lunes, 12 de abril de 2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (28)

 

  Gachi! Gachi! ¡que dènho de gato! ¡como se farta n´o prèbe d´o prato!

                                                                                                     (Rosalía de Castro)

Gaiteiriño sin gaita, non tèn donaire, nin sal; fai coma a mullèr sin ròca que maldito cousa val. (cant. Popular)

A galiña po-l-o bico pòn.

Galiña que cacareja, algo venta ou hòvo deija.

¡Pobriñas! Abrenvos tarde e non comedes, dijo o raposo às galiñas. (ditos populares)

 

Vóuchem´à beira d´o río à vel-o qu´as troìtas fan a que non caia à miñoca, ha de caír ò galvan. (Cant. Populares)

 

Ond´hai galo, non canta galiña, senon qu´o galo teña a morriña.

Sardiña qu´o gato lèva aquèla grandida vai.

À gando bravo, còrda larga.

Gando gordo vòlve o seu dono tolo.

Gando blanco, nin n´o pasto, nin n`o banco.

O que non garda non ten.

Garda que comer e non que facer.  (ditos populares)

 

Adios meu garandujo, anque me vou d´esta tèrra anque me vou non che fujo. (popular)

 

Gazafello vent´o rello, qu´alpabarda por ti agarda. (poesía popular)

 

Mòita estimàva darch´un bo leito pórque se pènsas pasa-l-o inverno n´ese pesèbre non lèva geito. (panxoliña antiga de Noiteboa)

   Jesús Guimarey Mascaró, 2021

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario