sábado, 3 de abril de 2021

O CORVO XAN E A RULA FELISA

 

O corvo Xan era moi listo e sempre estaba pensando en facer amigos entre outros paxaros do bosque, un día coñeceu a unha rula chamada Felisa nunha fraga facendo o niño no alto dun carballo moi grande e de moitas ponlas pois tería ó menos uns cen anos aquel exemplar autótono de Galiza.

Xan- “Bos días, Felisa como che vai a vida?”

Felisa- “Bos días, Xan: pois a min moi ben, como ves estou facendo o niño que xa estamos en Abril e son tempos de criar os meus pitiños.

X-“ Eu tamén penso facelo pero nos facémolo alá para mediados de Maio, como ti sabes os corvos criamos algo máis tarde, pero gústame o sitio que escolleches porque é un lugar moi fermoso. ¿Oes Felisa? non sei se te fixaches nos humanos que levan máis dun ano con mascarillas na boca e no nariz?”

F-“ Sí que me fixei ó, deben estar todos enfermos porque seique teñen un virus que procede da China que os ataca mortalmente, pero eu non creo que a mascarilla lles defenda moito”.

X-“Nunca entenderei ós humanos,¡ e eles pensan que son intelixentes!: sempre andan en guerra uns con outros pelexando sen motivo, só queren gobernar a súa maneira, mira nós que felices somos todos os animais do mar e da terra e eles nunca estan en paz”.

F- “Mira Xan, non perdas o tempo pensando neles non só as guerras que libran senon tamén o que contaminan coas súas fábricas de todo tipo, plásticos, petróleos, e productos químicos  para qué producen tanto? Nunca chegarei a comprendelos”.

X- “A verdade e que tes razón, a xente non sabe respetar o planeta e mira que che é ben doado entendelo, como ti ves, os animais somos moito máis felices  que eles e non contaminamos nin a auga, nin a terra, nin o ar, malpocado  por estas pobres criaturas!”

F- “Pois mira, deixa que sigan coas súas ideas que nós nunca conseguiremos convencelos, eu vou seguir construindo a miña casiña, ¡que che vaia ben amigo Xan!.

X- “Grazas Felisa e a ti tamén que teñas bo día!.

  Miguel Alberto,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario