lunes, 20 de mayo de 2024

LICOR VERDE ESPERANZA


  Hoxe é o día...

  Despreguízome ollando dende o balcón cómo o Val vai retomando a vida...

  A mañá é levadeira, chegou a primavera, xa non voa baixo o graxo co frío nas Brañas...

  Espoldréxase o presumido galo vermello para botar unha cantarela e pór en revolución o galiñeiro..

  Tamén coa mala idea de espertar a aldea que no ten en gran estima, téñenlla ben gardada...

  De momento só se escoita o son do silencio, ese son singular, capaz de explicar aquelo que as verbas non son quen de facer ver...

  A música dos abrentes...

  Os poemas musicados do arco da vella dos solpores...

  A banda sonora da vida que cada día se escribe no pentagrama do tiovivo...

  Os latexos da Alma, esa poderosa voz interior de berros de auxilio que cada mañá gritan que a subida ao carrusel é unha nova chamada a bailar ao ritmo da esperanza e da rebeldía...

  Merliño, hoxe é o día marcado en verde no meu calendario para tirar por primeira vez cada ano a toalla na area da praia, día da Ascensión, quente o sol ou non...

  O sol sobre o pico Sacro, co Meda por testigo, comeza a colorear de amarelo o ceo do Val do Ullán... 

  Baixo o son do silencio que todo o abrangue, larpeiro, levanto a copa brindando con LICOR VERDE ESPERANZA por un acariñador verán.

  Que caladiño que o tiñas, Xaquín...

  Que os deuses che escoiten...!!

  

  O Paraíso existe 



                                                                 Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario