Levantarse co abrente non é unha obriga, dime sempre o Amigo merlo.
Por certo, hoxe non se escoita seu trino nas Brañas, el o perde...
Dixéronme que cunha xílgara e os "Últimos de Filipinas" estaba aínda no campo da festa, votando uns bailes e dando conta das penúltimas cervexas...
Pobre frac, gravata dubido que teña logo de sete días fóra do niño, polo menos do que ten ao pé da graneira...
Onde vai que escentilaron as bengalas iluminando a praza de Castelao e soou a Rianxeira...
Cóxegas na Alma...!!
É probable que necesite sete máis para deixar afinada a gorxa, o del é a troula, non ten remedio.
Quizais teña razón o condenado e votar o pé fóra da cama coas primeiras luces non sexa unha obriga, pero non facelo sería un pecado...
Renunciar a un amencer coma o que tiven a sorte de ollar hoxe dende a miña privilexiada atalaia sobre o Val de Rosalía xamáis mo perdoaría...
Pode que o corpo as pague e o sono se apodere del máis cedo, pero a Alma sempre vai agradecermo...
MADRUGAR paga moito a pena, merliño...!!
O Paraíso existe
Xaquín Miguéns Ces
No hay comentarios:
Publicar un comentario