lunes, 26 de abril de 2021

MAIS TÍ, XA TE FUCHES

 

 Sentada na veira da xanela

ollando o sopor da lúa

os pensamentos agólpanse

na miña retina

 

as imaxes viñan e fuxían de min

ningunha ficaba

só ese intre en que nos

alonxa a realidade

 

facendo das miñas lembranzas

un xúbilo de emocións

e alí, estabas tí

máis non parecías ledo

 

a tristura dos teus ollos

asemellábase a un retrato

garabateado por un cativo

falto da experiencia que dan os anos

 

miráchesme e miréite

quixen esquecer todo o vivido

e voltar a ese anaco do tempo

unha e outra vez

 

Máis tí, xa te fuches

 

a túa imaxe camiña libremente

polo meu recordo

levándome a todos esos paraxes

onde xuntos andivemos

 

Máis tí, xa te fuches

 

eu sigo presa dese sentir que levo no

peito, desde o día en que o meu

mirar se mixturou co teu

sigo presa do lume dos teus beizos

 

Máis tí, xa te fuches

 

déixame ollarte, ainda

que só sea un intre

déixame acomodar

as miñas mans nas tuas

 

Máis tí, xa te fuches

 

seguireite en soños ou desperta

na imaxinación ou na realidade

pero eu sei que un querer

así non se esquece

 

Máis tí, xa te fuches.

  Paki Espiño,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario