domingo, 30 de mayo de 2021

CAMIÑANDO

 

  Camiñando por corredoiras

tamen pola veira do río

entre ameneiros e frondosas

para chegar pronto o muiño

 

cargada coa panela e un alegre cantar

a mulleriña vai chea de frío

apresurada por chegar

e  moer un pouco millo

 

cantos dias de molladuras

facendo camiño para ó muiño poder chegar!

cantas noites longas e escuras

por unha pouca fariña poder amasar!

 

unha fogueiriña quenta o forno

que o pan vai cocer

calorciña que aproveita o pequeno para se quentar

tan pouquiña cousa hai para poder comer!

 

Camiñando, camiñando

vai pola veira do río

e apresurada para pronto chegar

poder ver o seu amoriño...

 

entre corredoiras e frondosas

pola veira do río facendo camiño

en noites longas, frias, chuviosas

coa panela na cabeza e un pouquiño millo

 

cantas penurias e cantas tristuras

que non fiquen no esquecemento

os camiños cheos de maleza

dos pobres anos vividos.

  Mingos Ríal,2021

No hay comentarios:

Publicar un comentario