lunes, 6 de junio de 2022

TERRA GALEGA

 Desde Trives a Fisterra

toda ti es fermosa

es terra de boa xente

eres a terriña nosa.


Aquí naceron meus pais

a súa alma en ti repousa

aquí quixera morrer

cando me chegara a hora.


A miña querida Galiza

terriña dos meus abós

terriña dos meus fillos

terra do meu corazón.


Cando me alonxo de ti

sinto pena na alma

pois sin ti non son ninguén

levo o teu soliño na cara.


Galeguiña me sinto

galeguiña sempre serei

que os anxos me axuden

se non podo volver.


A brincar coa lua chea

a beber nas tuas fontes

dormir na miña aldea

a correr polos teus montes.


Paki Espiño, 2022



No hay comentarios:

Publicar un comentario