domingo, 23 de mayo de 2021

Á NOSA GALIZA

 

Galiza e terra de mil conventos, onde habitan sapos e bruxas, as igrexas cóntanse por centos onde se abrigan tamen as curuxas, Galiza e verde prado, os nosos ríos, o monte extenso, o mar, peixe recien pescado, praias cheas de marisco fresco… na nosa terriña o podes dsifrutar.

Galiza son as nosas fontes e muiños, tamen as fermosas Rías, corredoiras e fondos camiños, tamen os nosos castaños e carballos, toda ela chea de segredos e misterio, como a nosa santa campaña que solo era xente con candelabros encendidos. Galiza e terra, monte e mar, son veigas e verdes prados, por toda ela podes camiñar. Vista desde os nosos campanarios co seu orballo, a súa chuvia de treboada, o seu sol no mes de Maio, a terriña que por auga alenta toda ela chea de sentimento, marisco cheo de frescura dos nosos mares coa súa bravura. Galiza e  a morriña que levo dentro.

 P. D. Adicado as nosas letras galegas e á nosa terriña onde vivo e quero morrer.

       Mingos Ríal,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario