lunes, 20 de junio de 2022

REFLEXIÓN...EMOCIÓN

   É a Natureza, coa aula sempre de par en par aberta, a máis sabia das mestras.

  Se sentes a necesidade de acudir á súa escola, co ánimo de captar imaxes fermosas,  non te esquezas de levar a cámara...

  Pero, sobre todo, leva a Alma contigo.

  Unha boa foto non se fai con só apertar un botón, séntese moi adentro...

  É o resultado,  querid@ AMIG@, dunha vibración interior, da máis profunda EMOCIÓN dos sentidos...

  Da linguaxe do corazón e da Alma, transformada en música e poesía...!!



                                                               Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario