"Non durmirei, non durmirei en toda a noite, verei os primeiros raios de sol dende a fiestra do meu insomnio". (J. Cortázar)
Se a pesares de todo caen rendidos teus ollos e o sono apodérase do teu corpo recorda ao abrilos coas primeiras luces que espertar non é deixar de soñar, di un tolo disfrazado ás veces de cordo, ou un cordo tachado de loco porque fala cun merlo...
Os primeiros raios de sol iluminan o Ulla, un mar feito río ou ao revés, xa non sei, que da vida ás Brañas...
Baixo o azul despuntan os amarelos, amence un día marabilloso de primavera...
Xa está aquí o LOCO SOÑADOR dos pinceis, ten pouco de real este amencer de hoxe martes, dirán aquél@s de corazón frío no que sempre é inverno, sen alas para voar coma volvoretas na procura de néctar, nen ollos na Alma.
Quizais, querido Xaquín, sexan moitas veces os soñadores os mais realistas, escoito cantar ao merlo...
Do seu peteiro amarelo, querid@s AMIG@S, co seu trino sae cada día unha reflexión para quén queira escoitala...
Non é obriga...!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario