Aquela andoriña branca e gris mudou a cor cando chegou á nosa Terra, e converteuse nunha especie de corvo branco de todo, deambulaba pola vila de Rianxo voando ó longo do malecón pousando aquí e acolá para procurar o seu alimento cotidian, unhas veces peixe, outras mexilons i tantas outras agardando que arribaran os barcos de pesca achegándose a eles para recoller a súa ración correspondente.
Os nenos da escola bautizárona co nome de Ulisis, sería por aquelo que emigrara na primavera desde a illa de Milos en Grecia para refuxiarse na nosa Ría do calor do Mediterráneo?, máis Ulises sempre se via tristeira pola nosa vila, voaba e voaba pero parecía muda, algunhas veces chegaron a vela tan lonxe como na aldea de Rabado alá no Araño, onde os veciños lle daban de comer, quizais por ese motivo se desplazaba a lugares tan lexanos.
En certa ocasión vírona voar nas inmediacións do IES Felix Muriel chegando a entrar na aula onde impartían clases de Grego, aquelo foi un milagre, nada máis oir ós alumnos falar en grego Ulises cambiou a expresión da sua cara dibuxando un sorriso, como aquela andoriña mudou de triste a contenta é un misterio que ninguén comprendeu naquel intre. A partir de aquel día, sobre a media mañá, aparecía revoloteando frente a fenestra da aula, cousa que os alumnos agardaban, e procedian a abrirlle para que entrara tan doce alumna. Aquela situación prolongouse ata ben entrado o mes de Outubro cando apareceu Ulises voando pero sen entrar na aula, quizais fose o seu modo de despedirse, pois nunca màis se supo daquel anxo voador nos arrededores da escola.
Comenzou a viaxe rumbo a Milos moi ó mencer alcanzando unha altura considerable para así aproveitar as correntes que a levarian de volta á súa querida illa. O seguente día tomou terra na illa de Córcega para repoñer forzas é alimentarse de onde retomou o vo despois de unhas seis horas de descanso.
A travesía da península italiana foi moi doada: uns trescentos kilómetros ata alcanzar o Adriático na vertical da cidade de Pescara, conseguindo aterrar en Milos o seguente día sobre o solpor.
Outras andoriñas que a viron chegar recibírona con unha gran alegría e ilusión, pois facía máis de medio ano que non sabían nada dela. Xa os ancestros da andoriña solían pasar alguns verans na ciudade de Noirmoutier na Bretaña francesa, pero a estadía na terra de Breogán foi para Ulises algo especialmente bonito pois non paraba de contarlles a todos a riqueza da Galiza alá na España atlántica, é sobre todo as vivenzas cos alumnos do IES Felix Muriel na Ria Arousana.
Miguel Alberto,2024
P. D. Este relato foi pensado polos alumnos de grego do instituto Felix Muriel, eu só puxen algo de imaxinación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario