"Quén conserva a facultade de ollar a beleza non envellece". (F. Kafka)
Sorrí o merliño no graneiro, amence...
A Alma daquéles ollos que ante a BELEZA non conseguen acelerar o corazón, engurrarase coma as alas dun páxaro enxaulado e viaxará camiño dos infernos, para transformarse en pó.
Se ollando o amencer de hoxe sobre o Val de Laiño non se che para o reloxo, a voz non che treme e non súan túas mans, deberías mirarte ao espello...
Xa está aquí o loco soñador dos pinceis, están pensando aquél@s que necesitan unha esqueira para acadar o ceo dos seus soños, porque seu corazón non voa, mágoa...
Non cheguen as miñas verbas a él@s, pero sí a aquél@s cuia Alma non engurra porque súas alas voan ás anchas nun ceo de paixóns ónde sempre ollan reflexada a beleza.
Sorrí o merliño no graneiro, amence...
Escóitase, querid@s AMIG@S, seu trino feiticeiro...
Baila a primavera...!!
Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario