miércoles, 1 de mayo de 2024

ABRIR OS OLLOS DA ALMA


  Un arco da vella de mañá cedo,

veremos ao mediodía,

quen sabe pola tardiña...

  Así é, merliño, a primavera.

  Sería nos teus tempos mozos, Xocas, a de lúas que medraron,...

  Todo elo pasou a mellor vida, ou a pior, no teño claro...

  A chuvia e o frío semellan ser donos de cánto acontece, non dou secado gravatas, e ti os miolos, según vexo.

  Non ía haber foto, merliño, polo que non podía tallar unhas verbas o picapedreiro, é martes...

  Atopábase amorriñado ata que unha Amiga veu a decirlle, dalgún xeito, que é un privilexio abrir a fiestra i escoitar o canto da Natureza...

  Imaxinar, de mañá cedo e mesmo chova, un arco da vella dende Abanqueiro ata Cortegada desexando un "feliz día Encarnita, querida Amiga de letras"...

  Sentir cómo o Val se despereza cos bicos e apertas do Ulla antes de perderse ledo entre as salgadas augas do "Paraíso"...

  Ollar as bolboretas cheirar no xardín o romeu, ver florecer na horta os frutais, cómo medran os tallóns de leitugas, cebolas e allo porros...

  Observar cun sorriso nos beizos a unha caramechiña papando unha preada, un amorodo vermello prantado con tanto agarimo, cando hai é para tod@s...

  Escoitar o canto dun tordo na aldea, a resposta dunha rula, o toc, toc dun páxaro carpinteiro nun vello carballo da fraga...

  A pelexa do sol coa brétema por regalarnos unhas raiolas que van quentándonos o corpo, e as Brañas...

  Un xeito diferente, merliño, de sentir latexar a vida...

  O de ABRIR OS OLLOS DA ALMA...!!

 

  O Paraíso existe 



                                                              Xaquin Miguéns Ces


No hay comentarios:

Publicar un comentario