domingo, 19 de septiembre de 2021

REFLEXIÓN...PILTRAFA

 Apareceu na graneira cando amencía...

A pinta que traía, santo cristo do perdón, se existe...
Todo parecido coa imaxe é falso, oxalá fora pura coincidencia, como din nas películas...
A chaqueta do frac ao lombo, semellaba Rafael no escenario nos seus mellores tempos; a gravata, co nó no peito, máis que amarela era de cor tinto; os ollos hinchados de non dormir nunha semana...Unha peniña...
Quixo dar un trino de bos días, todo o que saiu do seu gorxelo foi un apagado ronquido...
Pasan estas cousas cando se minte, apodérase de nós a troula, e olvidámonos ...
"Vou ao chupitaso da Juadalupe coa peña e volto axiña, que non hai festa rachada este ano por culpa do bichoco..."
E faise coma aquél que non fumaba e saiu da casa coa disculpa de ir por tabaco, voltando dalí a unha semana feito un poema...
Desculpouse decindo que se atopara cun amigo...
Non me dixo se merl@ ou xílgar@, que todo lle vale, según para qué cousas...
Antes de meterse no niño, coa cabeza gacha preguntou que día era...
Non me ves co traxe e a gravata, é domingo da semana seguinte, menos mal que cada ano só hai unha Guadalupe, vai durmir, resposteille con cara seria, postureo...
Querid@s Amig@s, agora que xa dorme e non me escoita, que volten as festas de verdade, e que as viva o merlo como desexe, aínda que chegue dalí a unha semana...
Ao amencer, feito un PILTRAFA, e ronco...!!







No hay comentarios:

Publicar un comentario