domingo, 16 de mayo de 2021

AMOR SORDO

 

  Vou facerte o amor con palabras,

poñendo comas, nas paradas, collendo alento, ca mirada,

e descansar na túa calma

Vou mirar sen decir nada, poñendo punto e seguido, deixando que a nosa lingua fale sen facer ruido.

Vou desnudala tua alma

con desexo e sen mesura,

coas luces acendidas, sen medos e sen censuras.

Vai ser unha noite longa...pa poñer punto final, deixémolo en punto e coma,

para volver a comenzar.

  M. Dolores Ríal,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario