domingo, 16 de mayo de 2021

REFLEXIÓN...PONTES DE SOLIDARIDADE

  Amence un domingo dun finde longo...

Parece que a chuvia quere darnos unha trégua, parecía máis inverno que maio...
E con tantas horas libres, non paran de dar voltas os miolos...
Raza intelixente, chamámonos...
Semella unha broma de mal gusto ollando o que pasa, porque se realmente a foramos, no lugar de construir castelos defensivos e ideolóxicos, de tirarnos as tixolas á cabeza uns a outros, estariamos construíndo pontes de unión entre os distintos pobos, ideoloxías e persoas.
A ónde vai levarnos a voráxine actual e a falta de entendemento...?
Está o mundo cheo de mentira, de xente falsa co sorriso nos beizos e a língua velenosa...
Xente disfrazada de amig@s pero co coitelo preparado, co corazón valeiro de cariño e a Alma chea de palabras falsas...
Tan difícil resulta tender PONTES de SOLIDARIDADE, de valores verdadeiros, de respeto...?
Vótanche os miolos fume, Amigo Xaquín. Achícalle un pouco menos, que a caldeira semella a piques de reventar. É domingo, reláxate un pouquiño mentras eu vou decirche o que ao respecto penso...
Todo cánto levo observado dende a miña perspectiva, lévame a conclusión de que vos considerades moito máis intelixentes do que realmente sodes, uns deuses vanidosos aos que a Natureza ten que meter de cando en vez en cintura.
Non sodes máis que un gran de area cativo na inmensidade do Universo...Eso sí, un "forúnculo" nas súas partes, e nas da xente...
Tivo que vir un bichoco, e van non sei cantas veces ao longo da historia da humanidade, a recordarvos que o camiño que levades non é o axeitado, que tedes que cambiar de actitude, que no lugar de castelos construades pontes, pero nen con ésas aprendedes...
As diferencias de criterio, as distintas opinións, hai que resolvelas atendendo ao ben común, e sen violencia...
Non hai mellor chaleco antibalas que a comprensión, a aceptación dos diferentes xeitos de ver a vida.
Levantar novas pontes, discutir dende o respeto se fai falla para entenderse é o camiño.
Un exemplo que non recibides duns dirixentes que demostran calquer cousa menos intelixencia. Será por élo que están metidos en política, ónde nen eisixen un psicotécnico, teñen sorte moitos déles...
Raza intelixente, Xaquín, déixame rir un pouco mentras trino...Jajajajaja...
I eras tí, larpeiro, quén me aconsellaba que deixara de votar achas...?
Non lle fagades demasiado caso, querid@s AMIG@S. Pasa demasiado tempo no niño, non sei se pola chuvia ou porque a dona obrígalle a coidar da prole, i él é máis de cantar e darlle ás alas...
É o que ten nacer merlo e non cuco. Jajaja...
Traxe, gravata...A pesares da parolada, non esquezo que é domingo. ..!!


 Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario