domingo, 12 de septiembre de 2021

REFLEXIÓN...SAXITARIO

 

O sábado amence triste...
As néboas apropiáronse do Val...
Semella que da túa Alma tamén, Xaquín. Calma que axiña sairán as cores, canta o merlo apostado no graneiro mentres olla o gris que o preside todo.
Non entendo certos comportamentos, merliño, a noite foi de todo menos agradable.
Seguirá hoxe coa mesma teima ou pedirá perdón...?
E se o pide, vai ser porque sinta que estaba trabucada e cre que tanto as verbas coma o tono estaban fora de todo xeito, ou porque quere facerme comulgar con rodas de muiño...?
Qué terá de extraño que logo de dezaséis horas a pé, durmindo non máis de cinco horas diarias, ás veces menos, chegada a noite un caia co sono de vez en cando...? A de chuscos que quedan, como deciamos na mili, e a de "Juadalupes"...
Serei un bicho raro por élo...? Xa me dixeron de todo, mesmo que estou tolo porque converso contigo, un merlo...
Non é nada agradable recoller do chan os anacos do niño, cos ovos dos soños caídos.
Pídeme o corpo recollelos, metelos nunha gamela, cortarlle a corda e deixalos ir polo río abaixo...De Río Vello a Río Novo, coma as crías de lamprea...
Pode que me doa o corazón hoxe, pero quizais no futuro o merlo acabe cantando "meu deus, do que me librei..."
Pode que non, e chore eternamente a Alma.
Querid@s Amig@s, só mantiña unha conversa en voz alta co merlo, meu confidente, mil perdóns, nada vai con vós...
Ou sí porque, aquél@s que estades aí sempre, tedes que aturarme, nada agradable ás veces.
A pesares, meu desexo que teñades un finde cheo de cores...
Mesmo co gris adoñado de todo, un SAXITARIO sempre atopa como pintar nél un arco da vella ...
Amence...!!




Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario