lunes, 13 de junio de 2022

REFLEXIÓN...GARABATOS

  O inverno da pasos lentos cara unha primavera da que tan necesitada está miña Alma.

  Asoma o sol no horizonte, sorrín as calas na horta, estranas cores sobre o ceo das Brañas, escoito cantar o merlo, que semella dubitativo e preocupado. 

  Asoma o sol sobre o Val deixándonos a imaxe dun ceo partido en dous cachos, poida que  queira decirnos algo...

  Inquedanza sobre nós, e luz de esperanza no horizonte...?

  Que complexa a  cabeciña e os GARABATOS que debuxa ás veces a mente, Xocas.

  Cousa do demo, Xaquinciño, decía a avoa Luisa, Amigo merlo...

  Pánico para os medosos, o ceo oscuro pesa moito nos seus débiles ombreiros...

  Unha luz no horizonte dos valentes, as estrelas, o sol unha delas, danlles a posibilidade de construíren niños de soños de esperanza.

  Teño dúbidas, Xaquín,  de que siquera para eles sexan agora bos tempos. 

  Querid@s Amig@s, o sol asoma tratando de facerse un oco, pero semellan apagadas as farolas dun futuro esperanzador, o ceo ten unha capota ameazante...

  Garabatea no horizonte a mente...!!



                                                              Xaquín Miguéns Ces

No hay comentarios:

Publicar un comentario