sábado, 25 de septiembre de 2021

NAVEGANDO POLA RÍA

 

  Sopla vento do nordés

sopla forte e a rachar

sopla ti, vento mareiro

para poder navegar

 

c´unha dorna, unha gamela

navegando sin descanso

cruzarei a nosa Ría

cal...unha longa autoestrada

 

sopla vento do poniente

pra  acadar Vilagarcía

arribando axiña a porto

cando suba a pleamar

 

sopla desde o infinito

para arribar a bo porto

mesmo que chegue mollado

bañado polo salseiro

 

con choivas e gran trebón

tí, navega miña dorniña

mesmo escorada a babor

a punto de naufragar

 

Sexa con dorna ou gamela

cruzarei o ancho mar

da Póboa a Vilagarcía

eu tentarei navegar.

  Miguel Alberto,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario