domingo, 23 de mayo de 2021

REFLEXIÓN...A MIÑA MÚSICA

  "O corazón ten razóns que a razón descoñece". (B. Pascal)

Domingo...Esperto co extraño sentimento de que fáltame algo...
Só vemos co corazón e voto de menos a Ría, esa gaiola dourada da que montes, ríos, ceo, mar, árbores, páxaros conforman seus imaxinarios arames...
Cadeas emocionais nas que están encerrados os ollos da miña Alma.
Son esas razóns que fan que meu corazón latexe desbocado, que me teñen atrapado, pero libre para emprender o voo dos soños cando o desexe...
Son ese cartafol de cores subido nas alas, no que voa a sinrazón da imaxinación...
Ese escoitar o silencio da beleza, a voz da Natureza, o armonioso canto do merliño e seus consellos que tanto necesito...
A paixón e o sarcasmo da querida xílgara, a variña máxica chea de fantasía do Amigo Nuco...
Ese mar ao solpor, reflexo dun ceo azul e dourado...
O sentimento de estar diante dun cadro coa música pintada nun pentagrama imaxinario...
Só vemos co corazón e voto de menos a Ría...MIÑA MUSA.
Querid@s AMIG@S, é domingo...Traxe, gravata, paseo por algún dos seus marabillosos recunchos...
Sen éla, para min nada é o mesmo...!!




Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario