sábado, 25 de septiembre de 2021

REFLEXIÓN..."JODEDOR"

 Onde vai que amenceu, xa estou canso de cantar, e tí na cama.

É sábado, non teño que madrugar para ir a "galeras", onde quedou descansando o remo ata o trece de outubro. Fáltame pouquiño para non ter que cinguir obrigatoriamente e teño que ir acostumándome.
Tes moitas ganas de deixalo a un lado, xa vexo, pero asegúroche que o votarás de menos. Non vas ter doado deixar de ollar o Paraíso que tes diante dende fai cáseque 30 anos, o Ulla exaculando na Ría mentras bica súa amada, un feitizo que se repite a diario.
Amigo merlo, parece que lle estés decindo á xente que, no lugar de ir ao traballo, vou a sentarme nunha terraza fronte a Cortegada a comer unhas ameixas, regadas cun bo albariño, mentras saco unhas fotos coa cámara da Alma.
No describiría eu mellor cantando, jajajajaja...
Así que ese é o concepto que tes do que fago, con Amig@s así...
Querid@s Amig@s non lle fagades caso, hai días nos que semella espertar "JODEDOR", e non ser fácil de aturar este merlo do carallo, como diría unha Amiga do outro lado do charco...
Ollando esta imaxe, quizais moit@s pensédelo mesmo e vos poñades do seu lado...
En calquer caso, xa queda menos para saber se extrañarei á querida Cortegada, toco madeira...
Na Alma levarei as vivencias moi gardadas...!!



     
                                  Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario