Abro a fiestra e no Val noto un arrecendo diferente...
Non ollo o sol e non para de cantar o merlo, semella que lle da corda a babuxada que está caendo.
Vas a mollar o frac, larpeiro.
Que me importa, xa non sabía a que cheiraba a terra mollada, estrañábao tanto, Xocas. Non é máis ca unha chuvia miudiña, como diría a gran Poetisa da Terra, pero que pracer poder mollar as alas.
A necesidade, merliño, que temos de auga. As cousas non pintan ben se na nosa querida Galicia temos que pedir que chova. A culpa...? Na ten ninguén, a min que me rexistren... Así sempre, no lugar de facer examen de conciencia e pensar na actitude que cada un de nós, individualmente e como sociedade, temos coa Nai Natureza.
Ben apuntado, Xaquín, mágoa...E mira por onde, aparece ao día seguinte do San Ramón. Anda que non é milagreiro o santo, conseguir que ti e a chuvia aparezades novamente...
Os fontaneiros do ceo tiveron a ben, graciñas, deixarnos disfrutar dun día espectacular de Romaría onte. E deberon pensar que, xa que ti apareciches de novo no Facebook, era unha boa ocasión para que a chuvia chegase hoxe.
Dubido que os tales fontaneiros me coñezan, nin creo que a miña volta mereza ningún tipo de celebración, pero grazas mil a tod@s quenes tivéchedes a ben acordarvos de min e saudarme...
Feliz setembro...!!
NON TEÑO VERBAS...!
No hay comentarios:
Publicar un comentario