viernes, 26 de abril de 2024

MORTA


Esperto sobresaltado...
Escoitou o merliño á súa Amiga pola noite, ou foi un soño...?
Tralo solpor, a praia de Tanxil sería testigo e ía pórlle a sinatura:
"Achegouse á beira do mar no bico dos pés...
Adentrouse nela cantando para sí mesma o estribillo de Luz Casal "Non podo máis... Necesito aire para respirar", mentres o vento aumentaba enmarañando os seus cabelos, e a chuvia camuflaba as súas bágoas...
O corazón, tolo, latexaba no seu peito ameazando con estoupar en calquer intre...
Pequenas olas empezaron a bicarlle os nocellos a intervalos, coma tímidos...
Arrimouse un pouco máis, e agora o mar acariñaba as súas pernas xa sen disimulo...
Pero axiña escomenzou a retirarse, fíxoa reaccionar o medo ao descoñecido, á grande oscuridade...
Aínda que na atoparan afogada naquel mar, quen voltou esa noite ao seu fogar era unha muller MORTA en vida".
Esperta o merlo dun pesadelo ou foron os anxos que nos protexen, e a Moreniña que dende o alto vixiaba cada un dos seus pasos, os culpables de que nada ocorrese...?
Nada...?
Quizais cousas así fan que levantemos muros arredor nóso para protexernos, porque o sentir é que a vida danos paus que non merecemos, e a outra opción que atopamos é a de quitarnos do medio...
Pode que ás veces reaccionemos tarde, a deus grazas outras a tempo...
A vida paga a pena a pesares de tódolos atrancos, e sempre aparecerá esa raíña de ceo azul de esperanza no que nos queda por diante...
O importante neste caso é que a miña Amiga poida contalo, e cantalo feliz o merliño...
Pode que fora realidade, ou un pesadelo coma moitos outros que ten o merlo, só ela o sabe.
Traxe, gravata, é domingo...
A pesares, non me esquezo...!!

O Paraíso existe



Xaquin Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario