Xuntar catro palabras, miña nai...
Botádelle a conta se enrriba, hoxe, cústame máis do normal...
Debe ser cousa da chuvia e das brétemas que non queren abandoar o Val, pode que as entenda ben...
Nen a miña mente, según parece...
Nen te cases nen te embarques, é martes, di o vello refrán. Era o que iba facer de primeiras, no fixen onte, luns de zapateiros, xa que lle prometera unhas verbas a alguén...
Pero unha mensaxe fíxome recapacitar, e aquí estou diante dunha rosa esperando que o merlo saia do niño e poida facerlle unha pregunta que me remoe os miolos de vez en cando, e por unhas musas coas que non gardo unha boa relación...
Cres, Amigo merlo, que é noso pai o Universo, e a Natureza nosa nai.?
Xaquín, direiche o que penso a risco de non saír do atolladoiro no que me metes, filosofar non vai conmigo...
A comunión Ser humano, Universo e Natureza é o meirande tesouro, a máis sabia e grande riqueza que existe, e da que tedes obriga de coidar...
UNHA TRILOXÍA, un legado polo que vos xulgarán, Amigo Xocas...
Así é cómo eu penso que deberiades sentilo.
E coidas que no facemos.? Opinas que somos fill@s maltratador@s, merliño.?
Cos petos cheos de pedras para arrebolarlles semellan ir pola vida algúns, cómo se o futuro non estivera en xogo, Xaquín...
Ás veces penso se paga a pena seguir escoitando a triste música dun tiovivo descorazonador, prodúceme arrepío o comportamento que tedes para con eles, fálame dunha sociedade enferma, dunha sinrazón, e danme gañas de tirarme en marcha do carrusel...
A pesares é primavera, e din as flores, se temos Alma, que cada abrente debe ser un novo motivo de felicidade...
Non é momento de baixar a garda, sí de ir na procura de pétalos que botarlle ao presente de cara o futuro...
O seu arrecendo lévaranos voando cara un mañá de ilusión i esperanza...
Uns tíranlle pedras, decía...
Outros fermosas rosas vermellas, Xaquín...
A loita está aí, con todo cánto conleva...
Ti elixes o bando ao que desexas unirte...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario