martes, 7 de mayo de 2024

PRIMEIRO DE MAIO


 Foise abril, "diolopaje amén", canta a Xílgara...

 Chegou maio, o mes das flores, nada cambia...

 Roubaron as Brañas hoxe, ou eso parece ollando a fotografía do abrente...

 Menos mal que non me esquecín de pór as xestas na porta, habelas hainas, merliño...

 Puñéstelas ti no niño.?

 A Natureza é sabía, Xaquín, e a nós ensinounos que todo discurre sempre según as leis gravadas nas súas táboas, salvo cando vós entrades en escena...

 Non necesitamos protexernos de nada, en todo caso escorrentar á chamada raza intelixente, a causante de tódolos males do Planeta, e que logo vai poñendo ramos de codeso nas portas botándolle a culpa das malas colleitas ao meigallo, i eso non se arranxa con xestas, Xocas.

 É unha tradición que vén de vello e que non debería perderse, Amigo merlo...

 Nótoche coas uñas afiadas, do peteiro xa non digo nada, sei que vas manifestarte.?

 De que falas, Xaquín.?

 Hoxe é festivo, larpeiro. Cada PRIMEIRO DE MAIO celébrase o "Día do Traballo", con manifestacións ao longo de toda a pél de touro.

 Anda que non sodes raros, o lóxico sería celebralo traballando, non sacando á rúa panos e megáfonos...

 Eu xa nen debería estar aquí falando contigo, porque se folgan quenes deberían estar producindo...

  Que debería facer eu se para min tódolos días son luns de zapateiros salvo para procurarme a bicada e botar uns trinos.?

 Non sei se foron as meigas ou o arreeiro que envolveu as Brañas, pero teño claro que te levantastes coa pata esquerda, larpeiro.

 Xaquín, chámame merlo se queres, pero endózame cunha preada de pan de trigo e centeo con uvas pasas e noces. Xa que é festivo, en Rianxo hai mercadiño.

 Sabes por onde rompen os cestos, larpeiro...?

 Que che dén...!!

  O Paraíso existe



                                                                  Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario