martes, 20 de abril de 2021

REFLEXIÓN...RÍO DA VIDA

 Domingo...Amence...

Esperta a vida, soa a música do tiovivo dun novo día...
Nada mellor para avanzar polo seu río que seguir o curso axeitado, por moito que outros nos leven máis depresa, ou cantos de serea digan que nos levan por lugares máis idílicos.
Por moi plácidas que baixen agora mesmo as túas augas, coma as do Ulla ao solpor polas Torres de Oeste en Catoira, se te deixas levar por un comportamento non axeitado, máis cedo que tarde veraste envolto en violentos rápidos e arrastraranche.
No RÍO da VIDA, querid@s AMIG@S, chove a miúdo e son frecuentes as ríadas, moi perigosas en primavera como consecuencia do desxeo logo dun duro inverno de encerro, canta o Amigo merlo no niño...Xaquín, alguén ha entendelo.
Domingo...Amence fermoso o Val...
Baixan calmas as augas do Ulla camiño de envolver nunha interminable aperta e bicar a Cortegada, súa amada...
Traxe, gravata...Paseo.!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario