lunes, 26 de abril de 2021

REFLEXIÓN...LUZ

 "As verbas nunca alcanzan cando o que hai que decir desborda a Alma". (J. Cortázar)

Luns de zapateiros, a paleta de cores debaixo do brazo é hoxe unha necesidade...
Estás aí, agochado sobre a esqueira de cores que é o día, iluminando nosa travesía...
Coma bo galego non sei se te vas ou aínda chegas...
Importa...?
Importa o que nosa Alma é capaz de interiorizar ante o que túa LUZ nos transmite.
Ollar e calar debería ser a miña resposta ante esa hemorraxia de cores do Paraíso, diante de tan benéfico sortilexio...
E soñar ollando esa aperta de río, mar e illa capaz de recargarme de enerxía e facerme ver que a vida é un luxo vivila dende a túa saída ata a túa ida, e máis alá ainda...
Ollo a LUZ que resplandece
Miro o ceo
Cheiro o mar
Escoito o merlo larpeiro...
Luns de zapateiros, as verbas non alcanzan, perdón polo atrevemento pero espertar non debe ser prohibir que a imaxinación voe...
Xamais, querid@ AMIG@...!!





MAIS TÍ, XA TE FUCHES

 

 Sentada na veira da xanela

ollando o sopor da lúa

os pensamentos agólpanse

na miña retina

 

as imaxes viñan e fuxían de min

ningunha ficaba

só ese intre en que nos

alonxa a realidade

 

facendo das miñas lembranzas

un xúbilo de emocións

e alí, estabas tí

máis non parecías ledo

 

a tristura dos teus ollos

asemellábase a un retrato

garabateado por un cativo

falto da experiencia que dan os anos

 

miráchesme e miréite

quixen esquecer todo o vivido

e voltar a ese anaco do tempo

unha e outra vez

 

Máis tí, xa te fuches

 

a túa imaxe camiña libremente

polo meu recordo

levándome a todos esos paraxes

onde xuntos andivemos

 

Máis tí, xa te fuches

 

eu sigo presa dese sentir que levo no

peito, desde o día en que o meu

mirar se mixturou co teu

sigo presa do lume dos teus beizos

 

Máis tí, xa te fuches

 

déixame ollarte, ainda

que só sea un intre

déixame acomodar

as miñas mans nas tuas

 

Máis tí, xa te fuches

 

seguireite en soños ou desperta

na imaxinación ou na realidade

pero eu sei que un querer

así non se esquece

 

Máis tí, xa te fuches.

  Paki Espiño,2021

DÍA DEL LIBRO

 

El libro ha sido una de las grandes invenciones del ser humano, gracias a él hemos aprendido a leer, a juntar las letras entre ellas para formar palabras en aquellos primeros años de escuela. Primero aprendíamos las vocales  y luego las consonantes, más tarde a formar sílabas, luego frases cortas y así día a día, gracias a los libros, pues todo estaba escrito en los cuadernos y libros de escuela, (lo poco que yo he ido)

 En mis tiempos teníamos tres libros de lectura; España mi Patria,(1º manuscrito) Europa, (2º manuscrito) Países y mares, (3º manuscrito). Los tres tenían distintos tipos de letra para aprender a leer con soltura, pero sobre todo el tercero  era realmente difícil de comprender:¡ aquellos “garabatos” para niños de mi edad!. Me quedan gratos recuerdos sobre todo por los viajes a modo de novela que relataban  de distintas partes del mundo. Marcaron mucho mi vida y el ansia por saber y viajar.

Pero el libro abarca mucho más, pues gracias a él conocemos la historia de la humanidad de hace miles de años, aunque hace tres o cuatro mil años no existieran, ya se escribía en tablillas de madera, en piedras, en pergaminos y así hemos avanzado para dejar constancia de nuestra existencia y de nuestros conocimientos.

 También gracias al libro podemos leer grandes novelas, aventuras de viajes, cuentos para niños, poesía y tantas cosas que quedan plasmadas en papel por los siglos de los siglos. A día de hoy existe la informática, internet, las noticias corren de un punto a otro del planeta en segundos y podemos leer la prensa de cualquier parte del mundo, pero eso no quita  la afición a leer libros: para mí es una suerte de amigo que duerme conmigo todas las noches y a veces, cuando me despierto, allí está él con las hojas abiertas en el suelo o entre las mantas como diciéndome;” tú has dormido pero yo te sigo esperando. ¡por favor regalemos libros!”

   Octavio Romero,23 de Abril de 2021.

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (30)

 

¿ Por qué non te casas Pepe?

¿por qué non te casas, hòme?

porqu´a que cumplas agardo, tí, meniña, os dezanòve. (cant. Popular).

 

Horta d´outono, mantén à seu dono.

Horta de Sanmartiño, mantèn à seu dono e ó veciño.

 

Comichem´a carne, roèm´os hòsos.

N´hai carne sin hòso.

O hòvo e a avelan, conforme veñen, van.

N´a hucha abèrta, o justo pèca.

Carga larga, man na illarga, ò cabo d´o ano, sin besta nìn carga.

(Illarga: espazo entre a costela e ó estómago)

                                                      (ditos populares)

 

Non digas qu´o riò fuche, s´as pernas non te lavache.

Non digas que misa oiche se solo n´a iglesia entrache

                                                                   (cant. Popular)

 

Càsate Jan en Domingo; estaràs lunes de boda e martes traballaràs para mant-l-a túa nóvia.  (cant. Popular)

 

N´o jantar e mais n´a cea con broa e berzas pasamos e moitas veces non hai graxa para un pòte de caldo.(V. de Turnes)

                   Jesús Guimarey Mascaró,2021

 

¿ENAMORAMIENTO?

 

En tu mirada perdida cuando se cruzaba con la mía...en tu media sonrisa, a ratos sarcástica a ratos sincera. En tu respiración agitada por momentos, en esa manera de moverte, casi sinuosa, delictiva y rompedora, la manera de hablarme, tu habilidad para quedarte con mi atención, ese todo tuyo,  imán tan poderoso.

Todo apuntaba a un enamoramiento en primera línea, a una media naranja, a un “sin ti no soy nada”...Lo pensé seriamente, tal parecía que te quedabas sin oxígeno cuando estabas a mi lado y tontamente pensé que era un flechazo. Para mi bochorno, resulta que eres asmático y yo todo el invierno con jerseys de Angora!!!

          Mano Figueira, 2019

martes, 20 de abril de 2021

REFLEXIÓN...RÍO DA VIDA

 Domingo...Amence...

Esperta a vida, soa a música do tiovivo dun novo día...
Nada mellor para avanzar polo seu río que seguir o curso axeitado, por moito que outros nos leven máis depresa, ou cantos de serea digan que nos levan por lugares máis idílicos.
Por moi plácidas que baixen agora mesmo as túas augas, coma as do Ulla ao solpor polas Torres de Oeste en Catoira, se te deixas levar por un comportamento non axeitado, máis cedo que tarde veraste envolto en violentos rápidos e arrastraranche.
No RÍO da VIDA, querid@s AMIG@S, chove a miúdo e son frecuentes as ríadas, moi perigosas en primavera como consecuencia do desxeo logo dun duro inverno de encerro, canta o Amigo merlo no niño...Xaquín, alguén ha entendelo.
Domingo...Amence fermoso o Val...
Baixan calmas as augas do Ulla camiño de envolver nunha interminable aperta e bicar a Cortegada, súa amada...
Traxe, gravata...Paseo.!!

REFLEXIÓN...LOCO SOÑADOR


 

"Non durmirei, non durmirei en toda a noite, verei os primeiros raios de sol dende a fiestra do meu insomnio". (J. Cortázar)
Se a pesares de todo caen rendidos teus ollos e o sono apodérase do teu corpo recorda ao abrilos coas primeiras luces que espertar non é deixar de soñar, di un tolo disfrazado ás veces de cordo, ou un cordo tachado de loco porque fala cun merlo...
Os primeiros raios de sol iluminan o Ulla, un mar feito río ou ao revés, xa non sei, que da vida ás Brañas...
Baixo o azul despuntan os amarelos, amence un día marabilloso de primavera...
Xa está aquí o LOCO SOÑADOR dos pinceis, ten pouco de real este amencer de hoxe martes, dirán aquél@s de corazón frío no que sempre é inverno, sen alas para voar coma volvoretas na procura de néctar, nen ollos na Alma.
Quizais, querido Xaquín, sexan moitas veces os soñadores os mais realistas, escoito cantar ao merlo...
Do seu peteiro amarelo, querid@s AMIG@S, co seu trino sae cada día unha reflexión para quén queira escoitala...
Non é obriga...!!

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (29)

 

Giada n´a lama à chuvia lle fai a cama.

Un grao non fai graneiro, pero ajuda compañeiro.

Grao debaixo d´o terron, grao morto é, debaijo d´a pèdra, tòrto.  (ditos populares)

 

Goèrna ti, gobérna él, todos quèren gobernar, ou n´o sei espricar. (cant. Popular)

 

Pajariño gorrion non me com-l-as cereijas, que vai o meu amo fòra e hacheme de da-las quiejas. (cant. Popular)

 

Gròria, dicha e querer correndo, pasan a entradiña d´a tua porta non traspasan.

(R. de Castro)

 

Se quès andar à carreira, bebe auga d´herba rateira.

Hòme sentado, non fai bo mandado.

Hòme lascivo, hòme perdido.

Home tramposo e muller mintireira, n´a casa de quèn os queira.

                                                                                 (ditos populares)

 

Hisca d,hai, galiña maldita; hisca d´hai, non mate- l-a pita.

Hisca d, hai galiña ladrona; hica d´ahi, para cas da tua dona. (poesía popular)

   Jesús Guimarey Mascaró,2021

 

 

 

TE DEJO

 

  ¡Voy a dejarte!. suena así como si fueses de mi propiedad y como tal no lo eres, más la de veces que me haces maquinar, suspirar, enfadar o entristecer, alegrar y soñar, eso parece que me diese un punto en ese concepto de pertenencia, te voy a dejar para que sigas tu camino sin una persona que hace que retrocedas, para que avances y te dirijas a tu destino.  No quiero ser tu mochila, ni tu plan B, ni esa que tú crees que tiene más morro que espalda, voy a dejarte, está decidido y de lo poco que realmente conoces de mi persona, sabes que mis decisiones son sentencias firmes e irrevocables. Camina, es tu derecho, es tu vida, me alejo, es mi deber y cosa mía.

  Mano Figueira,2021

 

AHORA NO

 

Eres tú quien llegó a mi lado

abriendo puertas sin avisar

llegó la hora de la despedida

¡ya es tarde para perdonar!

 

no me sirven tus bellas palabras

eran parte de tu mediocridad

fuiste como un cuento de hadas

haciendo alarde de tu gran maldad

 

ni tus besos fueron sinceros

ni tus momentos de intimidad

tu cuerpo estaba a mi lado

tu alma nunca lo estará

 

solo eres recuerdo pasado

que ya no trato ni de olvidar

el daño que hiciste dejó su huella

huellas que el tiempo curará

 

no quisiste ver en mi alma

no quisiste ver tu verdad

ni me amas ni me has amado

ese amor, solo era parte de tu vanidad.

    Paki Espiño,2021

ABRIL

 

Abril, doce Abril

días soleados...

xermolando a flora

nas terras do Sar

 

esta primavera

que tanto adiantou

pois tamén a fauna

aquí se mostrou

 

camiñando vou

polas nosas brañas

ollando eses niños

de diversas aves

 

tamén vexo xestas

codesos e toxos,

a diversa flora

aquí están presentes

 

malia un triste ano

polo funesto virus

o clima responde

con alegres xeiras

 

e os paxariños

enchidos de orgullo

cos seus doces trinos

alegrando o día

 

a nosa bisbarra

rebosa de vida

nas marxes do Ulla

¡brañas de Laíño!

  Miguel Alberto,2021

 

 

lunes, 12 de abril de 2021

REFLEXIÓN...CARPINTERÍA

 Luns de zapateiros, de novo...

O que eu daría...
Complexa a travesía polos mares deste tempo tan convulso. A vida semella chea de furacáns que nos baten demasiado forte, e non queda outra que pasar polo asteleiro para repararnos, cada vez máis a miúdo.
Varar, entrar na CARPINTERÍA...
Apretar os dentes para estopear as cadernas dun corpo xa feble polo paso do tempo, lei de vida...
Chorar, limpar as bágoas e liberar a Alma por tódolos avatares sufridos...
A travesía da vida ten que seguir a pesares, e os temporáis non parecen dispostos a dar nen a trégua máis pequechiña.
Vestir a roupa de augas, izar velas, plantarlle cara ao vento dos problemas e loitar forte é a única saída.
Luns de zapateiros, de novo en "galeras" agarrado ao remo...
Non queda outra, querid@s AMIG@S...!!



HISTORIA DE DOUS CAMPOS

  O Campo de Arriba é a alameda. Plátanos, bancos de pedra, parque infantil, fonte. O Campo de Abaixo é o centro neurálxico. Cafeterías, bancos de crédito, inmobiliarias, servizos administrativos, coches. A historia contemporánea de Rianxo é a historia dunha longa posguerra, tras a vitoria do Campo de Abaixo sobre o Campo de Arriba. As novas correntes humanistas deixan unha pregunta no aire. Que facer para que os rianxeiros volvamos ao Campo de Arriba lucir a roupa de domingo? Por que preferimos pasear polo Campo de Abaixo, entre os coches?

     Dicía Joubert que hai dous tipos de persoas. Os que recordan o colexio e os que recordan a infancia. Quizais os rianxeiros recordamos a infancia. A nosa infancia é o Campo de Arriba. Queremos protexelo? Dános medo que, se lle de damos vida, acaben pondo alí un banco de crédito? Esa é a teoría optimista. Hai outra, pode que máis realista. Recordamos o colexio. E o colexio é a cultura de chegar a ser algo na vida. Capitalismo financeiro. Memoria emocional desactivada.

     Dous exemplos:

     O Campo de Arriba está limitado ao norte pola capela da virxe de Guadalupe e ao sur polo Concello.

Fotos: La Voz de Galicia

Fotos: La Voz de Galicia

O segundo domingo de setembro celébrase na capela un dos actos máis importantes da vila. A misa solemne das festas de Guadalupe. As autoridades van en procesión desde o concello ata a capela. Polo Campo de Abaixo! Tras baixar (innecesariamente) unhas escaleiras, e subir outras.

     A principios dos anos oitenta un rianxeiro tivo un accidente laboral. Invalidez. Solicitoulle permiso ao concello para colocar un quiosco no Campo de Abaixo. A corporación deullo pero no Campo de Arriba. Non se podía condicionar o futuro da vila cun negocio tan modesto. Desde aquela, os rianxeiros subimos ao Campo de Arriba, compramos o periódico e ímolo ler a unha cafetería do Campo de Abaixo. Ninguén queda a lelo no Campo de Arriba. Nin sequera no verán, cando as copas dos plátanos ofrecen unha sombra familiar.

     Só algúns nenos manteñen a esperanza. Xogan ao fútbol no Campo de Arriba e, a miúdo, golpean con tanta forza o balón que supera a balaustrada, dá no capó dun coche aparcado no Campo de Abaixo e roda ata as buliciosas terrazas. Un neno baixa correndo, colle o balón e volve ao Campo de Arriba como un foguete.

     Nin que vira o demo no Campo de Abaixo.

X.Ricardo Losada

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (28)

 

  Gachi! Gachi! ¡que dènho de gato! ¡como se farta n´o prèbe d´o prato!

                                                                                                     (Rosalía de Castro)

Gaiteiriño sin gaita, non tèn donaire, nin sal; fai coma a mullèr sin ròca que maldito cousa val. (cant. Popular)

A galiña po-l-o bico pòn.

Galiña que cacareja, algo venta ou hòvo deija.

¡Pobriñas! Abrenvos tarde e non comedes, dijo o raposo às galiñas. (ditos populares)

 

Vóuchem´à beira d´o río à vel-o qu´as troìtas fan a que non caia à miñoca, ha de caír ò galvan. (Cant. Populares)

 

Ond´hai galo, non canta galiña, senon qu´o galo teña a morriña.

Sardiña qu´o gato lèva aquèla grandida vai.

À gando bravo, còrda larga.

Gando gordo vòlve o seu dono tolo.

Gando blanco, nin n´o pasto, nin n`o banco.

O que non garda non ten.

Garda que comer e non que facer.  (ditos populares)

 

Adios meu garandujo, anque me vou d´esta tèrra anque me vou non che fujo. (popular)

 

Gazafello vent´o rello, qu´alpabarda por ti agarda. (poesía popular)

 

Mòita estimàva darch´un bo leito pórque se pènsas pasa-l-o inverno n´ese pesèbre non lèva geito. (panxoliña antiga de Noiteboa)

   Jesús Guimarey Mascaró, 2021

 

 

DE IGUAL A IGUAL

 

   A mi edad una ya no espera príncipes montados en caballos blancos ni un hada madrina que con su barita mágica convierta mis vaqueros y mi camiseta en una combinación de atracción fatal. Ni siquiera espero que me suban los colores en el ascensor, o me regalen flores, o me lleven en brazos y me besen hasta perder el sentido, a mi edad con que compartan un café conmigo, unas risas, algunas confidencias, que sepan estar a mi altura, que guarden lealtad, que puedan mirarme a los ojos sin amedrentarse y hablarme a la cara como a un igual, yo firmo, sello y me doy con un canto en los dientes. Y sé que pido lo imposible, porque tristemente puedo jurar que no nació el hombre que temple mi espíritu, conquiste mi alma y sea digno de ganarse mi corazón.

  Mano Figueira,2021

LÁGRIMAS

 

  Siento el frío de la distancia

que me arrostra a mi soledad

vuelvo cada noche al silencio

que me acompaña hasta despertar

 

donde habitan mis fantasmas

esos, que me torturan sin piedad

yo quisiera en tus brazos despertarme

y perderme en ellos hasta la eternidad

 

hoy dos lágrimas he derramado

por ti, por mí y toda la humanidad

por esas personas sin un sueño

sin nadie ni nada por lo que luchar

 

esta noche sueña bonito

pronto en casa estarás

aquí te estaré esperando

¡vuelve a casa, vuelve a nuestro hogar!

 

el hogar no es una casa

el hogar es tu corazón

está donde late la vida

está donde vive el amor.

  Paki Espiño,2021

BICOS DE AMOR

 

Quixera plantar un bico de amor

pra xerminar nos teus beizos, muller!

deixar a semente de todo o que sinto

tentar achegarme a ti, corazón

 

buscando a calor do teu gran amor

anque lonxe estemos, seguirei a senda

por camiños abruptos e por corredoiras

non me detendrei hasta conseguilo

 

é un lume interno o que me axuda

para seguir a búsqueda dese teu amor

máis...non me cansarei!

por terra, por mar, tamén polo ar!

 

seguirei na procura sin descanso posible

loitarei noite e día suspirando por ti

ata acadar un “te quiero”

...do teu corazón.

  Miguel Alberto,2021

sábado, 3 de abril de 2021

REFLEXIÓN...BELEZA

  "Quén conserva a facultade de ollar a beleza non envellece". (F. Kafka)

Sorrí o merliño no graneiro, amence...
A Alma daquéles ollos que ante a BELEZA non conseguen acelerar o corazón, engurrarase coma as alas dun páxaro enxaulado e viaxará camiño dos infernos, para transformarse en pó.
Se ollando o amencer de hoxe sobre o Val de Laiño non se che para o reloxo, a voz non che treme e non súan túas mans, deberías mirarte ao espello...
Xa está aquí o loco soñador dos pinceis, están pensando aquél@s que necesitan unha esqueira para acadar o ceo dos seus soños, porque seu corazón non voa, mágoa...
Non cheguen as miñas verbas a él@s, pero sí a aquél@s cuia Alma non engurra porque súas alas voan ás anchas nun ceo de paixóns ónde sempre ollan reflexada a beleza.
Sorrí o merliño no graneiro, amence...
Escóitase, querid@s AMIG@S, seu trino feiticeiro...
Baila a primavera...!!




Xaquín Miguéns Ces

O CORVO XAN E A RULA FELISA

 

O corvo Xan era moi listo e sempre estaba pensando en facer amigos entre outros paxaros do bosque, un día coñeceu a unha rula chamada Felisa nunha fraga facendo o niño no alto dun carballo moi grande e de moitas ponlas pois tería ó menos uns cen anos aquel exemplar autótono de Galiza.

Xan- “Bos días, Felisa como che vai a vida?”

Felisa- “Bos días, Xan: pois a min moi ben, como ves estou facendo o niño que xa estamos en Abril e son tempos de criar os meus pitiños.

X-“ Eu tamén penso facelo pero nos facémolo alá para mediados de Maio, como ti sabes os corvos criamos algo máis tarde, pero gústame o sitio que escolleches porque é un lugar moi fermoso. ¿Oes Felisa? non sei se te fixaches nos humanos que levan máis dun ano con mascarillas na boca e no nariz?”

F-“ Sí que me fixei ó, deben estar todos enfermos porque seique teñen un virus que procede da China que os ataca mortalmente, pero eu non creo que a mascarilla lles defenda moito”.

X-“Nunca entenderei ós humanos,¡ e eles pensan que son intelixentes!: sempre andan en guerra uns con outros pelexando sen motivo, só queren gobernar a súa maneira, mira nós que felices somos todos os animais do mar e da terra e eles nunca estan en paz”.

F- “Mira Xan, non perdas o tempo pensando neles non só as guerras que libran senon tamén o que contaminan coas súas fábricas de todo tipo, plásticos, petróleos, e productos químicos  para qué producen tanto? Nunca chegarei a comprendelos”.

X- “A verdade e que tes razón, a xente non sabe respetar o planeta e mira que che é ben doado entendelo, como ti ves, os animais somos moito máis felices  que eles e non contaminamos nin a auga, nin a terra, nin o ar, malpocado  por estas pobres criaturas!”

F- “Pois mira, deixa que sigan coas súas ideas que nós nunca conseguiremos convencelos, eu vou seguir construindo a miña casiña, ¡que che vaia ben amigo Xan!.

X- “Grazas Felisa e a ti tamén que teñas bo día!.

  Miguel Alberto,2021

POESÍA PURA

 

  A poesía está con nós

no día, na noite,

nas estrelas, no mar...

no vento que toca

 

a túa pel ó pasar

nos ollos dos nenos

nas mans dun ancian

poemas de amor

 

é de soedade

risadas e penas

bágoas sen chorar

con doces palabras

 

...feitas realidade.

  M. Dolores Ríal,2021

BESOS

 

  Cuántos besos perdidos en el viento

tantas noches soñando sin dormir

cuántas veces susurrando un “te quiero”

¡me muero por sentirte junto a mí!

 

será el destino capricho

que te lleva lejos de aquí

vuelve...y siempre vuelve

esperando estoy amor, por ti

 

si esta noche en mis sueños, yo te sueño

la soledad de mi cama me habla de amor

volveré a acurrucarme en tus brazos

volveré a sentir yo, tu calor

 

ese calor que mi alma quema

sin piedad al saber que no estás

pues la luna embruja las estrellas

para robarles su forma de brillar

 

pero el sol en su maldad la desprecia

haciendo del universo su hogar

pues el Cielo no es tuyo, ni es mío

el Cielo se inventó para volar

 

si tus alas se han cortado

si tus pies ya no pueden caminar

vuela con tu mente hasta vernos

busca en mis manos tu hogar.

  Paki Espiño,2021

DETERMINACIÓN

 

  Caminaba con paso firme y sin mirar atrás, ¿para qué? No tenía pensado amedrentarse de eso estaba segura, años enteros deseando arrancarse ese estigma del pecho y ahora llegaba la hora. No se cruzó con nadie o quizàs es que ya no veía más que su determinación de soltar ese lastre que la ahogaba, al llegar a lo más alto del acantilado fijó la vista en el horizonte donde se besan el Cielo y el mar, inhaló profundamente y gritó hasta que se le quebró la voz dejando volar con el viento toda la rabia del pasado y cayó arrodillada, vacía y completa mientras las lágrimas corrían libres por sus mejillas.

  Mano Figueira,2021


REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (27)

 

Onde quitan e non pòn, lògo se chega ò fondon.

Corazón fòrte à seu dono lèva a mòrte

Forza de mozos e consello de vèllos

Onde vai a fouce vaya o mango.

                                        (ditos populares)

 

Non botes leña n´o forno, s´è que ja quènte estivère.

Non rifes mullèr, c´o home, cando por algo s´altère.

                                                   (cant. Populares)

 

Ont´a tarde dend´a herbèira aceneiche c´o fouciño, se me viche e non viñeche, mal comprendo o teu cariño. (cant. Popular)

 

Parès mullèr, que cae unha goteira N´o leito dos rapaces; vai ver: acende ese candil e n´a lareira bota foupas tamèn.  (V. L. Carbajal)

 

O  ferreiro tèn frèbe, a mullè-l-o sarampion! Os filliños as vijigas...¡Ay Jesus! ¡que compasion!  (cant. Popular)

 

O que neste mundo fai mofa, n´o outro foza.

Predícame frade, por unha orella m´entra e por outra me sale.

Quèn che mandou cantar, meu frade, quèn che mandou cantar, que che pague.

                                                                                                   (ditos populares)

   Jesús Guimarey Mascaró,2021