ben...

  Nen a miña mente, según parece...

  Nen te cases nen te embarques, é martes, di o vello refrán. Era o que iba facer de primeiras, no fixen onte, luns de zapateiros, xa que lle prometera unhas verbas a alguén...

  Pero unha mensaxe fíxome recapacitar, e aquí estou diante dunha rosa esperando que o merlo saia do niño e poida facerlle unha pregunta que me remoe os miolos de vez en cando, e por unhas musas coas que non gardo unha boa relación...

  Cres, Amigo merlo, que é noso pai o Universo, e a Natureza nosa nai.?

   Xaquín, direiche o que penso a risco de non saír do atolladoiro no que me metes, filosofar non vai conmigo...

  A comunión Ser humano, Universo e Natureza é o meirande tesouro, a máis sabia e grande riqueza que existe, e da que tedes obriga de coidar...

  UNHA TRILOXÍA, un legado polo que vos xulgarán, Amigo Xocas...

  Así é cómo eu penso que deberiades sentilo.

  E coidas que no facemos.? Opinas que  somos fill@s maltratador@s, merliño.?

  Cos petos cheos de pedras para arrebolarlles semellan ir pola vida algúns, cómo se o futuro non estivera en xogo, Xaquín...

  Ás veces penso se paga a pena seguir escoitando a triste música dun tiovivo descorazonador, prodúceme arrepío o comportamento que tedes para con eles, fálame dunha sociedade enferma, dunha sinrazón, e danme gañas de tirarme en marcha do carrusel...

  A pesares é primavera, e din as flores, se temos Alma, que cada abrente debe ser un novo motivo de felicidade...

  Non é momento de baixar a garda, sí de ir na procura de pétalos que botarlle ao presente de cara o futuro...

  O seu arrecendo lévaranos voando cara un mañá de ilusión i esperanza...

  Uns tíranlle pedras, decía...

  Outros fermosas rosas vermellas, Xaquín...

  A loita está aí, con todo cánto conleva...

  Ti elixes o bando ao que desexas unirte...!!

  

  O Paraíso existe




                                                            Xaquin Miguéns Ces

MÁSCARAS

 A veces las máscaras tardan demasiado en caerse pero lo hacen y ahí  ves 

que la misma sangre es sólo una  lotería de 

    pobres, que, quien sonríe a todo y a 

todos, es veleta que gira al viento más fuerte. 

   Que los cimientos son  siempre firmes

aunque las fachadas  sean de escaparate 

 y, cuando bajas al sótano, la oscuridad 

llena cada esquina.

 Siempre es bueno conocer la verdadera 

cara de las personas aunque duela 

 reconocer un extraño tras bambalinas.

Dicen que hay ángeles caminando 

 entre nosotros y lo creo, porque alguno

conozco, pero os aseguro  que hay más  máscaras que  rostros  y eso... ¡escuece!

      ~ Figueira




TIEMPO

       

Nos encontramos en el mismo lugar,

con el alma comprometida

no podemos dejar volar

las manos en una caricia.


Nos vemos sin mirar,

en busca de una sonrisa,

nos tocamos sin tocar,

disfrutando de esa mentira.


Cuantas lunas han de pasar,

para tenerte frente a mí,

dos cobardes y el azahar,

en busca del sol naciente.


El verano se hizo invierno,

ya pasó nuestro tiempo,

dos almas a la deriva,

disfrutan del mismo infierno.


Los miedos son cadenas,

que te anclan al suelo,

volar sin tener alas,

volar sola, no quiero.


 Paki Espiño,2024


ESTRELA DE AMOR

                 

A brillante estrela

que te iluminou

o fermoso rostro

n´unha noite escura


a túa beleza

ese gran sorriso

os vidriosos ollos

túa fermosura!


Non había lúa

naquel firmamento

nin astros errantes

quizais...estrelas fugaces?


Só brillabas ti

na verde campiña

ou era aquel astro?

reflexo de amor?


Eu quedei prendado

da gran dama celta

orgullo da raza

do noso País


e foi aquel día

d´unha estraña luz

quedei namorado

do teu corazón


aquela luz do teu ser

iluminóume o amiño

i así logrei percorrer

a senda...

que me levaría a ti !!!


 Miguel Alberto, 2024


CÓMO ES LA VIDA

                  

Cómo es la vida,

que te espera cada noche,

en cada esquina,

para cobrarte,

todo lo que le debías.


Tú, ignorante,

te desvives en crear mentiras,

para ocultar todas las vergüenzas,

que fuiste construyendo,

día a día.


Y ahora,

sientes que no valió la pena,

ser tan egoísta y tan machista,

en un mundo lleno de mujeres,

que tú quieres.


Te olvidaste,

de ser el mejor para tus hijos,

el mejor compañero de viaje,

se te olvidó querer,

cuando todo era inocente y deseable.


Al final,

caminas sólo por el tiempo,

ese tiempo que a otro ser,

tú, has robado.


Ahora ya viejo,

te arrepientes por no amar,

a quien te ha amado.


  Paki Espiño, 2024.


martes, 7 de mayo de 2024

NOSA NAI



  Espertaron as Brañas co traxe do inverno...

  A chuvia e a brétema son as donas dun Val que semella triste, alleo...

  A pesares, Amigo merlo, un intenso cheiro a rosas invádeme a Alma nesta fría mañá de domingo.

  Traxe e gravata, máis ca nunca, Xaquín.

  "Non hai máis ca unha", merliño...

  Celébrase o "Dia da Nai", a pedra angular sobre a que se asenta cada un dos fogares, grazas por dárnola vida...

  Falan os sentimentos cunha rosa vermella, símbolo de amor eterno...

  Un xeito de rendirlle culto dende a humilde páxina dun picapedreiro, as verbas non dan, á que para cada un de nós é a muller máis fermosa do Universo, NOSA NAI...

  Os brazos que nos arrolan dende pequerrechos...

  O sorriso que nos alimenta na cuna...

  A mullida almofada coa que consultar cando xa medramos...

  O ombreiro no que botar un choro...

  A luz que nos alumea...

  O bálsamo que nos refresca.

  Tamén a da zapatilla, Xocas.

  Ben merecida ás veces, merliño...

  E mesmo xa durma o merecido soño dos xustos, é lei de vida, sempre estará presente na Alma esa nai protectora...

  Grazas por tanto.!!

  Estás seguro, Xaquín, que non hai máis ca unha...?

  Esquéceste da Nai Natureza...?

  Xamais, Amigo merlo. Vistan as Brañas o traxe do  inverno ou da primavera, saben ben os ceos que a ten presente cada día nas súas oracións este pobre picapedreiro das verbas...

  Que cheguen, merliño, é outra historia...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                Xaquin Miguéns Ces

PRIMEIRO DE MAIO


 Foise abril, "diolopaje amén", canta a Xílgara...

 Chegou maio, o mes das flores, nada cambia...

 Roubaron as Brañas hoxe, ou eso parece ollando a fotografía do abrente...

 Menos mal que non me esquecín de pór as xestas na porta, habelas hainas, merliño...

 Puñéstelas ti no niño.?

 A Natureza é sabía, Xaquín, e a nós ensinounos que todo discurre sempre según as leis gravadas nas súas táboas, salvo cando vós entrades en escena...

 Non necesitamos protexernos de nada, en todo caso escorrentar á chamada raza intelixente, a causante de tódolos males do Planeta, e que logo vai poñendo ramos de codeso nas portas botándolle a culpa das malas colleitas ao meigallo, i eso non se arranxa con xestas, Xocas.

 É unha tradición que vén de vello e que non debería perderse, Amigo merlo...

 Nótoche coas uñas afiadas, do peteiro xa non digo nada, sei que vas manifestarte.?

 De que falas, Xaquín.?

 Hoxe é festivo, larpeiro. Cada PRIMEIRO DE MAIO celébrase o "Día do Traballo", con manifestacións ao longo de toda a pél de touro.

 Anda que non sodes raros, o lóxico sería celebralo traballando, non sacando á rúa panos e megáfonos...

 Eu xa nen debería estar aquí falando contigo, porque se folgan quenes deberían estar producindo...

  Que debería facer eu se para min tódolos días son luns de zapateiros salvo para procurarme a bicada e botar uns trinos.?

 Non sei se foron as meigas ou o arreeiro que envolveu as Brañas, pero teño claro que te levantastes coa pata esquerda, larpeiro.

 Xaquín, chámame merlo se queres, pero endózame cunha preada de pan de trigo e centeo con uvas pasas e noces. Xa que é festivo, en Rianxo hai mercadiño.

 Sabes por onde rompen os cestos, larpeiro...?

 Que che dén...!!

  O Paraíso existe



                                                                  Xaquin Miguéns Ces

FASES DEL AMOR (II)

                           


                           II

En el rincón de la duda, me pregunto,

¿realmente quiero algo con ella?

Entre susurros de incertidumbre,

se debate mi corazón, frágil y tierno.

En sus ojos, destellos de promesas,

y en su risa, un eco de futuro incierto.

Pero en la balanza del deseo y el temor,

se desvanecen los sueños, quizás por error.

Enamórate nos morimos igual,

resuena el verso, como un eco celestial.

Pero ¿merece la pena arriesgar,

o es más seguro en la soledad naufragar?

Entre el anhelo y la cautela, navego,

en aguas turbulentas de un amor ciego.

Pero al final del día, en mi corazón,

sé que la respuesta yace en la razón.


Manuel Losada

VIDA

  

En sus ojos lleva la vida,

de tantas noches sin sueño,

sus manos, palomas heridas,

por alguien que era su dueño.


¿A dónde vas, mujer de luto?

Si nadie, se te ha muerto,

de luto yo visto el alma,

por vivir de mis recuerdos.


No sientas pena por mí,

el dolor nunca será eterno,

pues tengo mi propia gloria,

que vive en mi pensamiento.


Mirando un espejo roto,

me acuerdo de mi niñez,

cuando solo era una niña,

jugando a ser mujer.


Que nadie te cuente historias,

no hay tiempo para crecer,

cuando una vida te late dentro,

y tú, no sabes que hacer.


 Paki Espiño, 2024


P. D. Para todas las adolescentes que son madres.


AROUSA NOSA

             


Mariñeiros arousanos

de gamela, dorna, chalana

sodes vos grandes marinos

faenando n´esta terra


de horarios interminables

agardando a incerta pesca

nas redes...

ou nos anzoles


xurelo, sardiña ou xarda

pulpo ou calamar

fanecas e longueiróns

riquezas do noso mar


as nosas grandes bateas

o fogar dos mexilóns

criadeiros de cultivo

de ostras e moito máis


sexa con choiva ou vento

ou con forte marexada

faenades mariñeiros

do solpor á madrugada


mariñeiriños da Ría

valentes a non dudar

sodes fillos d´esta Terra

orgullo da gran Nazón.


  Miguel Alberto, 2024


miércoles, 1 de mayo de 2024

FASES DEL AMOR (I)

 




                                                                

ENAMORAMIENTO





                                                                            I

En la distancia, late mi corazón,

Un amor tan fuerte, sin explicación.

Tu voz en el viento, me hace suspirar,

Aún lejos de ti, siempre te puedo encontrar.

Las millas se hacen cortas, cuando pienso en ti,

La pantalla del movil se llena de color y amor sin fin.

Las letras en mensajes se vuelven poesía,

Cada palabra escrita, une nuestras vidas día a día.

Este amor a distancia, no nos separa jamás,

Nuestros sueños se abrazan, sin importar dónde estás.

Aunque estemos lejos, el amor es nuestro lazo,

En cada pensamiento, te tengo siempre a tu lado.

A veces extraño tu cálido abrazo,

Y deseo verte cerca, en cada paso.

Pero sé que el amor que compartimos,

Es más fuerte que la distancia que vivimos.

Así que en esta canción, te entrego mi voz,

La melodía que nos une, sin importar donde estemos los dos.

Mi amor a distancia, sigue creciendo más y más,

Hasta que el destino nos permita juntos estar.



Manuel Losada


FASES DEL AMOR





                                       Amor que nace en la aurora del deseo,

crece con la luna en su íntimo anhelo,

desafía tormentas con un lazo más fuerte,

y en la calma, se halla eterno,

como un cálido abrazo inerte.


Manuel Losada




ABRIR OS OLLOS DA ALMA


  Un arco da vella de mañá cedo,

veremos ao mediodía,

quen sabe pola tardiña...

  Así é, merliño, a primavera.

  Sería nos teus tempos mozos, Xocas, a de lúas que medraron,...

  Todo elo pasou a mellor vida, ou a pior, no teño claro...

  A chuvia e o frío semellan ser donos de cánto acontece, non dou secado gravatas, e ti os miolos, según vexo.

  Non ía haber foto, merliño, polo que non podía tallar unhas verbas o picapedreiro, é martes...

  Atopábase amorriñado ata que unha Amiga veu a decirlle, dalgún xeito, que é un privilexio abrir a fiestra i escoitar o canto da Natureza...

  Imaxinar, de mañá cedo e mesmo chova, un arco da vella dende Abanqueiro ata Cortegada desexando un "feliz día Encarnita, querida Amiga de letras"...

  Sentir cómo o Val se despereza cos bicos e apertas do Ulla antes de perderse ledo entre as salgadas augas do "Paraíso"...

  Ollar as bolboretas cheirar no xardín o romeu, ver florecer na horta os frutais, cómo medran os tallóns de leitugas, cebolas e allo porros...

  Observar cun sorriso nos beizos a unha caramechiña papando unha preada, un amorodo vermello prantado con tanto agarimo, cando hai é para tod@s...

  Escoitar o canto dun tordo na aldea, a resposta dunha rula, o toc, toc dun páxaro carpinteiro nun vello carballo da fraga...

  A pelexa do sol coa brétema por regalarnos unhas raiolas que van quentándonos o corpo, e as Brañas...

  Un xeito diferente, merliño, de sentir latexar a vida...

  O de ABRIR OS OLLOS DA ALMA...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                              Xaquin Miguéns Ces


EL FINAL DE UNA VIDA

      

Tiembla su alma

tiembla su cuerpo

solo es un fantasma

a las puertas del cementerio.


N o busca nada

ya todo es distinto

solo es la sombra

de ese niño perdido.


Se mira en el espejo

de su querido padre

sus ojos son llanto

camino del abismo.


¿Dónde estás muerte?

Si ya no estoy vivo

¿dónde está mi madre

cuando la necesito?


Tu madre está lejos

vive en el olvido

donde descansan los muertos

de este mundo maldito.


Paki Espiño,2024





ULISES

              

Aquela andoriña branca e gris mudou a cor cando chegou á nosa Terra, e converteuse nunha especie de corvo branco de todo, deambulaba pola vila de Rianxo voando ó longo do malecón pousando aquí e acolá para procurar o seu alimento cotidian, unhas veces peixe, outras mexilons i tantas outras agardando que arribaran os barcos de pesca achegándose a eles para recoller a súa ración correspondente.

Os nenos da escola bautizárona co nome de Ulisis, sería por aquelo que emigrara na primavera desde a illa de Milos en Grecia para refuxiarse na nosa Ría do calor do Mediterráneo?, máis Ulises sempre se via tristeira pola nosa vila, voaba e voaba pero parecía muda, algunhas veces chegaron a vela tan lonxe como na aldea de Rabado alá no Araño, onde os veciños lle daban de comer, quizais por ese motivo se desplazaba a lugares tan lexanos.

En certa ocasión vírona voar nas inmediacións do IES Felix Muriel chegando a entrar na aula onde impartían clases de Grego, aquelo foi un milagre, nada máis oir ós alumnos falar en grego Ulises cambiou a expresión da sua cara dibuxando un sorriso, como aquela andoriña mudou de triste a contenta  é un misterio que ninguén comprendeu naquel intre. A partir de aquel día, sobre a media mañá, aparecía revoloteando frente a fenestra da aula, cousa que os alumnos agardaban, e procedian a abrirlle para que entrara tan doce alumna. Aquela situación prolongouse ata ben entrado o mes de Outubro cando apareceu Ulises voando pero sen entrar na aula, quizais fose o seu modo de despedirse, pois nunca màis se supo daquel anxo voador nos arrededores da escola.

Comenzou a viaxe rumbo a Milos moi ó mencer alcanzando unha altura considerable para así aproveitar as correntes que a levarian de volta á súa querida illa. O seguente día tomou terra na illa de Córcega para repoñer forzas é alimentarse de onde retomou  o vo despois de unhas seis horas de descanso.

  A travesía da península italiana foi moi doada: uns trescentos kilómetros ata alcanzar o Adriático na vertical da cidade de Pescara, conseguindo aterrar en Milos o seguente día sobre o solpor.

 Outras andoriñas que a viron chegar recibírona con unha gran alegría e ilusión, pois facía máis de medio ano que non sabían nada dela. Xa os ancestros da andoriña solían pasar alguns verans na ciudade de Noirmoutier na Bretaña francesa, pero a estadía na terra de Breogán foi para Ulises algo especialmente bonito pois non paraba de contarlles a todos a riqueza da Galiza alá na España atlántica, é sobre todo as vivenzas cos alumnos do IES Felix Muriel na Ria Arousana.


Miguel Alberto,2024


P. D. Este relato foi pensado polos alumnos de grego do instituto Felix Muriel, eu só puxen algo de imaxinación.