domingo, 12 de junio de 2022

ESE DÍA

 (Adicado ás persoas que sofren

de Alzheimer e a quenes ás coidan)


Cando fuxa a razón

cara o rumbo sen tornada

e no berce do extravío

adurmiñen as palabras.


Cando as cotiás tarefas,

sempre riseiras, doadas,

queiran tornarse teimudas,

por demáis enrabechadas.


Cando do almanaque esvaren

tanto os días coma as datas,

e na brétema, os recordos,

vagarosos se esvaian.


Cando aflore o receo

e xermole a inquedanza

e as máis queridas presenzas

resulten novas e extrañas.


Cando esmorezan os folgos

como as ondas se afastan

e, cal roseira, se agoste

a viveza na mirada.


Cando esquézalo meu nome

e tamén a miña cara,

de pétalos e de bicos

heiche adoviar a andaina.


Para ti tódalas risas

para min tódalas bágoas.


Silvia Figueiras Dovalo

No hay comentarios:

Publicar un comentario