Espertaron as Brañas co traxe do inverno...
A chuvia e a brétema son as donas dun Val que semella triste, alleo...
A pesares, Amigo merlo, un intenso cheiro a rosas invádeme a Alma nesta fría mañá de domingo.
Traxe e gravata, máis ca nunca, Xaquín.
"Non hai máis ca unha", merliño...
Celébrase o "Dia da Nai", a pedra angular sobre a que se asenta cada un dos fogares, grazas por dárnola vida...
Falan os sentimentos cunha rosa vermella, símbolo de amor eterno...
Un xeito de rendirlle culto dende a humilde páxina dun picapedreiro, as verbas non dan, á que para cada un de nós é a muller máis fermosa do Universo, NOSA NAI...
Os brazos que nos arrolan dende pequerrechos...
O sorriso que nos alimenta na cuna...
A mullida almofada coa que consultar cando xa medramos...
O ombreiro no que botar un choro...
A luz que nos alumea...
O bálsamo que nos refresca.
Tamén a da zapatilla, Xocas.
Ben merecida ás veces, merliño...
E mesmo xa durma o merecido soño dos xustos, é lei de vida, sempre estará presente na Alma esa nai protectora...
Grazas por tanto.!!
Estás seguro, Xaquín, que non hai máis ca unha...?
Esquéceste da Nai Natureza...?
Xamais, Amigo merlo. Vistan as Brañas o traxe do inverno ou da primavera, saben ben os ceos que a ten presente cada día nas súas oracións este pobre picapedreiro das verbas...
Que cheguen, merliño, é outra historia...!!
O Paraíso existe
Xaquin Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario