sábado, 17 de septiembre de 2022

A SILVIA

 A nosa Terra sempre foi moi prolífica en cultura, tanto en música, pintura, escritores, poetas...

Fai uns dias coñecín a noticia da publicación de un libro de poesía, (Alma de Outono) escrito por Silvia Figueiras Dovalo, unha dona nada en Montevideo pero filla da emigración e retornando á nosa Terra sendo ela unha nena de dous anos, pasando a súa xuventude nas Rias Baixas, e decir, no Paraiso, onde mora actualmente na compañía do seu marido e coidando a súa nai de avanzada edade, pero Silvia ten tempo para todo eso é máis, pois tamén é miembro do noso grupo onde escribe todas as semanas as súas poesías, que por certo eu admiro, e non é peloteo, simplemente me gustan e admiro a súa maneira de xuntar letras, palabras, frases...

Silvia comenzou a escribir poesía á edade de 16 anos tendo algúns altos no camiño (como nos pasa a todos) pero retomando a pluma de novo con máis forza e voluntade, ahí está o seu froito, un libro de poesía que por certo tiñao moi en secreto porque no noso grupo non sabíamos nada. 

Amiga Silvia, dende aquí a miña noraboa por este "alumbramento" tal como che comentara na conversa que tivemos por teléfono dias pasados, por tanto ¡a seguir escribindo! , pois como di o título do noso grupo: Scripta Manent.


  Unha aperta amiga, Octavio Romero 2022


No hay comentarios:

Publicar un comentario