Domingo...
  Adormichado aínda, e medio pampo, sorrío mentras ollo como o Val vai espertando...
  Sorrisos e Natureza, sempre co mesmo, dirán aquél@s que nen senten, nen padecen, nen ollan nen escoitan.
  A perfecta simbiose, digo eu, o tolo que cada mañá  axeónllase diante do Templo da Gran Nai para escoitala...
  Fálanme os amenceres, os solpores, mesmo os páxaros e as flores...
  Tes unhas pingas soen decirme, como pouco, porque madrugo para ollar como o sol prepara a paleta, colle o pincel e comeza a colorear de amarelos e azuis as Brañas...
  Porque son quén de sentarme sen facer nada, só ollando a Ría na espera de que o astro rei, xa enriba do Barbanza, me diga mañá volto, mentras remata de colorear o cadro...
  Porque digo que charlo cun merlo que me da sabios consellos, a deus grazas...
  Son algo máis que pingueiras, son sentimentos que de moi dentro saen voando...
  Mentras saian, Amigo merlo, cabalgamos, que diría o famoso e fraco fidalgo...
  Domingo, querid@s Amig@s. Esperto...
  Traxe, gravata...
  Píntase de amarelos e azuis o Val...
  De SORRISOS a Alma...!!
Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:
Publicar un comentario