martes, 20 de abril de 2021

ABRIL

 

Abril, doce Abril

días soleados...

xermolando a flora

nas terras do Sar

 

esta primavera

que tanto adiantou

pois tamén a fauna

aquí se mostrou

 

camiñando vou

polas nosas brañas

ollando eses niños

de diversas aves

 

tamén vexo xestas

codesos e toxos,

a diversa flora

aquí están presentes

 

malia un triste ano

polo funesto virus

o clima responde

con alegres xeiras

 

e os paxariños

enchidos de orgullo

cos seus doces trinos

alegrando o día

 

a nosa bisbarra

rebosa de vida

nas marxes do Ulla

¡brañas de Laíño!

  Miguel Alberto,2021

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario