Cando era rapaza , meu pai (que era mariñeiro da mercantil e estaba fora da casa medio ano , mínimo) , sempre intentaba coller a campaña que na Guadalupe estibese en Rianxo.
Eu non alcanzaba a entender cómo prefería botar fora as navidades e perder de estar con nós nesas fechas tan especiais.
Un día , moi enfadada , díxenlle que non nos quería o suficiente cando optaba sempre por as festas do pueblo , e él moi serio , con esa actitude de home de mundo, dixome:
Cando andas polo mundo adiante embarcado sen ver terra firme durante meses , a familia sempre a añoras e che comprime o peito non tela preto, pero nós os galegos tamén temos un sentimiento sen traducción para o resto , eche a morriña , filla, algo que nos acompaña en cada partida e que sólo se reconforta e sana cando estás na terriña ,por eso que cando podo vivir as festas da Moreniña , con vos e os meus , recargo as pilas .
E eso que che explico , alo de entender algún día.
Él falleceu con cincuenta anos, e hoxe eu podo reafirmar as súas palabras .
Non miro que orquestas traen, nin canto van tocar , sólo sinto esa atmósfera especial que envolve a todos os rianxeiros e que no campo eses días fainos ser a todos iguais.
Mano Figueira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario