lunes, 6 de junio de 2022

REFLEXIÓN...NARCISO

  Dinche algo os narcisos, as primeiras flores que te atopas polos arrós, presaxio da primavera, cando saes a dar un paseo polos arredores da aldea...? Hai xente que non ten aldea, Xaquín. Naceron e viven na cidade, e alí non hai arrós. Narcisos que nos chaman aldeanos a nós hai algún que outro, pero son calqueira cousa menos flores... Coido que ese non é un bó exemplo para a reflexión que queres deixar hoxe....Sube un solpor do Paraíso, que o sol ponse en tódolos lugares, e quizais así lle queden os dentes longos, que parece ser o que hoxe pretendes con ese tal "NARCISO". Amigo merlo, podemos ser da cidade ou da aldea, pero elo non debería estar pelexado coa boa educación e co que un sente. Decir que todo aquelo que desperte en nós sensibilidade, no meu caso ollar a Natureza, debe ter un trato especial, non creo que sexa motivo para recibir insultos e lindezas do tipo "non es máis que un p... aldeano", na aldea só hai esterco"... Pasalo por alto e bloquear ao interfecto, agochado nun perfil seguro que falso, sin foto, foi o primeiro que me veu á mente, pero penseino mellor e, xa que non quería caldo, decidín darlle dúas tazas cada día ata que deixe de mirar o que subo ou afogue por tragarse a bile que destila. Ignora, Xaquín, dígicho sempre. Non paga a pena desaproveitar un minuto de tempo respostándolle a un idiota. Andas agora mesmo alporizado cando deberías estar feliz, pues é sábado i espérache Xoel en Moraña para o partido... Allo e auga a quen non saiba apreciar o que digas, non é obriga ollar o teu muro. Fareille caso ao merliño, non vai conseguir un tonto arruinarme o finde... Déixovos un solpor marabilloso do Paraíso como o merlo me dixo, non coa intención de pórlle os dentes longos a ninguén, senón para que recargue as pilas da Alma quen o necesite... Querid@s Amig@s, mil perdóns e feliz finde...!!



                                                            Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario