domingo, 30 de mayo de 2021

REFRÁNS E DITOS POPULARES (recopilados dos séculos XVIII e XIX) (35)

 

  Manoel, ti andas n´o monte co-a roupiña escalazada: dèijate, Manoel andar; quen mal anda, mal acaba.

 

Mi madre visteu de loiras; eu loiras n´as pòdo ver, de Tarazona ou Segovia, o mantelo ha de ser.

Mans que non dades, qué buscades?   (cant. Populares)

 

O que paga a criados e n´os vai ver venda o que tèn para os manter.

Vaca de mòitos, bèn mojida e mal mantida.

A mòita manualidá è causa de menosprecio.  (ditos populares)

 

Miña Santa Margarida; Miña Magarida Santa, tèndela casa n´o monte, dond´o pajariño canta.

Mariñeiro quèro, madre; mariñeiro m´han de dar; se non me dan mariñeiro, solteira m´hei de quedar.

Por cantar e´star alegre nunca se perdeu ninguen, pérdese por marmurar a vida de cada un. (cant. Populares)

 

Cantaràn o Mayo, inzador d´amores, po-l-o campo gayo vèn botando flores.(gayo: paxaro semellante o melro)

Vinde oir homiños; vinde oi-l-o Mayo; que c´os meus meniños cantiguiñas trayo.

  (A. de la Iglesia)

 

A mazan que ti me deche non a comin nin a dei; lèvoa n´a faltriqueira, por che non perd-l-a ei.

Voume por aquí abaijo, fiando n´a miña ròca, a teiña ja´sta urdida; fàltam´unha mazaroca.  (cant. Populares)

   Jesús Guimarey Mascaró,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario