A POLTRONA
Luns de zapateiros dempois da "Juadalupe". Coa falta que me fai, o merlo non dá sinais de vida.
Para quen falará a clase política do noso País é unha pregunta que me revoa por enriba das neuronas...
Necesito respostas claras, pois abren a boca e votan a pacer a língua como se nada pasara por moitas estupideces e mentiras que nos contan...
O traballo que me custa decir dúas verbas sobre este tema sen encarraxarme demasiado. Estou pensando se nos toman por idiotas ou o somos realmente, teño a impresión de que me estou volvendo tolo, ou eso pretenden...
Amigo merlo, volta axiña a ver se me explicas cómo un candidato a Presidente, no lugar de presentarnos unha nova proposta de País, transforma unha investidura nunha moción de censura a outro que aínda non se sabe se o chamarán para que trate de formar Goberno.
Poderosa cabaleira é A POLTRONA, que mentras a uns embrutécelles a Alma, a outros fainos escravos deles, Xaquín...
Se don Miguel de Cervantes vivira, coido que o Quixote só sería unha pequena novela de cabalerías máis...
A clase política darialle polo menos para dez ou doce tomos tan gordos coma o libro de Petete, nos que poñelos en solfa se era quen de atopar un Quixote que tratara de arranxar tanto desvarío. Dun Sancho Panza cun punto de cordura xa nada conto, Xocas.
E din que o fraco fidalgo tiña unhas pingas porque confundía un rabaño de ovellas cun exército e os muíños de vento con xigantes...
Ai, merliño...!!
O Paraíso existe
No hay comentarios:
Publicar un comentario