lunes, 26 de abril de 2021

REFLEXIÓN...LUZ

 "As verbas nunca alcanzan cando o que hai que decir desborda a Alma". (J. Cortázar)

Luns de zapateiros, a paleta de cores debaixo do brazo é hoxe unha necesidade...
Estás aí, agochado sobre a esqueira de cores que é o día, iluminando nosa travesía...
Coma bo galego non sei se te vas ou aínda chegas...
Importa...?
Importa o que nosa Alma é capaz de interiorizar ante o que túa LUZ nos transmite.
Ollar e calar debería ser a miña resposta ante esa hemorraxia de cores do Paraíso, diante de tan benéfico sortilexio...
E soñar ollando esa aperta de río, mar e illa capaz de recargarme de enerxía e facerme ver que a vida é un luxo vivila dende a túa saída ata a túa ida, e máis alá ainda...
Ollo a LUZ que resplandece
Miro o ceo
Cheiro o mar
Escoito o merlo larpeiro...
Luns de zapateiros, as verbas non alcanzan, perdón polo atrevemento pero espertar non debe ser prohibir que a imaxinación voe...
Xamais, querid@ AMIG@...!!





No hay comentarios:

Publicar un comentario